Concelleiros unidos por un Novo Proxecto Común do nacionalismo

Edís de Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober explican porque seguirán nos seus cargos mentres se constrúe unha alternativa nacionalista de esquerdas ao BNG. Na Ulloa, debate entre irmandiños, FPG, Acción Galega, Ecosocialistas e Máis Galiza.

Por Galicia Confidencial | Teo | 26/05/2012 | Actualizada ás 22:18

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Edís de 26 concellos do país manifestáronse hoxe a prol de construír "un novo referente político". Son concelleiros que militaban até hai meses no BNG e que abandonaron a fronte no proceso de artellamento do Novo Proxecto Común.

A reunión tivo lugar en Cacheiras, Teo, onde é alcalde un dos referentes da nova forza, Martiño Noriega, militante do Encontro Irmandiño, o partido 'altermundista' que lidera Xosé Manuel Beiras.

O texto destaca que na ruptura do Bloque marcharon dúas das tres principais correntes que convivían na fronte, en referencia aos irmadiños e Máis Galiza; mentres o Bloque continúa nucleado entorno aos comunistas da Unión do Pobo Galego (UPG).

A nivel ideolóxico, o manifesto destaca polo seus ataques aos recortes executados polos gobernos ocnservadores. Así o texto argumenta que "Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos".

O BNG solicitou reiteradamente que estes políticos deixaran as súas actas ao abandonar a fronte. Polo que se deduce do manifesto, seguirán no seus cargos. Os políticos apelan ao "deber ético" e a "grande responsabilidade" que supón ser elixido nos comicios locais para comprometerse a continuación a seguir tratando de solucionar os problemas dos veciños que "xurdan durante todo este mandato".

 Velaquí o texto completo do manifesto e a lista de asinantes:

TENDENDO PONTES DENDE OS CONCELLOS

As decisións importantes non se adoptan por capricho. Teñen a súa razón de ser. A ruptura da que era a casa común do nacionalismo, o BNG, produciuse en toda Galiza coa marcha de dúas das tres sensibilidades que daban razón de ser á fronte nacionalista, o Encontro Irmandiño e Máis Galiza. Un feito desta transcendencia tivo tamén consecuencias en moitos concellos do país.

Ducias de concelleiros e concelleiras próximos a estas sensibilidades ou dende a independencia decidimos iniciar un novo camiño coa esperanza de asentar modelos municipais participativos, abertos, comprometidos e orgullosos de seu. Nestes tempos nos que todos renuncian pola política de recortes do Partido Popular, nós non renunciamos. Non renunciamos a esixir plans de conciliación, políticas sociais activas, apoio aos nosos sectores produtivos locais, prestixiadas programacións culturais, melloras das nosas infraestruturas e  servizos básicos, axuda ás actividades dos nosos tecidos asociativos e defensa das prestacións educativas e sanitarias dos nosos concellos. Por principios, non renunciamos.

Mantendo o máximo respecto para cos que até o de agora foron os nosos compañeiros e compañeiras, optamos por iniciar colectivamente un novo camiño que remate na construción a nivel nacional dun novo referente político. Un camiño propio, diferente, que aposte por novas maneiras de relacionarse entre nós e a sociedade e que teña vocación de ser unha ferramenta útil para facer fronte aos retos do futuro do noso  país.

Somos conscientes da grande responsabilidade que aceptamos no momento no que fomos escollidos pola veciñanza para ser os seus representantes nos diferentes concellos. Somos conscientes de que esta responsabilidade é maior coa tarefa colectiva que temos por diante. Sentimos que temos o deber ético  de seguir representando aos veciños e veciñas que confiaron en nós nas pasadas eleccións municipais. Foi con eles, cos que realmente adquirimos este compromiso firme de defender as propostas coas que fomos elixidos, de escoitalos e de solucionarlles os problemas que xurdan durante todo este mandato.

 Dende os nosos Concellos, facendo país gran a gran queremos gañar o futuro. Novas maneiras , novas  formas de exercer a política e o convencemento de que é unha maioría social agredida a que precisa desta aposta colectiva de todos e todas nós.

 Cacheiras (Teo), 26 de maio do 2012

Asinan, representantes dos Concellos de:

Mondariz, Val do Dubra, Teo, Ribadumia, Catoira , Outes, Lousame, Ames, Manzaneda, Toén, Gondomar, Cuntis, Beariz, Cee, Agolada, Bergondo, Carballedo, Bueu, Chantada, Alfoz, Maceda, Muros, Portomarín, Antas de Ulla e Sober.

Debate na Ulloa

Por outra banda a construción do NPC segue adiante a nivel comarcal. Hoxe a Asemblea Galeguista Ulloa – Asemblea Nacionalista debateu o proceso de constitución das asembleas do NPC. Participaron Xoán Hermida coordinador do Espazo Ecogaleguista, Rafael Cuíña de Acción Galega, Xoán Báscuas líder de Máis Galiza, Luis Eyré de Encontro Irmandiño e Xosé Manuel Seixas da FPG. "Esta asemblea nacionalista da Ulloa abre a participación no debate a forzas soberanistas como é a FPG", salienta a organización do evento.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

110 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • 29

    Roi Xordo

    1º) Non me meto con manter as actas, pois opino que estas son en parte de quen se presenta pondo a jeta diante do pobo para que lla partan ou o voten, e en parte da organización, que pon as siglas, mais neste último caso compre ter en conta que a organización non é só a estructura nacional, senón tamén a local, e se esta avala ó escindido, logo pouco cabe dicir, na miña opinión. 2º) Dito isto, ¿qué carallo pintan Cuiña, Teresa Táboas, Pérez Bouza ou Laxe con Seixas da FPG? ¿E Mariano Abalo tamén vai ir cos anteriores? Ou mellor dito, ¿os anteriores pensan compartir casa con Mariano Abalo?

    1 resposta
    1

    Por votante: Por min, non.


    28

    Rayleigh

    Canto vos apostades a que cando xa haxa xente, listas, partido e programa, haberá unha división cos desencantados que fundarán o NOVÍSIMO proxecto común e comezarán a despotricar do NPC? Por suposto, non esquecerán ó BNG. O fin ó cabo, é o único que saben facer...Así algúns terán máis oportunidades de marchar varias veces de sitios distintos. Máis portas xiratorias!! O BNG pode sofrir moito con esto..pero cada vez estou máis convencido: DA QUE SE LIBROU CON ESTA XENTIÑA!!

    4 respostas
    1

    Por maría: Canto sofres coas perdas do BNG! O tei interese é da barriguiña... No che queda nada!

    2

    Por Rayleigh: Grazas maría!! Pero se me vas a dar a razón poderías ser máis clara a próxima vez? Cando alguén mete "barriguiña" nun post de resposta a unha critica ó sacrosanto NPC, pois a verdade non espero que dea máis que encefalograma plano. De todos modos...grazas polo teu apoio pepeiriña!!

    3

    Por lamarigueira: Semella que deron onde doe. Asubía Ray, asubía e faite o valente.

    4

    Por Rayleigh: Din onde doe? Xa sei que din. Ou te cres que co camarote dos irmáns marx en que se está convertendo o NPC e vendo a clase de xente (todos xefes, ningún indio) que hai por alí, van dicir todos amén cando toque? Que inxenua, rapaza.


    27

    cobrando

    Pois a ver como se como esto: http://www.partidodaterra.net/notic... "Nesta Assembleia também serão discutidas diversas emendas aos Estatutos, incluindo a proibição de que os cargos eleitos do partido possam receber qualquer tipo de remuneração do Estado polo exercício da atividade política assim como a renúncia expressa a que o PT possa obter qualquer tipo de subsídio público, incluindo os derivados dos resultados eleitorais. Esta medida procura ser consistente com as propostas de desprofissionalização da vida política que, na visão do PT, deve estar fundamentada na participação direta e ativa, sem mediação de qualquer representante, em assembleias populares dotadas de soberania."


    26

    Un desencantado con todo isto

    Eu son un deses que ante a división do nacionalismo galego vaise pa casa. Este proceso é un claro manifesto de intereses persoais, rencillas e cotas de poder. O que se debería de ter feito é unha enquisa a tódolos militantes do BNG e que estes decidiran que queren que fora o BNG: comunista, solcialdemocrata, de centro, de dereitas, independentista, autonomista, federalista ... Seguro que moitos/as se levarían unha sorpresa. Pero isto non interesa ás élites do nacionalilsmo, claro no seu afán de control e ego persoal. E a masa de militantes duns e doutros: abride os ollos dunha vez ... abur

    11 respostas
    1

    Por Abur!: Abur!

    2

    Por dwze: Sentado no sofá é como mellor se está. E dende onde mellor se pode críticar a todo o mundo, eles non te poderán criticar a ti porque ti non faras nada. Grande

    3

    Por encantado: Home a estas alturas da película a túa proposta resulta un tanto ridícula. Non sei si sabes que houbo unha asemblea nacional a onde foi convocada toda a militancia do BNG para determinar o que se quería para o BNG. O resultado e coñecido, outra cousa é que non guste a alguén e a capacidade de respecto democrático dalgunha xente.

    4

    Por Encantado coa democracia: Desencantado, xa se fixo, e máis ca unha enquisa: unha asemblea onde votou a militancia e estes catro da foto escaparon coa acta.

    5

    Por Ledo: Oes encantados, tampouco fagades folga nin protestedes nin dedes tanto a bara con unha maioría absoluta do PP coma esta. Se esa é a vosa concepción da democracia ... Tan importante como é acatar o veredito da maioría é respetar á minoría, IGUAL de importante, se metade do BNG non se sentía respectado fixeron ben marchando, e máis incluso é máis democrático marchar así que os que os nunca deixaron de atacalos.

    6

    Por Rayleigh: Ledo?? Marcha da metade do BNG? Xa lle deches o licor café? Dubido moitísimo que se foran máis de 400 militantes dun total de 9 mil. Ou cantos te cres que había en lugares coma Mondariz? E se a FPG como din por aquí, está a punto de quedarse co chiringuito..pois que queres?

    7

    Por Ledo: Si, si, os dous señores que realmente forman a FPG está a punto de tomar o control, seguramente. E mira como realmente os datos da militancia son opacos, eu digo que se foron 8999 que che parece? Veremos nas autonomicas quen di a verdade.

    8

    Por Rayleigh: Non o digo eu Ledo. Dino este confidencial, nada sospeitoso de estar baixo a influenza da U. E tes razón. As eleccións poñerán cada un no seu sitio. Pero recorda unha cousiña. A xente en Galiza é conservadora (non do PP) e sempre vota o mesmo. Quen se quedou coa marca do nacionalismo? Pois iso. Ademáis por moito bombo, o ÚNICO que ten algunha posibilidade (e non todas) é Beiras. Os demáis, faranlle os coros.

    9

    Por Un desencantado con todo isto: O que se fixo foi unha asamblea onde as élites dirixiron ás masas que como boas ovelliñas de uns e de outros foron a votar, moitos deles/as coaccionados por influencias laborais, económicas,amiguismos... Digo todo isto con coñecemento de causa. O sistema ten que cambiar dende abaixo hacia arriba e non ó contrario.

    10

    Por Ledo: Ray o problema do BNG sempre foron as formas e vese en webs como esta onde martirizares ao Cuiña, sempre todos no país eran uns parvos e no BNG estaban os listos. E daba igual que defenderas ao país ou incluso que decididiras deixar de apoiar ao PP seguías a ser un parvo. A maioría social galega enrocouse ante o BNG con esta actitude, non se pode pretender ser un partido que faga país sen saber unir aos galegos nas súas diferenzas.

    11

    Por Rayleigh: "onde martirizares ao Cuiña" Perdón?? Estasno defendendo? Quen é Cuíña? Pero homiño..é o fillo do cacique, aínda que agora intentedes impoñer a propaganda oficial de "o fillo do fillo do muiñeiro". Se me contan hai 10 anos que ía ver suspirar por un Cuíña a supostos galeguitas..diría que deixaran os porros. Pois nada, agora tedes tamén os do PT no clube. Que xa se encargaran de darvos estopa se non lles facedes caso ou directamente os mandedes a m..da. Entón que non te vexa actuar "coma se foxen par.os". Algúns van probar a súa menciña. E vaite soñando que algúen do PP, vaia a cambiar o seu voto. Ou que vote a ún partido coa FPG metida dentro.


    25

    Guillerme I

    Cando vexo a Guillerme Vázquez eu vexo un gran líder, e aquí entre todos non fan por medio home bo. Nós temos o discurso que conecta cos galegos de verdade, estos tan so teñen tránsfugas e ladróns

    2 respostas
    1

    Por aaaaaaaaaag: Home, os rexional-cuiñistas son uns cantamañanas e uns tránsfugas, pero eso non converte ao cazallero Guillerme nun grande lider. Faría ben o BNG en xubilar ao nefasto portavoz Guillerme e sacar a Lores e Jorquera a primeiro plano. A envase é a mensaxe.

    2

    Por comento: Guillerme un gran lider? que va!!? o mellor, fai por dous lideres!!


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button