Por Galicia Confidencial | A Coruña | 04/06/2012
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Rematou o bautizo; sairon os padriños e botaron caramelos ao ar. A xente, sobre todo a máis necia e máis pequena turrou por facerse cun caramelo. Para que lle serviria se os que ían ao banquete xa estaban convidados? Unha boa comida é o que importa; comensales con nivel que poidas falar de temas diversos e, se cadra, poñerse dacordo sobre quen tiramos a papeleta...
O Bloque meteu a man na caixa, e eso o votante do Bloque non o perdoa. Xa non é útil a este pais, por iso da igual o que quiten ou deixen de quitar. Non vai servir`para nada, agás para que sigan vivindo do conto esa "casta" de parásitossen oficio nin beneficio que medrou dentro da UPG.
Por Que si home: Non me digas que meteu a man na caixa. E foron en yate e lles compraron mandilóns aos nenos coa bandeira galega. E ti tes as probas pero non as contas para manter a emoción non? O pouco que vos queda na Xunta amiguiño pepeiro!
Por Conspiranoico: Siiii! O Bloque é o culpable de todo, sobre todo da crise, botaron man de todo. Canto levaron? se o que se debe son case 2 billóns deuros (1.2 billóns debeda privada e 700.000 pública) dos cales 936.000 son o que deben fogares privados ós bancos, cada un dos militantes do Bloque levou 200 millóns de euros mais ou menos. Menos mal que hai xentiña coma ti para denuncialo.
Por Conspiranoico: queo decir 700 millóns pública e 936 millóns debeda privada dos fogares contraida cos bancos.
Por tantotenoquequiten: As mesmas probas que o xenro do rei, que o presidente do PX, que as dos de Valencia, Baleares..... Para os de arriba nunca hai probas. E si non preguntalle aos que están no Brasil. As "probas" son para os que rouban no super, na drogueria, os que trapichean....en fin , para os de abaixo. E si non mira os que están nas cadeas a onde pertencen.
Por Conspiranoico: Imos a ver tantotenoquequiten porque non tes nada, sobre todo en vida neuronal. Comparar as probas da casa real que están en xuizo por multiples evidencias, e que non ten nada que ver co problema das caixas, que son indole financieiro e por problemas do propio sistema, é dun argalleiro de medio pelo. Canto levaron os do Bloque? datos e cifras.
Por Buffet: Din que va felicidade é patrimonio dos simples. Ehai moito simplón que pensa que o problema da banca é porque alguén botou man na caixa. Aparte do inmoral que non ilegal de indemnizacións millonarias e blindaxes a directivos, a directivos que non a conselleiros ou delegados, e as que tanto o Bloque como Comisións e outros se opuxeron, o problema bancario son os activos tóxicos, os crétos sobrevalorados. Hoxe a banca vese cun nº de inmobles sobrevalorados, os demandantes de crétos desahuciados e sen poder pagar os crétos pedidos. E a banca precisa ter activos saneados para que o banco europeo prestelles cartos.
Por tantotenoquequiten: Preguntalle oa Blanco de Lugo, aos Carrumeiros, ao de Brasil...Na outra caixa tamén a meteron e ben metida, pero suponse que o terán que pagar, ou xa lle perdoaron???
Por A ver difamador pepeiro: Pregúntalle á Guardia Civil que dixo que Blanco o de Lugo non gañou un peso. Os demais canto dis que gañaron exactamente? A ver da cifras home non quedes co cuíño ao aire.
Por xan soares: Home, o BNG metería a man na caixa pero o extrano é que ao bloque non llo perdoemos e ao PPSOE, que o fan tódolos días, sí. Non sei se cadra non roubaron tanto como para atar ben a tanta rede clientelar coma os outros.
Por galiza ceive: galiza ceive
Por ParaSoares: Pois a ver si governan outra vez, e como non roubaron tanto, pois que rouben un pouco mais, para atar ben a rede clientelar como fan os outros dous. Así xa non somos só subditos do rei...
Por parapepeiro: A que Guardia Civil ? Á que tamén estaba supopstamente implicada?
Por Quexentiña: Non difamar, que a Blanco tocoulle A LOTERÍA. Difamadores
Veleidades aparte non creo que Beiras seña o santón do NPC,nin Paco Rodriguez do BNG, si así é as xentes que os seguen dende logo son ovellas. Supoño que seguiran o proxecto político,inda que semella polo que decides o do inicio. Eu non creo que o BNG saia tan mal das eleccións, a pesares ou grazas, ao NPC que cada día me sorprende máis para peor. De momento eu sigo a acreditar nos malos do BNG, como votante que me parece que son máis consecuentes e máis próximos a min. Pode voltar un Bipartito debido as desgrazas que nos está a ocasionar dia sí día tamén o popular Feijóo, á forza ten que perder respaldo. O caso é que os Galegos teñamos claro o que queremos sin andar perdidos en atomizacións esteriles,remítome á historia nacionalista, dende un punto de vista realista.Ou queremos outro Goberno ou non,non hai máis.
Por Roi Xordo: Pois eu témome que si haxa moito de ovellas nas bases do necionalismo galego. Se non como se explica, por poñer un exemplo, que os de Esquerda Nacionalista, que no seu día dicían nas súas ponencias internas que eran independentistas, agora critiquen ó BNG por ser algo así como confederalista, e propugnen teses que louvan o mero autonomismo. ¿Acaso todos caeron de súpeto e un tempo da burra? ¿Ou máis ben se limitan a facer seguidismo dos seus líderes? E tocante á UPG, ¿cómo compatibilizar o discurso razoable e morno de Jorquera coa derrota das teses de +G en Amio? Os que apoian a Jorquera na recente conferencia do BNG non apoiaron posturas moi semellantes en Amio cando eran outros quen as propuñan. Se o di Aymerich non, pero se o di Jorquera (co beneplácito -presuponse- de Paco) logo si. OVELLAS, non outra cousa son uns e outros.
Por pinchorla: Mira Roi, na miña parroquia son Beiristas e distan un anaco grande en traballo dos outros e non digo xá na representación no Concello que só fan mocións no seu local.Traballo de campo non existe, e eiqui estamos como antes da Democrácia. Creo que o problema é que hai malos polític@s, tamén nossocialistas e populares.
Por xa....: E que vos sodes moi traballadoriños Pinchorla. Eso si, ben pagadiños tamén, que la "pela es la pela"
Heivos contar un conto: érase un partido (ou fronte) que antes de Amio resolveu as súas leas internas, polo que un tal Beiras encabezou pola Coruña a lista das Xerais, cun resultado magnífico no País, 5 deputados, e o seu verbo frorido facéndolle dano a Madiano Dajoy. Despois presentou á Xunta a un tal Aymerich, quen coa súa valía persoal e imaxe kennedyana, xunto co verbo frorido do Beiras, e o traballo da UPG/CIG, axudados, claro está, pola resaca de Merkel e a falla de sal e pimenta de Frijolito, así como a perda de credibilidade do PSOE tras ZP (e o insulso de Pachi), conqueriu para o nacionalismo galego a presidencia da Xunta. Pero claro, tan só era un soño que o pesadelo da guerra de Beiras ca UPG e a UPG con Beiras rachou nun milleiro de anacos. Grazas de novo a Beiras e Paco.
Por digoeu: Estás bastante xordo Roi. A Beiras unha vez exprimido, para o único que o quería a UPG era para botalo no lixo.por activa e por pasiva querían velo fora.Eles gustam mais de xente coma Quintana.(Eu collo por aquí e vos colledes por alí..) "Nunca tivemos tanto con tan pouco" frase histórica de Quintana
Por Roi Xordo: Algo xordo seica si, do oído esquerdo para máis inri, pero non estou cego. E ben vexo o que hai: miserias, mezquindades, xenreira, idolatrías varias, egoísmos moitos, e sobre todo unha pobreza intelectual xeralizada: somos NECIOnalistas. Éche o que hai meu rei.
Non fagades elucubracios; a cousa, si hai nova eleccions quedara mais ou menos como agora, non soñedes, primeiro porque o PP vai manter a sua maioria absoluta, e segundo porque o BNG non vai a esfalerarse como pretenden moitos e terceiro que os escindidos do Frente o teñen mais que cru pra poder entrar no parlamento, dos demais o mellor e pasar de eles, saude.
Por ...: a ver si é verdade,xa que o bipartito ten agora 5.000 votos máis que feijoo.a cousa é que sexan nas provincias que deben, para que conten como escano.
Por ???: Non elucubres ti saña. O comportamento electotal actual está por que entren mais forzas no parlamento. De algún lado sairán os votos, digo eu. E nin Jorquera nin Pachi entusiasman, por moito que se fagan ver os dous xuntiños. Para o Bloque xa non mira ninguén. E ao PSOE pódeo salvar algo, o do voto útil contra a dereita. Pero tampouco moito
Por saña: ???, como fagas tan asisadamente todos os teus analisis politicos como o anterior, vas quedar como o que eres unha ??? Porque Jorquera non entusiasmara, pero si Teresa, Bascuas, e o Cuiña, e non digamos Beiras cada dia mais calado, albisca quizaves a defuncion politica do seun non-nato proxecto.?
Por ????: Si ti foras mais asisado, saberías que o que non nace non pode morrer. E entusiasmar, entusiarmar , a xuzgar polos resultados solo entusiasma Feijoo...
Entón témola clara, porque se xa entre BNG e PSOE habia problemas de comunicación (en realidade, o BNG que non achantaba ante Torito), imaxinaivos unha festa cos do NWC pedindo 90% de protagonismo con 2 deputados, e xa non digo nada con 1 de EU. Seria a festa balear que acabou como acabou. Antes ben haberá que ir poñendo velas para a futura desintegración do PP, cousa que se albisca a nivel Hispanistán, pero que en Galiza como cando a da UCD: tarde, mal e arrastro.
A nova forza nacionalista, a de Beiras, entrará no Parlamento. Quitaralle a maioría ao PP cos votos que vai recuperar.
Por Rexionalismo cordial: Non, sacará 0-1 deputados, e cos restos quitaralle 1-2 ao Bloque. Contribuirá a perder máis votos, leva 10 anos "axudando" a que o BNG perda votos, desde que empezou a dialogar en solitario con Fraga ata despois, cando empezou a atacar ao BNG por non ser el candidato. Pero a Feijóo non lle vai chegar coa mauciña de Beiras, vai perder a absoluta por máis de 2 deputados.
Por ...: a ver UPD que non saque algo,se así é,aínda peor que agora.
home, todo depende se interveñen definitivamente a España e empezan a desmontar a casta política do PPSOE. Se a unión europea mete ben a tesoura e se carga parte das redes clientelares do PPSOE, chámense deputacións, chámense concellos ou chiringuitos, a súa delegación en Galicia vaise ver moi afectada. Se non a seguir un pouco máis con eles e a revitalizar os centros galegos do mundo.
Por Comunista: Xan, se a UE interven imos perder a pouca soberanía que temos. De feito Merkel xa llo propuso como unha ducia de veces a Zapatero, o cal este negouse. Rajoy xa se negou outras tantas, a espera so 1 de Xullo, en que cambea o actual orgaismo de arbitraxe. Cando esteñamos intervidos, non teremos control sobre a mosa economía e futuro pois serán os acrredores quén manden, e o uneco que lles interesa e o pago da debeda. Imaxinate como Grecia, baixada de pensións, despido de 500.000 funcionarios, privatización de servizos sociais, mais reformas laborais....O rescate é seguro, non aceptan os bonos, ben sexa da UE ou do FMI. Vaia democracia a liberal, gobernados polas oligarquias financieiras!
Por ???: prefiro un goberno coa absoluta do pp que un rescate.non quero volver ós anos 50 durante un par de décadas,gracias(e o paro desbocouse nos paises rescatados)... http://rsocial.elmundo.orbyt.es/epa....
Por xan soares: A ver, con todo o respeto aos dous. Galicia, disgrazadamente, non ten ningunha soberanía, ten unha delegación do goberno de España. O paro segue a medrar en toda España mentres os corruptos non deixan de repartirse dividendos entre eles empregando o diñeiro de todos. A España de hai 50 anos imos dereitiños con eles. Prefiro ser dirixido dende alemaña que dende Madrid, a lo menos eles non nos teñen especial xenreira. Saúdos.
Estarei moi atento ás enquisas (se é que as hai, á parte das farsas de Sondaxe-La Coz) e votarei á formación que estea máis preto de disputarlle un escano ao Partido Franquista, salvo que se trate do chiringuito UPPeyDeiro, claro.
Por galiza ceive: galiza ceive
Por Winston: Claro, ti eres do SOE. Mais do mesmo.
Por galiza ceive: eu não som do SOE. galiza ceive
Por CaCO3: Eu non son do SOE. caliza ceive
O día despois das eleccións todos se rasgarán as vestiduras pola debacle do NECIOnalismo galego. Grazas Beiras, grazas Paco. E grazas, sobor de todo, a toda esa morea de papanatas que idolatran a un e outro.
Por Grazas a ti: Si ho equidistancia cando quen leva 10 anos na prensa falando mal de todos porque non vai el na foto é o señor Beiras.
Por Roi Xordo: "Grazas a ti", tes unha parte da razón; mais a outra parte é de quen di que Paco Rodríguez fixo no seu día demitir a Beiras, cunha presión digna de mellor causa, escarallando así o nacionalismo galego. Non é logo equidistancia, é que a verdade adoita estar no medio: in medio virtus.
Por Grazas a ti: Pois dille a quen o diga que Paco Rodríguez mandará moitísimo como dicides, pero os militantes do BNG votan o que lles peta e Paco Rodríguez non ten ninguna pistola para poñerlle na caluga a ninguén. Beiras votou tamén a favor de que Quintana fose candidato e non pasa nada porque unha forza política cambie de candidato despois de 30 anos. O único que non o aceptou foi o ególatra Beiras e por iso rematou como unha caricatura de si mesmo.
Por Paragrazasati: Os militantes da UPG, votan o que diga Paco Rodríguez. E os mantidos tamén.
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting