Nace Anova Irmandade Nacionalista

A Asemblea do Novo Proxecto Común escolle nome para a nova forza da esquerda galeguista. Na primeira votación do regulamento participán máis de 400 persoas, entre as que non está o Colectivo Nacionalista de Marín.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/07/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

Anova-Irmandade Nacionalista é o nome definitivo do que se dotou a Asemblea do Novo Proxecto Común para empregar de aquí en adiante. Culmina así o proceso comezado tras a última Asemblea Nacional do BNG para formar unha nova forza da esquerda nacionalista.

Na reunión do Pazo de Congresos de Santiago están a debater xa as emendas as bases ideolóxicas propostas. O regulamento do congreso pasou adiante co voto de 365 dos 402 sufraxios rexistrados.

Unha das persoas que xa interveu no debate é Xosé Manuel Beiras, voceiro do Encontro Irmandiño. Os irmandiños foron dos primeiros impulsores das asembleas de base comarcais que nestes meses discutiron como organizar a nova forza, e os seus principios.

Os reunidos debaten como dar luz a unha nova ferramenta política  “perdurable, de carácter nacionalista, como expresión política do galeguismo, e enmarcada tanto na tradición plural da esquerda como nas novas expresións da mesma”.

Colectivo Nacionalista de Marín non participa

Non a elaboración das propostas a debate, pero si a da lista de consenso presentada dende as asembleas é o motivo alegado polo Colectivo Nacionalista de Marín para desmarcarse na recta final do proceso. Causa Galiza, plataforma na que traballa unha parte do soberanismo, tamén se descolgou onte alegando o suposto dirixismo irmandiño.

Coalición electoral con CxG?

Sobre a mesa do Pazo de Congresos tamén está a posibilidade de coaligarse electoramente con Compromiso por Galicia. En CxG artéllase parte dos escindidos do BNG máis próximos a socialdemocracia, como Máis Galiza, novas forzas galeguistas, como Acción Galega, e formacións inspiradas en parte polo indignados, como Ecogaleguistas.

Militantes das dúas correntes, NPC e CxG, rubricaron un manifesto no que apostan pola unión de cara a unhas eleccións galegas pode que inminentes.
 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

73 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 28

    Pato Mareado

    Alucinante!. Como pode Óscar Lomba estar na Coordinadora Nacional da Anova Irmande Nacionalista e tamén no Consello Político Nacional de Comromiso por Galicia???


    27

    xoan meis

    Cando se xunten con cuiña iunior eu quero a foto,non está mal perdedes no camiño a xente como causa galiza (para mi admirabeis e amigos)e gañades social-demócratas-fillo-caciquis.Enhoraboa non antisionistas!


    26

    saña

    Unha pregunta , cantaron o himno galego ou con tanto altermundismo esqueceronse das suas raices? as nova non din nada o respecto, so que nin a nosa bandeira presidia o acto.

    1 resposta
    1

    Por Pindo: Saña: Xa podes pasar por caixa, xa fixeche o traballo de cipaio


    25

    O vello e o mal

    Tratandose de Beiras e os seus marichis quedaballe millor Super Nova que ese análise estádistico que se chama Anova (son pixos ate para poñerse nome)


    24

    O vello e o mal

    Tratandose de Beiras e os seus marichis quedaballe millor Super Nova que ese analise estadistico que se chama Anova (son pixos ate para poñerse nome)


    23

    Palleirán

    Aqui o que está claro é que hai dous tipos de entender a politica.Por unha banda a xente do MpB que foi o exemplo de coherencia en todo este proceso( "participade na lista que se queredes vos damos 10") e da outra señores como Palleiro e Lopez Rico que levan anos vendo como a Upg decide todo e agora queren ser eles quen vendan o peixe. Por certo segun determinada xente a violencia que exerce o sionismo sobre o pobo palestino non é condenable. Por que sera? e Viva Compromiso!!

    2 respostas
    1

    Por Antolín: Coherencia no Movemento pola Base de Cotización, neso e no que son coherentes en ser todos unha lea de mantidos na CIG. Tampouco coincido con Palleiro e López Rico, que sen ser referentes de nada, seguen sempre chuchando da teta, hai que arredalos da política. Pero os do Momevento pola Base de COTIZACIÓN non son exemplo de nada

    2

    Por Palleira´n: Non teño o placer de saber onde traballan,pero se estiveches na asemblea podes decir algunha contradicción de "estómagos mantidos "que tivesen?


    22

    Breoghain

    Uma componenda espanhola e burguesa. Não chegará a nenhuma parte. Celebro que CG,CNM e outros abandonaram a tempo. Havia que ser muito ilusos para se crer que com essa gente se podia ir algures. Agora só falta que o soberanismo de esquerdas volte a unir-se sobre bases mais sólidas.


    21

    Vade Mamar

    Xa coñecemos as novas SIGHLAS


    20

    Xan Lois

    Perderon a súa oportunidade en seis meses, parece mentira que xente con experiencia política non se decatasen do que estiveron a facer durante este tempo, perder tempo, perder forzas, sumar apoios equivocados e crear algo ficticio e irreal. Agardo que os que quedan neste proxecto saiban trazar un novo rumbo e traballar polo ben do país, dun país real e non ilusorio.


    19

    aminmesmo

    Xa van collendo as formas do independentismo marxinal; hai mais xente na dirección que nas bases.

    1 resposta
    1

    Por carabouxo: E isso que ainda nom tenhem pasta como o BNG XD


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  •  
     
     
    Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común / EI

    Beiras na asemblea do Novo Proxecto Común / EI