Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/07/2012
Despois de detido o presunto responsábel do roubo que máis expectación espertou entre a poboación neste último ano, o Códice Calixtino, a guía que lles servía aos peregrinos na Idade Media para o seu percorrido do Camiño de Santiago, a TVG está a preparar unha tv-movie que leve á pantalla este feito que reúne todos os ingredientes para unha ficción.
O entre informa que a directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, e o director de Programación da canle pública galega, Fernando Madriñán, están a preparar o proxecto para a elaboración dunha película para televisión sobre o roubo. Con este propósito, os responsables da Galega encargaron xa os primeiros estudos técnicos sobre o formato que tería a produción.
A cousa aínda está verde. "Polo momento tamén se está a avaliar o xénero que desenvolverá a ficción, desde unha biografía, un biopic, ou unha historia de intriga, en consonancia coa esencia do suceso", di a TVG.
O equipo de Programación da TVG estuda diversas alternativas mentres busca fórmulas de financiamento do proxecto.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
que trema HBO , e que se poñan firmes generation kill, los soprano e the wire, band of brothers e xogo de tronos
O ideal é que Madriñán faga de electricista ladrón, e Rosa Vilas da súa muller. Tal para cual. O que lle faltaba á TVG: parecerse a Tele 5 coas series sobre a Pantoja ou Jesús Gil... mi madriña !!!
Códice Calixtino
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting