Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/08/2012
O portavoz de Política lingüística do BNG, Bieito Lobeira presentou hoxe unha Proposición non de lei, a través da cal insta ao Goberno galego a adoptar as medidas necesarias para solicitar a admisión de Galicia na Comunidade dos países de Lingua Portuguesa (CPLP).
Na presentación da iniciativa, o parlamentario asegurou que de producirse esta adhesión, “Galiza terá unha oportunidade de saír da crise económica” grazas aos tratados e convenios en diversos sectores e a participación nas conferencias de xefes de Estado, de Goberno e consello de Ministros.
"240 millóns falan galego"
O parlamentario insistiu na necesidade de formalizar esta reivindicación no Parlamento de Galiza por razóns de carácter “económico, social e comercial”.
Dende o BNG, dixo, consideramos que se están a desaproveitar “as enormes potencialidades que esta realidade lingüística abre para Galiza” con todos os países lusófonos e concretamente cun país emerxente como Brasil.
Para o deputado, o galego ademais de seren un elemento de comunicación interna tamén o é de maneira internacional, “240 millóns de habitantes falan galego, é oficial en moitos estados e ocupa un papel predominante en diferentes estruturas e estados”.
Feijoo e Rueda solicitan tradutor en Portugal e Brasil
O parlamentario do BNG criticou que dous representantes do Goberno galego, o Presidente da Xunta e o Conselleiro da Presidencia, amosaran o que ao –seu xuízo- representa unha “actitude desnaturalizada e madriñalizada” do Parido popular de Galiza cando nunha recente viaxe ao Norte de Portugal, Alfonso Rueda utilizou interprete para seren traducido do español ao portugués ao igual que Núñez Feijoo en Brasil, “máis ben parecía un enviado da Deputación de Murcia e non o presidente dun país coa mesma lingua que se fala no Brasil”, espetou.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
aMWFKq , [url= http://mijardzabfit.com/]mijardzabfit[/url], [link= http://okiqpkjajwxs.com/]okiqpkjajwxs[/link], http://odfqchsmjlrg.com/
A Galiza só poderá entrar para a CPLP apenas com estatuto de observador um pouco à imagem de Macau, pois para ser membro efectivo tem de ser um país independente e que tenha o português como uma das línguas oficiais. Aliás a Austrália e a Ucrânia já mostraram interesse em aderir à CPLP e ponderam promover o português como 2.ª língua oficial, a Austrália porque só agora descobriu que foram os portugueses e não os ingleses, os primeiros europeus a chegarem aquelas paragens e também porque na Asia o português se vem tornando uma língua importante, a Ucrânia porque tem uma forte comunidade emigrante em Portugal.
Ides entrar na PALOP? (Países Africanos de Lingua Oficial Portuguesa) Mira que ben!
Por Manoliño Gafotas: E ti vas entrar na O.T.I. ?? Dificilmente se pode entrar nos "PALOP", que é simplesmente um acrónimo. Por isso, se não sabes diferenciar entre a CPLP e os PALOP, que che vamos explicar??
Por Españistán: ¡¡Biba Ejpaña manque pierda!!
Bieito Lobeira xa ten asegurada a pensión de xubilación. Non está mal para un tipo ao que non se lle coñece oficio. Ana Pontón idem. Todo pola Patria.
Por Yahamoto: Proeche non tela ti seica?, mira que tendes obsesión co Lobeira.
Por Andrea Fabra: "¡Que se jodan!", berrou a filha de papá a quem não se lhe conhece ter feito nada, nem como parlamentária, nem como pessoa ...
Cando poñades a propaganda electoral en portugués, ides ver o que é quedar sen votos e ser un grupo marxinal, coma os 25 lusistas que viven para os foros ciberneticos, por non poder prácticar o seu "portugués de Galicia" no medio da xente normal.
Por Yahamoto: Pois mellor para vos, non vos preocupedes logho.
Por bechorabeiro: Define o que é "xente normal"..
Eu creo que o resto de partidos (incluidos PPdGA e PSdGA) van ir asumindo paulatinamente os postulados a favor dunha maior integración entre o galego e o portugués. É unha boa noticia para Galicia. Parabéns ao BNG!
O que teño que facer para seguir cobrando dos galegos 6000 euros ao mes, e para seguir cobrándoos agora que vai haber redución de deputados
Por Galician Pride: Ires para Bankia e PPedires trabalho..
Por asembleia aberta: e que máis da que as ratiñas sexan do PPP, do PPOE ou do BPNG... hai que desfacerse dos roedores, a política precisa librarse dos parásitos do partido, os conservadores que só defenden o aparato para seguir merendando. ou temos medo a que o povo tome o poder de verdade?
Por Malthus: http://www.galiciaconfidencial.com/...
O deputado nacionalista Bieito Lobeira no Parlamento
Galicia Confidencial 2013 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting