O PPdeG queda sen lema na Rede

O dominio www.galiciaprimeiro.com é utilizado para falar das mentiras do seu goberno.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/10/2012

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Hai tan só dous días, o PPdeG presentaba o lema da campaña: "Galicia Primeiro", unha frase que vai acompañada coa faciana do presidente galego e sen logo do seu partido nos cartaces electorais.
 
Pero, os populares non poderán utilizar xa ese lema na rede. Alguén acaba de contratar ese dominio e, en lugar, de aparecer unha web co programa, propostas ou imaxes da campaña do PPdeG, o que se atopa o internauta é un pantallazo cunha fotografía de Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo e coa frase: "Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo prometeronlle chamar ao pan, pan, e ao viño, viño".
 
Logo aparecen unha serie de imaxes coa faciana do presidente galego lembrando as promesas que fixo para esta lexislatura e que non cumpriu. Con cada imaxe vaille crecendo o nariz, ao xeito de Pinoccio.
 
Nesta ocasión, e a diferencia da web www.feijoo2012.com, os datos da persoa que o rexistrou aparecen protexidos. O dominio foi adquirido o mesmo día que o PPdeG presentou a súa campaña.
 
Segundo golpe na rede ao PPdeG
 
Esta é a segunda ocasión na que o PPdeG sofre un golpe de efecto na rede. Hai uns días aparecía a páxina web Feijoo 2012 --lema utilizado tamén por Feijóo-- para denunciar ao home que "se autoproclamou como abandeirado das políticas de austeridade do Partido Popular que agora está a practicar o seu aliado e compañeiro político Mariano Rajoy e que só están a derivar en recurtes sociais e na destrución masiva de emprego", denuncia a páxina.
 
Segundo os datos que ofrecen whois.domaintools.com e www.whois.net, o rexistro da páxina web fíxose, por un ano, o 21 de maio pasado a nome de Antonio Sangiao Novo, director de Pasquino Comunicación e ex-director de Xornal.com. 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511


Novas relacionadas


Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pantallazo da web