AGE, a nova esquerda do século XXI

Trala impresionante axitación e intensiva insubordinación global derivada da confluencia do movimento obreiro e estudiantil en maio de 1968, a historia social e política das últimas décadas estivo selada, en boa medida, polo progresivo retroceso da esquerda máis radical, reivindicativa e combativa.

Por Óscar Lomba | Vigo | 28/01/2013

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us
Resultado diso produciuse o triunfo do neoliberalismo en todo o mundo. O crack de 2007 e a crise económica mundial parecen ser tanto a consecuencia das políticas neoliberais como a mellor oportunidade para afianzar os seus intereses e desequilibrios constitutivos. Neste sentido, cada día son máis as liberdades públicas e os dereitos sociais e civís que se ven ameazados, e cada vez son máis as voces que reclaman a apertura de novas discusións e debates. É necesario deterse e recapacitar. Recapacitar de xeito tan sosegado como contundente respecto de todo o que está ocorrendo. Cuestionar todos aqueles apriorismos que se nos explican desde os parlamentos e os consellos de goberno que dan a entender que non hai alternativa ningunha e que só queda un xeito para corrixir a situación, o recorte e a austeridade. Hai que rebater este tipo de argumentos e deixar ben claro que si existen outras maneiras de combater a crise e que, ademais, é necesario tomar outras medidas. Debemos repensar as consecuencias concretas e cotiás das resolucións políticas e temos que deseñar o obxectivo final das políticas económicas, de modo que a débeda e o límite de déficit non se convertan nos máis eficaces mecanismos de dominación social.
 
A revitalización e reactivación das diversas redes de activistas e movimentos sociais militantes, e a propia controversia e contestación cidadá en centos de cidades, vilas e aldeas de todo o mundo suxire o comezo dunha nova era para as loitas populares.
 
Alternativa Galega de Esquerda pretende ser a organización política que aglutine ao conxunto de colectivos, agrupacións e asembleas cidadás que de xeito coordenado loitan en toda Galicia por actualizar un proxecto transformador, que traballa por artellar un bloque sociopolítico anticapitalista, antipatriarcal e alternativo, e que emprega todos os seus folgos en impulsar as loitas contra toda forma de explotación, opresión e dominación sobre as persoas, os colectivos humanos e a natureza. Aspira a ser unha parte fundamental daquela esquerda que desde unha perspectiva rebelde, alternativa, feminista e ecoloxista promove unha incansábel actividade que se caracteriza por dar prioridade ao impulso, a organización e a coordinación dos movimentos sociais e á recomposición do movimento obreiro en sentido amplo. Alternativa Galega de Esquerda pretende contribuír a dotar á esquerda galega máis combativa dunha orientación política axeitada e a desenvolver os elementos constituíntes dun verdadeiro programa socialista, autoxestionario e igualitario, que estea á altura dos actuais retos históricos que nos impón a crise do capitalismo globalizado. Elementos dunha alternativa transformadora que só poderá realizarse desde posicións soberanistas e internacionalistas, coidadosas coa autonomía dos movimentos sociais e que sexa quen de impulsar unha xenuína radicalidade democrática. AGE pretende ser a nova esquerda do século XXI.

Óscar Lomba




Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

24 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 19

    Xandokas

    AGE, a nova esquerda deste bienio!


    18

    maría lois

    "Alternativa Galega de Esquerda pretende ser a organización política que aglutine ao conxunto de colectivos, agrupacións e asembleas cidadás que de xeito coordenado loitan en toda Galicia por actualizar un proxecto transformador" Di o Sr Lomba, peor AGE é una coalición para o Parlamento Galego, é unha boa mostra de como se pode cooperar entre forzas distintas nacionalistas ou non, pero de aí a dicir que pretende ser una organización política habería moito que falar, se cadra iso é o que pretende vostede, ...eu non me vexo na mesma organización política con xentes de centralismo democrático e que dependen de Madrid e Cayo Lara para casetodo.


    17

    Chulapo Galego

    Moi intelixente, rapaz!. A min gustoume...que queredes que vos diga. Este artigo zumega moita esperanza e ilusión revolucionaria. (O unico que resulta rechamante e pouco cribel é que o autor proveña do PSOE). En fin quizais lle pasou a este algo semellante ao que lle aconteceu ao Jorge Vestrynge...


    16

    Chulapo Galego

    Moi intelixente, rapaz!. A min gustoume...que queredes que vos diga. Este artigo zumega moita esperanza e ilusión revolucionaria. (O unico que resulta rechamante e pouco cribel é que o autor proveña do PSOE). En fin quizais lle pasou a este algo semellante ao que lle aconteceu ao Jorge Vestrynge...


    15

    Sidorio

    AGE não existe. Existe Beiras + PCE como substituto da UPG. O resto...isso, restos. E vserá ter traballo co velho. Não são bos de aturar os seus caprichos. Também são sibaritas as aspirações do tándem Mário & palleiro.

    1 resposta
    1

    Por Sidorio: Quijem dizer: " vades ter trabalho co velho"....


    14

    pinchorla

    AGE é o que é,e non é nada alternativo.MAIS do mesmo por moito k se keira disfrazar.c


    13

    pinchorla

    AGE é o que é,e non é nada alternativo.MAIS do mesmo por moito k se keira disfrazar.


    12

    pinchorla

    AGE é o que é,e non é nada alternativo.MAIS do mesmo por moito k se keira disfrazar.


    11

    Populista

    Com certeza lutar, lutar e lutar com certeza e com as mãos e com a cabeça e cabecilhas e chefetes do coletivo. Tudo fixe, sim. Mas... "avonda"? Que é o que quer dizer "avonda"????


    10

    Akribéstaton

    Não há que lembrar a militância do autor (da que nada consta no breve currículo) nem as declarações de X.M.B., avonda com ler o artigo para perceber a sua vacuidade total. Bem é certo que bem batida: já o título provoca vergonha alheia. Depois divaga com as generalidades de sempre. Se os coletivos lutam de jeito "coordenado", para que a direção de AGE? E nisto de encabeçar (Galiza, sempre fértil em cabecilhas), onde está o novo? E antes disso, por que o novo é o bom em si mesmo? Não é este um cliché liberal? A luta de classes, essa antigualha... Com certeza antigualha!, até que a reconhecem, no seu estilo naif -não avondam nas nossas oligarquias os Lourenços Magníficos-, os próprios chefetes. E não serão os artigos como este a prova evidente desse triunfo do liberalismo?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Óscar Lomba

    Óscar Lomba Álvarez (Vigo 1966) Licenciado en Dereito-Económico pola Universidade de Vigo e Diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi colaborador de Radio Piratona. Ex-vicepresidente da Cooperativa Árbore. Ten colaborado cos seguintes medios: Coiote, Diario 16 de Galicia, A Nosa Terra, A Peneira, Kalaikia, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia, A Trabe de Ouro, La Voz de Galicia, Atlántico Diario, El Foro Metropolitano, Pensamiento Crítico e Tribuna Socialista. Actualmente traballa como P.S.X. na Xerencia de Atención Primaria do SERGAS en Vigo. É asesor xurídico da Plataforma de Afectados pola Hipoteca – stop desafiuzamentos.