Na procura dun lugar de honra para o galego nos EEUU

Arredor de 300 sinaturas apoian a proposta para que os estudos galegos conten cunha sección propia e un grupo de debate na Modern Language Association.Profesores, catedráticos, Decanos, e mesmo reitores de universidades como Berkeley, Yale ou Columbia, enviaron o seu apoio.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 20/05/2013 | Actualizada ás 16:43

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

O galego pode ter presenza nun dos órganos de maior prestixo lingüístico de Estados Unidos; a Modern Language Association. Iso se prospera a iniciativa xurdida na González-Millán Galician Studies, que axiña se espallou polo mundo académico, tanto galego coma norteamericano, e que xa recibiu apoios de reitores, decanos, xefes de departamento, profesores e alumnos dende o Reino Unido a Nova Zelandia e dende Brasil a Galicia.

Os promotores da petición son conscientes da proxección que teñen os estudos galegos, principalmente nos Estados Unidos, que nun contexto de interconexión internacional atraen cada vez maior interese académico. Deste xeito, inspíranse no traballo pioneiro de Xoán González-Millán, quen dende Nova York propiciou a renovación e unha ampla difusión dos estudos galegos, ata a súa morte nun accidente no 2002.

Como xurdiu?

A iniciativa xurdiu tra-la presentación dunha proposta similar realizada dúas semanas atrás por Benita Sampedro (profesora en Hofstra University en Nova York) en relación con Guinea Ecuatorial. Benita Sampedro é tamén galega e animou o grupo de Galician Studies no mundo anglófono a emprender unha iniciativa similar. "En realidade, esta posibilidade viña sendo apuntada e discutida por moitos de nós desde hai polo menos dez anos. A novidade agora é que tivemos información de que esta importantísima e exclusiva organización con sede en Nova York, Modern Language Association (MLA), está a piques de reunirse para discuti-la revisión das súas seccións permanentes", sinala Gabriel Rei-Doval, Associate Professor no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee e un dos impulsores da iniciativa, en declaracións a GC.

O MLA é unha organización académica que se centra sobre todo no inglés, aínda que o mundo hispánico é -como en xeral acontece nos EEUU- a outra principal referencia. Neste prestixioso centro son contadas as culturas minorizadas que teñen presenza nel; o catalán e o gaélico, entre eles --Catalan Studies e Celtic Studies--. O MLA é a organización de linguas e culturas máis importante dos EEUU e do mundo, e reúne miles de persoas tódolos anos nunha convención que se celebra nalgún lugar de EEUU ou Canadá. Publica tamén revistas e publicacións diversas de ampla difusión internacional. É tamén a que establece moitos estándares do traballo académico sobre linguas en Norteamérica (e tamén noutras latitudes), e polo tanto calquera sección ou área de traballo que eles recoñecen ten unha tremenda visibilidade na academia norteamericana.

A iniciativa

Por iso no Grupo González-Millán de Estudos Galegos, que agrupa académicos no mundo anglófono pensaron que era agora -e non máis adiante- o momento para "botarse á piscina". Deste xeito, e de forma coordinada, o domingo 5 de maio lanzaron por e-mail, internet e as redes sociais unha campaña que partiu da Universidade de Milwaukee, pero que en cousa de horas comezou a sumar adhesións, primeiro nos EEUU, de costa a costa, e logo no Reino Unido, Irlanda, Australia e Nova Zelandia.

En Galicia foi apoiada desde as tres universidades galegas, e serviron de importantes altofalantes tamén o ILG e a Asociación Internacional de Estudos Galegos. Grazas a iso recibiron adhesións dos máis notables filólogos portugueses, brasileiros e mesmo algúns españois. Nos EEUU, profesores, catedráticos, Xefes de Departamento, Decanos, e mesmo Reitores das mellores universidades enviaron o seu apoio (UC-Berkeley, Columbia University, New York University, City University of New York, Duke U., UT-Austin, Yale...). Ademais, recibiron o apoio de moita xente que ou son bolseiros/lectores, ou investigadores que están comezando, e polo tanto poden se-lo futuro dos Estudos Galegos. Esta é a lista ata agora.

A imaxe de Galicia

"Aparecemos moitos galegos que traballamos en EEUU, pero tamén moitos académicos españois, portugueses, latinoamericanos que senten empatía por Galicia e polos Estudos Galegos, e mesmo moitos norteamericanos (e, obviamente, británicos como David Mackenzie ou John Rutherford, "pais" do galicianismo anglófono)", sinala Rei-Doval. O apoio entre  académicos non-galegos que traballan en EEUU sorprendeu os impulsores da iniciativa. Por iso, barallan retomar este asunto no outono, cunha investigación sobre as razóns polas que este proxecto conseguiu tanta e tan rápida difusión a través da Internet e as redes sociais. "Poida que Galicia proxecte internacionalmente unha imaxe moito máis positiva do que ás veces se pensa, e que exista moita máis simpatía e empatía co noso País do que ás veces parece, sobre todo cando sabe venderse ben a súa importancia co márketing e o discurso axeitados", suliña.

Ademais, esta petición foi subscrita polo Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e mailo Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad.  "En todo caso, esta é unha iniciativa independente de corte académico, sen afiliación política ningunha, formulada e difundida desde o galicianismo norteamericano -co apoio dos colegas e amigos das Illas Británicas-", engade Rei-Doval. O documento foi redactado en colaboración por Kirsty Hooper, Kerry McKevitt, Benita Sampedro, e o propio Rei-Doval.

Unha língua ponte

"Nós queremos que se considere o galego e Galicia como ponte entre os mundos hispánico e lusófono, e que se vexan as múltiples posibilidades que un campo como o Galician Studies ofrece ós Estudos Culturais, Transatlánticos, Postcoloniais, sobre o Multilingüismo, etc", suliña ao aclarar que é unha labor "titánica" e que levará tempo. "Pero esta campaña é un paso máis nese labor en que se ten esforzado tanta xente, desde os pais (ou se cadra avós) do Galicianismo norteamericano, como Martínez López, Guerra da Cal, Rubia Barcia ou González López, ata o gran reformulador dos Estudos Galegos (en EEUU e tamén en Galicia) que foi Xoán González-Millán", apunta Rei-Doval. En parte, este esforzo, pretende axudar tamén a recupera-la súa memoria.

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

47 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 13

    Gonzalezvillamarin

    Quieren imponer "el castellano" con sangre entra, como en los mejores tiempos del franquismo. Y, para hacerlo más moderno aceptable, el castellano se paga aparte, en los mejores colegios, para que todos se puedan españolizar.Ha muerto la escuela pública, la escuela que acercaba a todos los niños a su pueblo, a su origen. Han muerto los idiomas españoles, ahora hay que castellanizar a las naciones del norte. Quinientos años dándoles "leña" y no lo han conseguido. Ahora, como en tiempos de la conquista se quiere castellanizar a todos los vencidos. Pero ya no con la espada, sino con el talón, con la quita de los presupuestos de esas naciones del norte.Los caudillos caducos, Wert y su jefe Rajoy, no se dan cuenta que están rompiendo, rasgando de la forma más rápida el caduco reino español. No se dan cuenta que en vez de atraer las naciones del norte hacia la colaboración van a pedir su independencia de la metrópoli?


    12

    Lo lava con Ariel

    1970. O ministro de Franco Villar-Palací abre a porta ao estudo das linguas vernáculas na EGB. Ata ese momento praticamente toda a romanística internacional coincidía en que galego=portugués. Carballo Calero é o único catedrático de filoloxía galego-portuguesa na USC. É reintegracionista. O franquismo debe neutralizar a sua influencia. 1971. O asturiano Constantino García crea o Instituto da Lingua Galega dentro da USC. O ILG prepara ás presas os libros para formar o profesorado de lingua galega (Gallego I). 1983. O PP crea o Consello da Cultura Galega presidido por Ramón Piñeiro (galeguista de confianza do réxime) e posteriormente polo franquista Filgueira Valverde. 1993. Baixo os auspicios do PP, Constantino García crea o Instituto Ramón Piñeiro. Nese ano, Franco o seu irmán e Fraga Iribarne son membros honoríficos da Real Academia Galega (RAG).

    11 respostas
    1

    Por Mariña: E así se escribe a historia: franco presidente honorífico da RAG=o galego é franquista. Mira a ver que che parece esta. Ante a recuperación do catalán polos seus propios medios, no Ministerio do Interior argallan un xeito eficaz de impedir a recuperación do galego mediante a súa metástase=reintegracionismo. Non sei ti, pero eu non creo esta historia. Pero está claro que vós non respectades as mínimas liñas vermellas cara ao outro, e xa sabes como remata o conto do ollo por ollo. En fin, o voso odio polo galego é cada vez máis evidente, e é unha posición ademais racista: o galego parécevos pequeno, suxo, impuro... e non vos contentades con deixalo atrás, tamén queredes que o fagamos os mais. Pois mirade, non o ides conseguir, eu síntome orgullosa da miña lingua, e canto máis a vexo insultada por lusistas e glorialagos,máis a aprezo.

    2

    Por Lo lava con Ariel: O Franquismo, e despois a sua continuación, o Reino de España, crean unhas institucións para facer como quen que tal. Eles non precisan matar o galego, porque vai morrer só. O único que precisan é unha morte non conflictiva. Unha das condicións para acadar isto, é convetir o galego en lingua regional española. É o mesmo que fan co valenciano ou o mallorquín con respecto ao catalán (Villar-Palací era valenciano). Esas institucións están financiadas polo Reino e á sua cabeza hai persoas que, consciente ou inconscientemente, son cómplices da estrategia española, cuxo obxetivo é a normalización linguística do castelán. Así, crean a ilusión de que é posible acadar un equilibrio linguístico, o bilingüismo harmónico, ocultando que estamos na fase final dun proceso. Polo demais, nacer nun lugar ou outro é unha cousa accidental, así que estar orgulloso diso é unha forma de chauvinismo como outra calquera.

    3

    Por Mariña: Recoméndoche que leas os clásicos do noso Rexurdimento, a revista Nós e a Nosa Terra dos anos dez e comprobes que o galego existe desde moito antes do nacemento de Franco. Por outra parte, esbozar tan sequera a idea dun Franco favorable ao galego dáme arrepíos. Non sabes por que mataron a Ánxel Casal e a Bóveda? Realmente, como podes caer tan baixo, é unha infamia incalificable.

    4

    Por Lo lava con Ariel: Xa lin todo iso e moito mais e tamén mamei o gallego desde o berce. Por iso sei que o gallego que inventaron nos 70 e 80 non é o gallego que falaba miña abuela nen é o gallego que escribía Rosalía (moito menos Curros ou Pondal). E a verdá é que, postos a inventar, podían te-lo feito con mais sentidiño. Tamén sei que as linguas ágrafas, como moitas linguas africanas, son transcritas no sistema ortográfico do colonizador. E iso foi o que aconteceu con o galego, mais por inorancia que por outra cousa. Pero resulta que a nosa non é unha lingua ágrafa, se non que tem unha tradición medieval. Polo demais, como xa dixen, todo o que pasou na Transición estivo politicamente condicionado. A norma do gallego non foi unha excepción. Talvez és tu quen debería ler os "clásicos": http://carvalhocalero.academiagaleg...

    5

    Por Trepia: A ver, homiño, Curros, Pondal, Rosalía (que non era unha ágrafa precisamente), Pintos ou Lamas Carvajal coñecían o portugués e,aínda así, escribiron o galego como o escribiron. Ao mellor, os ágrafos eran os portugueses cando asimilaron a ortografía provenzal, non che parece? Por certo,o inglés naceu do contacto do francés normando co saxón, e nunca se lles pasou andar a medir purezas, nin dar un chimpo cara atrás na historia de cen ou douscentos anos. E mira aí o tes, de primeira lingua mundial ese alemán deturpado. O voso argumento da pureza lingüística é, ademais, terriblemente racista e acomplexado, como delata o teu exemplo desas linguas africanas transcritas na lingua do colonizador e que, por certo, non tiveron un Sarmiento no século XVIII, escribindo este patois noxento e mestiço.

    6

    Por Akribéstaton: (1) Há que entender as cousas no seu contexto: o galego de Rosalia tem muitas eivas; tanto o seu ponto de partida, a fala da Amaia, como o ponto de chegada, uma sociedade analfabeta ou alfabetizada em castelhano; além da precária formação acadêmica e política dos escritores galegos (se comparamos com os vultos análogos nos países europeus), explicam a preterição do português. Mas os choros da história, dizia-o o poeta, são para aprender. (2) A escolha portuguesa dumas determinadas grafias para uns determinados sons é o contrário da agrafia. (3) Assim que adotar um signos do provençal é sinal de agrafia e a invasão LATINA do inglês é sinal de modernidade, porque aquele decaiu e este ascendeu? O importante são os processos, e os significados que se decantam na história, não os factos pontuais. CONT

    7

    Por Akribéstaton: (4) No inglês CONVIVEM mormente ambos léxicos, germânico e latino. Na altura, as línguas francesas(normando) estavam mais conformadas pola grande cultura (latina). Muito desse léxico eram palavras ou acepções para sentidos e conceitos novos. (5) Na Idade Média a língua hegemônica de cultura era o latim. Não se pode retrojetar as "consciências nacionais", nem os territórios nem as línguas para aquela altura. (6) O inglês não é "primeira língua" por ser um frisão deturpado: ser primeira língua é o que torna "boa" a situação existente (mesmo o terrível decalagem entre escrita e pronúncia).Portanto, SEGUNDO A RECONSTRUÇÃO RACIONAL DO TEU ARGUMENTO, a opção portuguesa é a boa por ser a mais prestigiada e oferecer mais recursos PARA-TODOS-OS-DIAS. CONT.

    8

    Por Atado y bien atado: Discursos justificativos de bandulhos agradecidos... Trepas era uma alcunha mais acaida...

    9

    Por Mariña: como non podía ser menos, acabades insultando aos mais. Fanatismo, desprezo e ignorancia, así habedes chegar lonxe.

    10

    Por Lexos: O problema é que xa chegaron moito mais lonxe. Sen chiringuitos e sen subsidios españois.

    11

    Por Akribéstaton: último ponto: (7) Com efeito, há um elitismo válido, aquele que distingue saber de ignorância, autonomia de dependência, quer dizer, no fundo: verdade de falsidade, liberdade de submetimento O galego não nascem com Rosalia nem com Sarmiento: Rosalia e Sarmiento formam parte de uma etapa do galego. Agora somos mais conhecedores do seu passado e das condições que requer para ter um futuro.


    11

    Galego F

    Moi ben! En galego e sen complexos! E que rabeen os españois e os portugueses!


    10

    farto dos fachas

    Se non fora polos aportuguesados que que queren vendernos a Lisboa e os fachas españoleiros, que grande sería este país sen ataduras de Madrid nin de Portugal. Ao final, o cancro do galego son os propios galegos. É incríble que teñan que ser os de fóra os que sempre saian na nosa axuda. Deixadevos de coñas dunha p. vez e ollade para os cataláns ou para os vascos. Nin marchan cos franceses, nin cos españois. Marchan con eles sós que é o que deberiamos facer nós.


    9

    eusi

    O PP seguro que fai o possível para tombar esta iniciativa, por muito que haja apoios dos aniquiladores do galego na sua própria terra


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • multiple image
     
    quen somos button
    introgcplus button
     
     
    Xoán González-Millán, intelectual galego morto en Nova Iorque en 2002 e que leva o nome da iniciativa.

    Xoán González-Millán, intelectual galego morto en Nova Iorque en 2002 e que leva o nome da iniciativa.