El País versus La Voz

El País e Vicepresidencia non pasan polas suas mellores relacións. Tampouco as que mantén a Presidencia da Xunta con La Voz de Galicia. Nos últimos meses tense polarizado o abano informativo de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2007

  • versión para imprimir

Unha información sobre a volta de Xosé Manuel Piñeiro, "superpiñeiro", á TVG en El País e as críticas á Vicepresidencia por telo contratado para animar aos máis vellos nas distintas festas do Maior organizadas por este departamento, enfrontaron ao secretario xeral da Vicepresidencia, Antón Losada, con este xornal.

Non é a primeira vez que isto acontece e, por iso, non é de extrañar que dende a saída da edición galega deste medio a finais do pasado ano, Vicepresidencia non teña aportado publicidade. Tamén hai a orde de que non haxa entrevistas neste xornal aos conselleiros do BNG se non son publicadas en galego, algo que contradice a liña editorial de El País.

En Vicepresidencia están convencidos de que o xornal do Grupo Prisa foi montado por orde do secretario de Organización do PSOE, José Blanco. Por iso, as relacións entre este departamento e o medio non pasan máis alá do puramente institucional.

Onte mesmo, tras as novas aparecidas en El País, diversos cargos orgánicos do BNG recibiron unha mensaxe nos seus teléfonos celulares: "Nota d Anton Losada sobre artigo El Pais. volve Superpiñeiro á TVG. impresentable e ataque á libertad de expresión. Losada retrogado e censor dimisión. PASAO". A pesar de revisar a páxina Web da Vicepresidencia, este medio non foi quen de atopar a noticia á que onte se refería o xornal de Madrid.

Unha situación ben diferente é a do xornal La Voz de Galicia, que mantén, nos últimos meses unha excelente relación con Vicepresidencia, diferente a que mantén co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Dende a Presidencia do Goberno galego critican que este medio se ten convertido case que nun altofalante do BNG, e, concretamente, de Quintana e de Antón Losada.

A intermediación do secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, home moi vinculado ao Grupo Voz, tampouco conseguiu mellorar as relacións entre Touriño e a dirección deste xornal,  a pesares de que a súa elección, respondeu no seu día, ao intento da Presidencia de limar as asperezas que existían entre Touriño e o medio.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

23 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 23

    Animais políticos - » Antón Losada, o reverso tenebroso

    [...] Había insistentes rumores da súa marcha dende maio, polo menos. O secretario xeral acumulou demasiadas polémicas absurdas, como o enfrontamento con El País porque falaran mal de Superpiñeiro, a bronca con Méndez Romeu por un quítame aló ese cartel e a revolta mediática para aclarar que non maltrataba a súa criada. Os inimogos medráronlle e mesmo se dixo que presentaría a súa dimisión tras as municipais, pero vese que os malos resultados do BNG (por moito que eles digan, foron malos) non aconsellaban tal mostra de debilidade. Pero vendo o caladiño e moderado que estivo Antón durante todo o verán, semella que xa tiña a decisión tomada, antes da batalla do himno e o veto da TVG. [...]


    22

    O asesor inesquecible « Galpón de Breogán

    [...] Nese intre, soan dúas gaitas, con forza e carácter, ábrense as portas dobres da sala e o Gran Arquitecto da Nación, Anxo Quintana, entra lucindo a súa mellor camisa vicepresidencial. Silencio e ronda de aprausos. A.Q.- Amigos, irmáns, grazas por vir. Nós, que como nacionalistas somos incompatibles coa corrupción e coa gripe común, temos hoxe que tomar unha decisión importante. Veredes, xa estou farto del, si, farto. Paseille que pelexase con El Pais, paseille que lla montase á Policía Autonómica por un quítame aló ese cartel, pero o que xa non lle vou pasar é que ande a piques con Susana López Abella a ver quen trataba peor á súa criada ¡Propoño a destitución de Antón Losada do seu cargo de Gardián da Vicepresidencia! [...]


    21

    Toliño

    Hoxe (29) O Pais saca a Rajoy en Carballo, que aconteceu o sábado, pero qué clase de xornalismo e iso?. Recorda a cando se mandaban as crónicas en barco no século pasado. A ver si entrevistan a algúen que no sexa un posible anunciante, un médico de prestixio....un profesional anónimo...NON teñen que facer a pailanada de entrevistar os "reis magos" ; os conselleiros e os presidentes das Caixas.. para iso, e mellor os gratuitos, que non van de nada.


    20

    sabela

    A Voz vólvese cada vez máis de dereitas ¿pero é que algunha vez deixou de selo?. Propaganda diaria de Paco Vázquez, e agora, coas municipales enriba, do sucesor de Vázquez.


    19

    sabela

    A Voz vólvese cada vez máis de dereitas ¿pero é que algunha vez deixou de selo?. Propaganda diaria de Paco Vázquez, e agora, coas municipales enriba, do sucesor de Vázquez. NO suplemento que ven os domingos, El Semanal, ultimamente só escreban fachas como Pérez-Reverte, Prada e Carlos Herrera. Patético.Odian os do Bng, estes curuñesitos de toda la vida.


    18

    pailaroco

    Diagnóstico certeiro o do Castrón. E a min gustoume o enfoque do País. Ou é que os que votaron esquerdas non están alucinados coa volta de Piñeiro, e que ademais saque toda a súa bilis nesa entrevista pra dicir que non houbo cambio na TVG que o único que estaba era el.
    E logo o Losada defendéndoo como un tolo acusando ó País de casposo.
    Tolos estamos; o votante de esquerdas e os habituais do BNG séntense representados polo enfoque do País, e tamén lles gustaría saber se o Pinheiro volve á TVG da man de Vicepresidencia....perdón da consellería de Anxo Quintana.
    Grazas ó País. gústasme ben e non se nota demasiado que está próximo ó PSOE


    17

    Xabarín

    Que os periodistas do pais foron rexeitados pola Coz e falso, o de economía foi ficahdo e ninguén mais ven de alí. Penso que ten unha redacción xoven e sobradamente preparada, pero non son a referencia de momento. O mellor diario, o que trae noticias as veces entre as cucharas, pezas de dominó, ou as tazas, e a Opinión de Coruña.


    16

    xeito

    Que esperabades de El País? Qué clase de xornalismo vai facer un medio que só ven aquí a mamar da teta e que, aínda por riba, está feito por unha pandilla de persoas que, ao cabo, foron rexeitados ou expulsados de La Coz.... así non se pode....


    15

    anónimo

    DADES PENA


    14

    Castrón

    A prensa en Galiza ten unha organización feudal, na que varias familas posuen os xornais, non hay accionariado plural. Istes recoñecen a Xunta como o seu señor, ao que sirven, e este compensa a atención con cestas de ofrendas, productoras, emisoras, especiais, series da galega, subvencións....nesta relación as veces meten paos, vean a un promoven a outro, alguén recorda a mínima a TVG en 20 anos?. As principais empresas do país, Pescanova, as caixas, mangonean por un lado a Xunta, conseguindo TODO o que queren, que e mamonear o mercado e impedir a liberdade de comercio, como fan as constructoras-electricas cos bancos no goberno de Madrid, e por outro lado, cos medios nos que cunha chamada cambian una noticia enteira. Iste sitema feudal funciona pero por debaixo está nacendo unha xuventude que rexeita os xornais e dende logo non os creen o 100%, que se informa na rede, e que condea os agora "grandes" diarios galegos a competir no futuro polas esquinas onde se reparten os gratuitos.
    Eu creo que a prensa basura non e a rosa, que se fai en España de coña (no Tomate informouse mais da Malaya que nos informativos) a prensa da merda son os xornais.

    Dito esto, onde están as informacións que El País ten e non saca por exemplo de Paco Vázquez?. A cantos dos seu redactores e colaboradores os coñecia Blanco?. Por qué non van a tocar un pelo a Cuiña e o van a promocionar? Por qué as páxinas son tan feas que as pasas sin darte conta, con maquetas anteriores ao cambio que meteu Moreno polo que quedan obsoletas visualmente?. Por qué escribe Pedro Puy (PP)?é toque de "pluralidade"?.

    Superpiñeiro non volve; nunca marchou, somos así os galegos, antes o PP agora o bipartito, e o que vivimos e o chirriar dos frenos das máquinas para ivertir a marcha e poñerse ao carón -SEMPRE-, do gañador.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3