A TVG estrea o seu polémico culebrón "O Faro" este luns

O nacemento da serie, realizada por varias produtoras privadas do país para a FORTA, está envolto en liortas lingüísticas, políticas e laborais. O SXG denuncia o aumento da contratación a empresarios mentres se reduce a carga de traballo dos asalariados públicos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/10/2013

  • menéame
  • Chuzar
  • Do Melhor
  • Cabozo
  • del.icio.us

A Televisión de Galicia (TVG) comezará a emitir a serie "O Faro" nos seráns das tardes a partir do luns. Trátase dunha produción privada (Agallas Films, Cinemar, Zenit TV e Pórtico de Comunicaciones) encargadas polas cadeas públicas autonómicas. A emisora do país aporta a metade do diñeiro e a outra metade os seus socios na FORTA e Canal Extremadura. 

O plató de "O Faro" en Milladoiro recibe este venres aos medios especializados. O equivo leva varios meses traballando a fume de carozo para ter listos as primeiras entregas dos 120 capítulos previstos na primeira temporada. 

Malia boa noticia que supón para o sector a creación de postos de traballo e o investimento doutras autonomías, as condicións laborais foron motivo de polémica. A Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego denunciou a contratación de persoal por debaixo do convenio do sector.

Isto sucede mentres na TVG os traballadores se mobilizan contra o aumento da contratación externa de producións como faro. Os asalariados da empresa pública concentranse todos os luns convocados polo Comité de Empresa preocupados pola privatización encuberta da CRTVG. Onte o Sindicato de Xornalistas de Galicia alertaba nun comunicado da "brusca caída da produción propia da TVG e o actual abuso de subcontratas e contratación de persoal externo".

"O Faro" tamén desatou as críticas do PSdeG no Parlamento. Ademais do aspecto laboral, os socialistas criticaron que o guión non recolla ningunha das peculariedades da cultura galega. A parlamentaria socialista Concepción Burgo dixo que “non se pon en dúbida a necesidade de buscar novas formas de colaboración e financiamento, e hai que valorar a busca de novas oportunidades para a industria audiovisual galega, pero iso non implica conculcar os dereitos dos traballadores nin pode ser escusa para que a CRTVG non defenda a nosa propia cultura”.

Por último A Mesa pola Normalización cargou contra a CRTVG por financiar unha serie que non se esta a filmar en galego, senón en español. Para a súa emisión na emisora pública galega, os diálogos son dobrados posteriormente. 

A TÚA ACHEGA FAI QUE GC POIDA PUBLICAR NOVAS COMA ESTA. SÓ DEPENDEMOS DE TI.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
3

filladeartista

falan os que non saben, porque e unha coproducción con actores galegos e de fora de galicia, cada un grava no seu idioma, uns en galego e outros en castelán (os que non saben galego) que son os posteriormente dobrados


2

anoxado

Telegaita financiando series en castelán... O que hai que ver.

1 resposta
1

Por Doraem: Sobre todo porque no es cierto. http://www.elconfidencial.com/ultim...


1

Fanrol

Daquela xa sabemos: señor@s da televisión, deixen de encargar traballo ao audiovisual galego e déanllo ás moreas de empregad@s que se nos fiamos deste conto andan ociosos polos corredores da TVG... O que hai que oír


multiple image
 
quen somos button
introgcplus button
 
 
Actores protagonistas da serie el Faro, unha produción de FORTA na que participa a TVG /cafelascandelas facebook

Actores protagonistas da serie el Faro, unha produción de FORTA na que participa a TVG /cafelascandelas facebook