"A Secretaría Xeral de Emigración ten constancia da intervención do presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, nun acto para cuxa asistencia era necesario aportar o pasaporte a autorizar ao PP para que xestionase o voto do asistente ao acto a través dos medios de comunicación que se fixeron eco dunha irregularidade que condenamos e consideramos que atenta á dignidade dos/das emigrantes galegos como posuídores de dereitos individuáis.
A Secretaría Xeral de Emigración ten constancia doutros actos nos que se realizaron comportamentos similares, como no caso do expresidente do PP de Venezuela que repartía as solicitudes de voto antes de convocar as eleccións municipais aos residentes da Estrada, Cerdedo e Forcarei, a través dos medios de comunicación.
En canto as medidas a tomar ante estos acontecementos, cabe destacar que as competencias en materia electoral non recaen na Secretaría Xeral de Emigración, se ben desde esta transmitimos aos centros e comunidades galegas no exterior cal é o procedemento para exercer o voto ñas eleccións municipais."
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Ben, na Costa da Morte hai constancia disas irregularidades cometidas polo PSOE, especialmente participaron nelas a diputada Marisol Soneira e o alcalde de Vimianzo, Alejandro Rodríguez.
Ademais, ¿cal é a misión do embaixador Cortizo?...
Pois que lle pregunten a algun xefecillo de gabinete que teñen pola secretaria xeral de emigracion e que tamen estuvo traballando para o PP. Abofe que seguro que poderia contar moitas cousas
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting