Detalles sobre 'Resistência Galega'

Este grupo independentista, que vinculan co achádego de 26 bombas incendiarias nuha vila portuguesa próxima a Lobios, deuse a coñecer nas vésperas do Día da Patria de 2005....

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/09/2006

  • versión para imprimir

Entón remitiu un comunicado a varios medios da Internet na que se daba a coñecer e facía un repaso da historia do independentismo galego. Remataban afirmando que "a nova resistência galega está apreendendo a esquecer os protagonismos, tanto pessoais como organizativos; nom acredita em vacas sagradas e santuários, nem em mitos mortos ou vivos… O relevante nom é quem bate senom em quem se bate. O relevante nom é quem organiza nem o grau de organizaçom, senom o certeiro das acçons e o afortalamento da luita. A resistência galega é já um incipiente fenómeno social, medrando com cada acçom levada a cabo no País, para converter-se num rio fecundo. Assinala ante o Povo os inimigos irreconciliáveis da Galiza e a natureza radical e ilegítima da opressom".

Un ano despois, xa durante este verán, volveu saberse deste grupo, esta vez por unha entrevista que finalmente non se chegou a publicar. O autor da mesma remitíaa ós medios da Net ó non ser aceptada a súa publicación:

"Son xornalista. Traballo nun medio de comunicación escrito da Galiza, e en acrodo co xefe da miña sección realicei durante o pasado mes de Xuño unha entrevista a Osvaldo Brea, identificado pola Policia e a Guardia Civil como activista da Resistencia Galega. Osvaldo está actualmente en paredeiro descoñecido, pero eu estiven falando con el durante duas horas dunha tarde calurosa, na que conversamos de política, de violencia e tamén da sua vida persoal. É a primeira entrevista que se consigue con unha persoa que recoñeza publicamente estar detrás do fenómeno de atentados e sabotaxes radicais que nos ultimos anos se producen no noso país, especialmente nas proximidades do 25 de Xullo. E sen embargo, por orden política, o medio para o que traballo decidiu que non está disposto a publicala.

É por iso que decdin sacar esta entrevista á luz por outros medios. Porque non creo na censura, e porque, ainda sen compartir os medios e moitas das ideas de Osvaldo Brea, creo que a sua voz pode e debe ser escoitada. O feito de que esta entrevista non saia publicada nun medio de comunicación "convencional" fi que non sexa estrictamente material xornalístico, polo que, co desexo de guardar as miñas fontes e as miñas costas, prefiro manter o meu anonimato. A veracidade deste material creo que se desprende do seu propio contido". Podes consultar a entrevista aquí.

O certo é que é a primeira vez que en Portugal se realiza un achádego destas carácteristicas. Un feito que, segundo a Garda Nacional Republicana abre "novas vías de investigación" sobre a vinculación que o independentismo galego ten con outros grupos do país luso.

A Policía portuguesa baralla a posibilidade de que algúns ex militantes de organizacións extremistas de finais dos 70 en Portugal poidan estar dando cobertura ou apoio a estes grupos no Norte deste país, aínda que esta hipótese está por confirmar.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

12 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 12

    Yiliquiyo

    Non sei se o monstro é el ou todos os que escribides estes comentarios. El está falando da explotación e do traballo e un di que "tinha que vir a currar ao meu tajo todo o puto dia". Realmente alguén pode rebatir, sen insultarlle, o que di?


    11

    Jorge

    Estas cousas teñen que facer recapacitar a sociedade actual.Da a sensación que se está a facer algo mal, non se pode comprender como cada día hay mais persoas que teñen estas ideas e saen mais nacionalismos radicais. Será que estivemos sembrando merda e agora nos toca recoller isto. Espero que cambien as cousas senon chegaremos a ter unha Batasuna e menos radicalizada unha ERC


    10

    Falar é de balde

    Eu pregúntome... que diferenza hai entre o individuo en cuestión e un Ultra Sur? Ou, dito doutro xeito... a xustificación do gusto por dar hostias através dunha motivación disque política. Que país.


    9

    Falar é de balde

    Eu pregúntome... que diferenza hai entre o individuo en cuestión e un Ultra Sur? Ou, dito doutro xeito... a xustificación do gusto por dar hostias através dunha motivación disque política. Que país.


    8

    can celo

    menudo gilipollas, a este había que traelo a currar o meu tajo todo o puto día verias como se lle pasaba o rollito de campeon rompebragas. Hai que joderse con este fillo de papa maltratado polo sistema. Mira neno, eu estaba en Clangor uns soplapollas coma ti casi nos matan a todos en clave de non se sabe que. Papán, co trastorno de personalidade que padeces, mitomanía a todas as luces, por qúé non probas a pegarte lume diante do coche de Touriño?


    7

    Non o entendo

    De pena peniña pena este rapaz que non só vai estragar a súa vida, senón que tamén pode tronzar a vida de moitos inocentes.

    Non ten ideas políticas, nin proxecto de ningún tipo. O seu é puro e duro resentimento social que o pode levar a unha espiral suicida e perniciosa para todos.

    Pero non pode andar solto, porque pode facer unha burrada moi grande e moito dano. É mágoa, pero é así.

    En que fallaron os seus pais para crear un mostro así? en que fallou a escola? en que fallamos todos?


    6

    Non o entendo

    De pena peniña pena este rapaz que non só vai estragar a súa vida, senón que tamén pode tronzar a vida de moitos inocentes.

    Non ten ideas políticas, nin proxecto de ningún tipo. O seu é puro e duro resentimento social que o pode levar a unha espiral suicida e perniciosa para todos.

    Pero non pode andar solto, porque pode facer unha burrada moi grande e moito dano. É mágoa, pero é así.

    En que fallaron os seus pais para crear un mostro así? en que fallou a escola? en que fallamos todos?


    5

    hadrian

    Estamos ante un galego egréxio, que figurará na história ao carón de outros nomes de prestíxio, como por exemplo Cañita Brava.


    4

    O moinante

    Ou é umha nova trapaceria dos serviços de inteligência espanhois ou umha nova colheita de "dellirium" que de quando em vez nasce no País. Parecesse que neste País sementam tolos por tempadas.


    3

    xabier

    PATETICO... moi triste...

    O tolo da vila e as suas neuras


  • Páxinas
  • 1
  • 2