Con "O galego é útil" os asinantes pretenden "desmentir, dende a súa experiencia no extranxeiro, o mito de que «o galego non vale para nada» ou «serve só dentro de Galicia»".
Entre as vantaxes de falar o idioma propio de Galicia, o manifesto destaca que o galego axuda a aprender outras línguas, permite a comunicación en portugués e engade unha vantaxe competitiva no mundo laboral internacional.
O manifesto, que se define como "libre de ideoloxía e afiliación política", pode ser "asinado" por internet.
Os impulsores desta iniciativa, Xesús Magariños e Inma Gil, agardan atraer sinaturas e comentarios de usuarios galegos de todo o mundo e contribuir así "constructivamente" ó debate sociopolítico en Galicia.
Varios bloggers, usuarios de redes sociáis e portáis de información en galego recolleron a publicación do manifesto, que está a ter unha boa aceptación.
Algúns comentaristas cuestionan que sexa axeitado falar da utilidade da língua en termos tan prácticos, outros pregúntanse se acaso hai algunha língua que non sexa útil.
Pero os creadores do manifesto aseguran que se ben "é unha obviedade dicir que unha língua é útil, porque todas o son, lamentablemente no debate linguístico en Galicia óense con demasiada frecuencia comentarios que descalifican o estudo do idioma galego argumentando que é unha língua que non serve para nada fóra da nosa terra".
Por iso, afirman Magariños e Gil, "quizáis non é mala idea gritar obviedades por internet. A ver se así algúns se enteran".
O debate está aberto en http://ogalegoeutil.wordpress.com/.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Na miña xa dilatada vida, o galego serviume e sérveme cada día para amar, soñar, compartir, vivir, chorar, querer, descubrir, ... o meu mundo sen algo tan meu e tan útil. Quen serían meus pais sen o galego? Non teño resposta, porque son eles na nosa lingua
o galego, ademais de útil, é a lingua mais fermosa do mundo, non hai mais que ler aos nosos escritores e poetas.
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com