GC

Nota.- Os educadores critican a Feijóo por chamar a "insumisión" en materia lingüística

A coordinadora galega de ENDL considera "inadmisible" o incumplimento da lexislación educativa por parte de Alberto Núñez Feijóo e asegura que o novo presidente está chamando á "insumisión" para non cumprir o decreto do ensino do galego...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/04/2009

  • versión para imprimir

Diante das noticias publicadas hoxe na prensa onde se recolle que o Presidente da Xunta de Galicia, o sr. don Alberto Núñez Feijoo, vai enviar unha circular aos centros educativos dando instrucións a respecto da distribución curricular das linguas oficiais nos centros educativos segundo a vontade do alumnado e o profesorado, a Coordinadora galega de ENDL considera inadmisible que un presidente dun goberno incite a incumprir a lexislación educativa mediante unha circular, documento este que ten como finalidade "aclarar" aspectos da lexislación, nunca para ir en contra dela, xa que non é un instrumento normativo.

Neste momento está en vigor o Decreto 124/2007, que regula o uso e promoción do galego no sistema educativo e que procura que o alumnado reciba un 50% de clases en lingua galega, para así poder garantir que sexa competente nas dúas linguas da comunidade, algo que só se pode conseguir se o alumnado aprende galego pero tamén "en galego".

Coas medidas postas en práctica no Decreto, non se atentou contra ningún "dereito civil", polo tanto o noso colectivo non entende porque se fala de "repoñer os dereitos civís nas aulas". A Coordinadora non dá creto a esta chamada á "insumisión" baixo o discurso da liberdade que deixa na elección do alumnado e do profesorado a lingua das clases, cando está lexislado mediante un Decreto que se estaba comezando a aplicar e que aínda non foran avaliado.

Os integrantes da Coordinadora Galega de ENDL tamén mostran a súa sorpresa polo momento e a forma en que sae esta noticia. Tras un discurso de investidura no que se repetiu ata a saciedade a palabra consenso, promove esta medida sen contar coas persoas e entidades que están implicadas directamente no proceso educativo e/ou con todos aqueles que participaron na redacción do Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento. Dá así a impresión de que os "votos prestados" dos que falaba neste días o Conselleiro de  Educación, o sr. don Jesús Vázquez, pesan máis ca calquera intención real de consenso.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

32 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 12

    Realidade Galega

    Feijóo é o que votou (e, sobre todo, o que non votou Galicia. Polo que respecta ás súas medidas, son o que queren a maioría dos galegos. Moitos din que os políticos non están á altura dos galegos, eu penso que o pobo galego o 1 de marzo non estivo á altura, e dígoo como unha simple opinión. Agora ben, unha vez elixido democráticamente o novo goberno, teremos que imaxinar o que se nos ven enriba. (Por certo, falando de falacias, Feijóo debe ser o primeiro candidato que coñezo que faltou ás súas promesas na propia campaña electoral).


    11

    De Vigo

    Feijoo tiene cara de enfermo mental, me da miedo.


    10

    anonimus

    jajaj vaia cachondos mentais temos por eiquí.


    9

    Coruñes

    Yo vote a Feijoo, pero me decepciono, solo es un fanatico neocon avido de poder, que se pasó toda la campaña mintiendo. Así no va bien el Pais, elecciones anticipadas ya para echar al enfermo del opus de Monte Pio.


    8

    anonimus

    jaja.ea ea ea a esqueda se cabrea...que gozo veros así,durante catro anos a bimerda non fixo nada e por iso botamolos por incompetentes.grazas por facelo tan mal.


    7

    galleguiño

    E a quen carallo lle importa Quin, haberá que ir deixando de falar del non, xa se presentou ás eleccións,perdeu, e xa está onde o pobo quixo. Que tal putear un pouco a Laxe?

    O presi agora é Frijolito, e ten que darse conta de que a prensa non vai estar coméndolle a polla tódolos días. E que non pode dicir mentiras e xa está , deberá facer algo. E polo de agora o que fai non convence moito a verdade. Nin sequera ós medios afíns....
    probe frijolito. Menos mal que coa oligofrenia que ten, non se dará conta de todo o que lle ben enriba e non sufrirá tanto...


    6

    anónimo

    Feijoo é o pior presidente da Xunta da Historia, iso que só leva unha semana, xa atacou o sector gandeiro, a lingua e a costa.

    Feijoo convoca eleccións xa!


    5

    Zush

    É o que pasa cando goberna a dereita.


    4

    anonimus

    pobre quin,bastante ten co seu...os perdedores das eleccións seguen de campaña,non deben de saber que xa rematou con nefastos resultados pra eles.


    3

    Emilio

    si feijoo tiene que dimitir...entonces que hacemos con Quin...lo mandamos al paredon


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4