GC

OPINIÓN.- De cando os apelidos son sinónimo de terrorista

 Por Iván Prado. Despois de 12 horas de viaxe, parada incluída en Estambul, chistes, moitas risas, certos nervios e bastantes preguntas chegamos a Tel Aviv, cansos e cheos de sono. Aínda así non perdiamos a alegría, xa que estabamos cerca de Palestina e pronto empezaría a nosa aventura, pero démonos de fuciños contra o valado, non o físico que atravesa Cisxordania ignominiosamente, senón o valado da represión sistematizada, a incompresión e o terrorismo de estado...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/04/2009

  • versión para imprimir

No aeroporto de Ben Gurion, deteñen a Laila pola súa ascendencia palestina. O seu apelido fai sospeitar á xudia de cor que se atopa metida nesa garita tuneada coa que xa te humillan nada máis chegar a Isarel. Lévana á parte cando se enteran de que o seu pai naceu en Yenin e a nós déixannos  marchar, pero Edu e eu decidimos que un de nós fica na antesala do inferno para non deixar soa a Laila, así que me armo de valentía ignorante e, co meu inglés do Porriño, voume para enriba dun armario con patas e traxe de torturador e pregunto pola miña amiga.

Total, que me quitan o pasaporte e me meten nunha saliña pola que van pasando, como no bar intergaláctico de "La guerra de las galaxias" todo tipo de especímenes, desde mexicanos de camiño a Xerusalén en santa peregrinación ata árabes con pintas de dedicarse ao tráfico de armas e outras especies. Ninguén me explica nada pero eu tamén estou retido, non entendo o dioma do país e non teño papeis. Agora comprendo un chisco máis os africanos que chegan ás nosas costas.

Laila vai entrando e saíndo de varios interrogatorios e de vez en cando déixana vir conmigo, así ata que na quinta visita ao kafkiano aparato sionista, obrígana a abrir o seu correo e descobren ao que realmente vimos, momento no que nos amezan con botarnos do pais e obríganme a entrar na sala de interrogatorios.

Eu canso, farto e de mala hostia, decido que se me van botar polo menos que sexa con clase. Mensaxes e chamadas ao consulado e a Edu, que está fóra esperándonos coas maletas, aos primeiros para pedirlles axuda (cousa que non serviu para nada) e ao segundo para que fuxa e se esconda (cousa que tampouco funcionou porque el decidiu que, se nos botan, solidariamente, regresa con nós).

Total, que entro e decido sentarme nunha cadeira que queda baleira, iso si, está ao fondo e na esquina do cuartucho, cousa que cabrea moito a señora e nun inglés vomitado bótame unha berradura e dime que me arrime, ao que eu lle contesto coa miña estudada frase "sorri ai an non espikin inglis". A señora -de mala hostia- responde que non me preocupe, que ela sabe español, pero eu entendo o contrario e respondo que "eso yes is a problem", e a señora responde que o problem o teño eu e moi big, vamos que Faemino e Cansado estarían felices de copiar estes diálogos.

Logo mándame buscar o billete de volta en papel, cousa moi anticuada porque xa fai tempo que todo isto funciona por Internet. Dígollo e ameaza con botarme do país. Ademais empeza a berrar que non temos billete, e eu a dicirlle que si, que está en Internet, e ela a dicir que non temos billete e que nos bota. Despois dun anaco de ping - pong finalmente mándame mirar o meu correo, así que movo a pantalla para min e a paisana móvea para ela, eu para min ela para ela, e a quinta vez deste valse dos idotas cabréase tanto que nos bota da habitación. Home, era o que faltaba que fora eu abrir alí diante desa represora o meu correo.

Cinco horas despois da nosa chegada, estabamos libres. Isarel é un estado ilegal e ademais maleducado que non entende que as persoas somos seres vivos e non pezas dunha cadea de montaxe. Se chegan a saber que eu me apelido Fernández e que, posiblemente, algún antergo meu lle prendeu lume a algunha casa de xudeos no Medievo español, ao mellor aínda seguiamos alí encerrrados.

Na porta hai un enorme cartel que pon "Welcome a Isarel", e eu penso que deberían engadir: "As autoridades isarelís infroman que ser persoa neste país prexudica seriamente a súa estadía nel".

Iván Prado é o director do Festiclown. Acudiu a Palestina nunha xira solidaria.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

22 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 22

    mancuso

    Que sorte tivo que xa se lle acaba a tortura. Vaino a pensar antes de aparecer en público. Non vaia ser que alguén lle pregunte ¿de que vive vostede?....


    21

    mancuso

    Ata dubido de que estivese e Palestina......


    20

    anónimo

    Joer, qué unanimidad. Lo que le deben pitar los oídos...


    19

    que máis ten

    Pallaso, con dobre L, nunca con i.


    18

    xisco

    Ei ei colega Bar Kochba hai que rspetar aos cómicos e aos paiasos (deverdade) paiaso non debe ser un insulto. Este tipo (Iván) é un vividor, un embaucador. Vinte anos vaxando polo mundo de Chiapas a Palestina (non é a prieira vez que vai, Alemani, Francia) quén paga os viaxes. De que vive?. É u manipulador home. Xa moitos coñecen a súa (enigmática traxectoria) pero non merece ese insulto. Dígoo por respectos aos cómicos, que son xente nobre...


    17

    Bar Kochba

    Este Iván Prado non era do trio cómico duns da ETA que se chamam Takolo, Pirritx e Porrotx?
    Tem que ser seguro!
    A ver se cando vaia a algum dos vinte e tantos Estados onde rege a Yihad islâmica lhe bota colhões para pôr-se chulo com a funcionária "muçulmã negra" que lhe toque em sorte.
    Paiaso, que es um paiaso!


    16

    Zutabe

    Ben, supoñemos que Collazo, do PCPG, dará boa conta de persoeiros deste tipo... Habémoslle preguntar antes de entrar en minusvalorazións gratuitas sen coñecer á xente, como é agora o noso caso. Graciñas pola información.


    15

    mendizabal

    Unha historia verídica: Ao principios dos 90. Iván chega Santago de súpeto. Foi para a CIG (aínda que non liberado) onde estaba o Xoan Hermida. Dalí fóronse para o PCP. (Un tal Collazo do Morrazo coñeceos ben). O pCP rompeuse en dous. O Hermida montou un chiringo para venderlle a moto ao Anxel Guerreiro (d´xolle que eran 200, que risa están ai as hemerotecas , o Guerreiro fixo que creia o conto para venderllo a Abel Caballero. A xogada saeulle perfecta aos dous. Un diputado en todas as Comisións cobrando un pastón durante catro anos e o outro de asesor...O Iván como vivía (disque dunha herdanza....) non tiña esa necesidade e segueu a súa adaina por todos os chiringos habidos e por haber e sen traballar (´¿andaría tomando notas?) nestas que tamén foi a Esuskadi según parece...Ao Guerreiro e Hermida acabouselles o conto no 2001. Pois nada a tirar de subvencións (algo aprendeuse no Parlamento) e monto un comercio xustísimo para seguir vvindo e de paso exploto (literal) a unhas emigrantes para que me atendan a tenda en Pontevedra....
    E mentras o Iván de ¿paiaso? polo mundo.....
    Un colega meu (xa maior aló de Santiago) díxome un día: Isto é para facer unha tese.....


    14

    ivan e hermida

    Ha moito inútil e moito envidioso que nunca puido pasar de miitante de base....


    13

    Zutabe

    Non sei que é o que non che cola anónimo? Descoñéciámo-lo caso. Amais por un nome moi pro-basco coma ti dis non te esquezas que somos galegos. Convídote a que visite-la nosa páxina (e isto sen ánimo de facer autopropaganda) e que a mires de arriba abaixo para que poidas sair de dúbidas.
    Non se pode soltar as cousas así...alegremente. Veña, unha aperta.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • GC admin

    Redacción