A diferencia do anterior que propugnaba o uso do software libre, o novo goberno aposta polas licencias privadas na xestión informática. Un dos primeiros concursos que ben de outorgar é a suministración de licencias de Microsoft por un importe total de 2.247.239,46 euros. Podes ver aquí o documento licencias-microsoft.pdf
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
"A diferencia do anterior [goberno] que propugnaba o uso do software libre": o gasto foi aprobado polo anterior goberno, e non é a primeira vez. A ver si espabilamos...
¿Sodes burricáns o que? A verdade está dita claramente no primeiro parágrafo:
"Con data de 16 de abril de 2009, previa fiscalización da Intervención Delegada da mesma data, foi autorizado e aprobado o expediente de gasto..."
¿Quen aprueba un expediente de gasto? Son documentos contables, ao remate dos cales hai espazo para tres sinaturas:
- na esquerda, asina o alto cargo que propón o gasto: neste caso, o Director xeral de Calidade (do PSdG, xa que asinou antes o durante o 16 de abril)
- no centro, asina a Intervención Delegada, neste caso da Consellería de Presidencia: foi o 16 de abril, cando aínda gobernaba o bipartito, como ben di
- e na dereita, asina quen ten autoridade para aprobar o gasto: o Conselleiro de Presidencia, mais por delegación faino o Secretario xeral: e asinouno o 16 de abril, como di expresamente.
¿Quen era Conselleiro/Secretario xeral da Consellería de Presidencia o 16 de abril de 2009? El PSdG.
É dicir, foi o PSdG quen aprobou gastar 2 millón de euros en licencias Microsoft. Que culpa ten o PP de eso? O único que lle corresponde ao PP é decidir se contrata definitivamente o servizo a Microsoft Ireland, que é do que trata este papel. Mais o pago xa foi aprobado polo PSdG.
Cuidado cos papeis que se publican na Rede: se non se sabe ben de que tratan, nin o que din, vóltanse contra a ignorancia do autor.
"con data 16 de abril de 2009, foi autorizado e fiscalizado e expediente de gasto..."
É dicir, que o día da investidura de Feijóo, mais cando aínda non foi nomeado Presidente, a xente do PSdG (Consellería de Presidencia) iniciou, autorizou e fiscalizou algo que foi aprobado despois pola xente do PP.
Se vas botar a culpa a alguén, bótalla tamén aos do goberno anterior que foros os que o comezaron, meu.
Vaia ... o BNG non fixo nada polo Soft Libre ... e por que non preguntarlles a empresas e asociacións que potencian o SL? Se cadra vos dirían as subvencións que levaron, os cartos que lles permitiron votar a andar os seus proxectos, a cantidade de contratos nos que se obrigaba a usar SL. A quen pense que non é certo, so teñen que ler o DOG destes anos. Pero claro, é tan sinxelo dicir parvadas seb saber nada, ou dicilas por mentir ou manipular. Dades noxo!
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting