Tras a xornada de protesta do Sindicato de Xornalistas do martes 26 e logo de reunirse co Colexio de Xornalistas (CPXG), o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeuse a "estudar" a vinculación das axudas públicas á estabilidade laboral. É un primeiro paso, pero queda moito por andar. O CPXG insistiu nesta xuntanza en que as subvencións se realicen con "unha serie de condicións de estabilidade laboral".
Pola súa banda, o SXG destaca que, polo momento, é o único presidente galego que se refiere a esta cuestión tras o silencio clamoroso do bipartito e do goberno Fraga pero reclamalle que se deixe de "estudar" esta cuestión e se cumpla xa o compromiso ao que chegaron os tres grupos parlamentarios.
O SXG realizou unha xornada de protesta o pasado martes que foi seguida en toda Galicia. Os xornalistas acudiron ás roldas de prensa cunha camiseta co lema "+ despedimentos, - información" e preguntaronlles aos políticos pola situación do sector da comunicación. Aquí tes as súas respostas e compromisos. Ademais, os traballadores do metal solidarizaronse cos xornalistas e acudiron as negociacións con Xunta e empresa coas camisetas do SXG nun acto considerado como de "unidade sindical" e de "respecto profesional".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Cada un pensa que a súa situación sempre é a peor de todas, que está peor cos demais.
Tranquilos que Feijóo enseguida vos convoca un proceso selectivo para xornalistas e vos promete facer exames este ano, que total despois fai os exames no 2011 ou 2012, ou anula o proceso e xa está, como fai cos procesos selectivos de corpos xerais.
Feijóo estás defraudando, volve atrás na paralización dos procesos selectivos que todavía estás a tempo, e as veces é mellor recuar.
Noraboa ó sindicato pola xornada de protesta. En Vigo foi incríble e todos os xornalistas estabamos coa camiseta nunha rolda de prensa do concello. Xa é hora de xuntarnos todos e loitar pola nosa situación. Mirade os do metal. Unidos e presionando xuntos non hai quen poida con eles. Por certo, xa comentaron que, a partir de agora, distinguirán entre "prensa e traballadores-xornalistas" cando se manifesten. A ver se isto sirve para concienciar a xente de que nós tamén estamos máis pringados que calqueira outro sector.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting