Así, nunha resolución publicada hoxe no DOG, o novo secretario xeral de Comunicación defende a necesidade de ampliar este crédito porque "existen dotacións dispoñibles para esta finalidade" e porque "cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados". Non se fai ningunha referencia a a actual crise económica nin se modifican os criterios de concesión destas axudas para vinculalas á creación de postos de traballo tal e como reclaman o Sindicato de Xornalistas e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e tal e como os tres grupos acordaron no Parlamento de Galicia.
Tamén o anterior bipartito ampliou o crédito ás empresas xornalisticas sen ter en conta a creación de emprego estable nin a diminución da precariedade. O 17 de marzo de 2008 asinaba un decreto que aumentaba en 2,2 millóns este tipo de axudas. O novo executivo de Feijóo, utilizando este tipo de procedimentos, ben de engordar en 300.000 euros esta cantidade.
Así, o importe, que o anterior goberno fixaba para cada medio en 39.336 euros noutra resolución do 21 de novembro de 2008, será aumentado en 2,5 millóns de euros.
***********************
Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.
A Resolución do 21 de novembro de 2008, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión publicada no DOG nº 234, do 2 de decembro, establece as bases para a concesión destas subvencións.
O artigo 3 desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.
Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único.
Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 ), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1.
Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.
Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Comunicación
[...] En Galicia estamos forrados, y lo hemos descubierto con nuestro nuevo y flamante Presidente, Alberto N??ez. Resulta que tenemos tanta pasta que nuestra Administraci?n, la Xunta, suelta pasta a tout est plein a las empresas period?sticas para comprar su l?nea editorial. Y suelta pasta a espuertas para sacar de excursi?n a los ancianos para comprar su voluntad electoral. Tenemos tanta pasta los contribuyentes gallegos que nuestro Gobierno auton?mico puede permitirse el lugo de renunciar a ingresos a mansalva de los tributos de los propietarios de yates (?pobrecillos!). Y todo ello sin reducir los gastos de altos cargos, y con el patrocinio de un mecenas privado. [...]
[...] -La ge que es ga les vuelve gagás [...]
Bidespilfarro???
[...] Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 ), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1. [...]
REPITO POR MILÉSIMA VEZ, DEIXADE O ARGUMENTO DE MADRID:
O CONTRATO DÉRONLLO AO BBVA (ESTES SÍ SON DO PEPÉ), SOCIO MAIORITARIO DA OPERACIÓN INMOBILIARIA QUE DECIDES... SAN JOSÉ PARTICIPA CUN 20%.
NO DE BALTAR, COMPLETAMENTE DE ACORDO
Vale..trabuqueime de xornal. Recoñezo que estaba en dúbidas e fallei, pero para o caso é o mesmo.
Por certo undaló, a constructora San José conseguiu o contrato para facer unha das maiores operacións inmobiliarias de España na capital, Madrid. Estasme dicindo que o Goberno autonómico madrileño de Esperanza Aguirre está infestado de militantes do BNG?? Isto si que é unha primicia e non o do "watergate".
O voso xa comeza a ser paranoia.
E xa que mencionas os dos fillos e netos de Jacinto Rey (hai que ver!! mira que montar unha empresa e deixala os seus fillos..e ainda por riba non pepeiro coma ti), mellor farias que te fixaras nos netos, fillos, amigos, amantes....que rodean o cacique de Ourense. Ese que leva mais de 20 anos mangoneando coma quere toda unha provincia diante das narices de todos, incluida as túas. E ti e demais tropa nin mu. Non veñas a dar leccións.
Bueno undaló, se non che gosta o Xornal non o compres... APLIQUESE A LA VOZ DE GALICIA...O DO GRANMA XA DEIXA CLARO O NIVEL
Dúas correccións:
Bule: Granma é un xornal cubano, o portavoz do Krenlim era Pravda.
Opaís: Non sei de outros casos, pero asegúroche que a editora de A Nosa Terra recibiu cantidades testemuñales. En todo caso, polo uso do galego sí debería recibir máis que a "voz"e outros xuntos.
Bule bule, o Granma é de Cuba, só para o teu coñecemento. Pero a demagoxia é o que ten. Jacinto Rey embolsaríase 14 millóns (que son máis) ao ano para o resto da sua vida e a dos seus fillos, netos, bisnetos,... Pero non hai que ver só eso. O outro día publicaba El País que gañou en contratos da Xunta 54 millóns de euros en adxudicacións, a meirande parte da Consellería de Vivenda, que dirixía o BNG, por certo. Un saúdo e a seguir investigando
Ou como acadar un sistemático "lavado de cerebro" polos grupos mediáticos de poder tan vencellados aos intereses económicos dos grandes empresarios e dos seus gobernos...
Aínda que tamén dentro desa "esquerda" institucionalizada hai quen recebe trato de estreliña mediática, e se non que llo pregunten a algún líder de Encontro Irmandiño que na mente de todos está... mentres outros dirixentes do Bloque eran literalmente laminados.
Ver máis en amoscaesquerdosa.blogspot.com
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade