GC

Ampliación.- Feijóo engorda ás axudas aos medios con 2,5 millóns máis

Antes de "estudar" a regulación das subvencións aos medios, tal e como se comprometeu a pasada semana cos representantes dos xornalistas, Núñez Feijóo apresurouse, dous meses despois de asumir a Presidencia do Goberno galego, a ampliar o decreto de axudas ás empresas xornalísticas e de radiodifusión asinado polo bipartito e o fai con 300.000 euros máis que o anterior goberno...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/06/2009

  • versión para imprimir

Así, nunha resolución publicada hoxe no DOG, o novo secretario xeral de Comunicación defende a necesidade de ampliar este crédito porque "existen dotacións dispoñibles para esta finalidade" e porque "cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados". Non se fai ningunha referencia a a actual crise económica nin se modifican os criterios de concesión destas axudas para vinculalas á creación de postos de traballo tal e como reclaman o Sindicato de Xornalistas e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e tal e como os tres grupos acordaron no Parlamento de Galicia.

Tamén o anterior bipartito ampliou o crédito ás empresas xornalisticas sen ter en conta a creación de emprego estable nin a diminución da precariedade. O 17 de marzo de 2008 asinaba un decreto que aumentaba en 2,2 millóns este tipo de axudas.  O novo executivo de Feijóo, utilizando este tipo de procedimentos, ben de engordar en 300.000 euros esta cantidade.

Así, o importe, que o anterior goberno fixaba para cada medio en 39.336 euros noutra resolución do 21 de novembro de 2008, será aumentado en 2,5 millóns de euros.

***********************

Resolución do 25 de maio de 2009, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito inicial das axudas económicas destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

A Resolución do 21 de novembro de 2008, que regula as axudas a empresas xornalísticas e de radiodifusión publicada no DOG nº 234, do 2 de decembro, establece as bases para a concesión destas subvencións.

O artigo 3 desta resolución identifica a contía inicial dos créditos destinados a financialas, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias. Así, existindo dotacións dispoñibles para esta finalidade, cómpre ampliar o importe dos créditos inicialmente asignados coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados.

Polo exposto e tendo en conta as áreas de competencia adscritas funcionalmente á Presidencia da Xunta de Galicia, artigo único, punto 3 e disposición transitoria segunda do Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único.

Primeiro.-Ampliar o importe da contía máxima dos créditos destinados a dar cobertura orzamentaria á Resolución do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, en dous millóns cincocentos mil euros (2.500.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.151A.470.1.

Segundo.-Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2009.

Alfonso Cabaleiro Durán

Secretario xeral de Comunicación



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

35 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 15

    Revelador

    Heberá que repetir as eleccións, porque demostrouse que foi un pucheirazo pagado con diñeiro público, en forma de subvencións a Voz.

    Xa non teñen lexitimidade.


    14

    montoya

    "nestes momentos a Voz é o PRESTIGE DA PRENSA GALEGA."

    Hay opiniones que, en serio, a veces merecerían ser ahorradas.

    Sobre la pasta. Tan fácil como esto: si no se aumenta el crédito publicado en el DOG no se pueden pagar las trampas dejadas por el bipartito, y más de un medio tendría que aplicar ERE's considerables. Y no precisamente La Voz.


    13

    lolo

    Ostia.... Y el famoso agujero? Creo recordar que hace solo unos días la Xunta anunció que anulaba la compra de un helicoptero de salvamento dinero porque no tenía cuartos. Creo recordar también que el coste era de 4 millones de euros. Y si no recuerdo mal, creo también que junto a esa orden que mencionais se publicó otra por el mismo importe. Otros 2,5 millones de euros. Si anularon la compra del helicoptero porque no había 4 millones de euros para pagarlo, cómo es que ahora tienen cinco para los medios de comunicación. Menuda verguenza de Gobierno. Miente más que habla.


    12

    nómade

    Isto é lamentable. Ben sabemos que as axudas aos medios están para comprar vontades e silencios pero no momento actual, se non hai cartos para educación, sanidade, etc, non pode haber un só euro para propaganda ou para subvencionar medios que teñen un uso residual da lingua. Véxanse as conclusións do recente libro, Lingua, sociedade e medios de comunicación en Galicia, editado polo Consello da Cultura Galega e que ten como un dos autores a Anxo Lorenzo.


    11

    alfonso

    Branco e en botella!! la voz de malicia...a ver qué pon desta nova!


    10

    Oligofrénico

    O Xornal de GALICIA Liberal!!!!!!


    9

    julio

    Dende logo ó único xornal liberal de Galicia é o Xornal de Galicia, con Gómez ó frente representa un xornalismo liberal sen nengún tipo de cortapisa, ánimo e adiante con Xornal de Galicia, fora a Coz de Galicia xa estamos cansados de mercenarios como Santiago Rey.


    8

    voces

    o da Coz de Galicia é escandaloso o único que busca son anuncios, e a cambio fai favores os gobernantes do PP. Santiago Rey é o Jimmenez Losantos galego, un perfecto ultradereitista, que se vai para a COPE, con Blanco Valdés e compañía, galego non leas a Voz de Galicia, lee os novos xornais liberales, PUBLICO OU XORNAL DE GALICIA, nestes momentos a Voz é o PRESTIGE DA PRENSA GALEGA.


    7

    un calquera

    Tés razón montoya, hai resentimento. Os socialistas e nacionalistas síntense talmente coma se sentíu o PP no 2005 tras a derrota inesperada de zapatero. Lembraste?, quiero que me digan la verdad del 11-M, e todo iso do que aínda se fala por certo...
    Isto non vai cambiar en 4 anos, a lexislatura vai ser dura. Feijoo debe ser honrado e ademáis parecelo porque van fiscalizalo todo.

    Non é bó comezo ser un demagogo, non conducir un Audi agora e sí no 2005 cando era vicepresidente é ser demagogo.
    Presumir de austeridade e gastar 400 millóns en software que antes era libre non é austeridade.
    E darlle 2,5 millons á prensa tampouco é austeridade.
    E o que facían os do bipartito xa da igual, a quen lle importa?, eses xa se presentaron ás eleccións e perdéronas... Agora toca gobernar, e por agora hai márketing pero goberno e ideas non moitas a verdade.


    6

    montoya

    Se nota cierta dureza, cierto afán fiscalizador desde el primer día, cierto resentimiento en todo lo que hace el nuevo gobierno, que no lleva ni cien días. Las derrotas inesperadas es lo que traen, según veo. Habrá que darle tiempo para que este gobierno pueda actuar con todas sus facultades, y entre ellas está la presupuestaria.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4