Seguen os despidos nos medios galegos

Primeiro foi o ADN, logo o Que! e a crise xa toca ao tercer gran gratuíto, 20 minutos, que pecha as dúas delegacións que mantiña en Galicia, a de Vigo e a da Coruña...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/06/2009

  • versión para imprimir

A pesar de que a empresa deixará corresponsais nas dúas cidades o certo é que esta situación pon na rúa a máis de 10 traballadores, que xa se suman os máis de 30 que nos últimos meses tamén tiveron que deixar os seus postos de traballo en medios de toda Galicia, ben despedidos, ben por efectos da crise.

A decisión de EFE de converter aos seus corresponsais en TRADE (autónomos dependentes), co que verán tremendamente recortado o seu salario, tamén afectou aos traballadores galegos. Algúns abandonaron a axencia e dous deles decidiron denunciala logo de negarse a asinar os documentos para acreditarse como TRADE ou como informador colaborador. A dirección de EFE alega que non foron despedidos, senón que non queren seguir na axencia.

A crise está a bater forte nos medios galegos. Os traballadores do Diario de Pontevedra (do grupo El Progreso) negocian renunciar ás pagas extras para evitar despidos, no Xornal de Galicia despediron a tres comerciais e reduciron os días de libranza ao mes e en La Voz negocian xubilacións anticipadas. Os problemas laborais tamén afectan a La Región, Faro de Vigo e ao Grupo La Capital e, principalmente, a pequenos canais de radio e televisión (como localia) e gabinetes de comunicación. A propia Xunta ten xustificado o aumento das axudas aos medios para evitar despidos ou peches, a pesar de que é unha situación que apoiou e incrementou nos últimos anos sen ningún tipo de criterio laboral. Unha crise que ten mobilizado, ademáis, aos xornalistas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

14 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 14

    os de sempre

    a única forma de derrotalos é borrar a tvg do mando a distancia do tdt,coma se non existira.


    13

    kas

    Baixa en picado audiencia,a direccion da tvg paralizada, sin ideas.


    12

    mara

    A REDACCION DA TVG DOMINADA POR XENTE CERCANA O PP, UN EXEMPLO DEMOCRATICO DA INFORMACION.


    11

    ANTONIO

    NA TVG, ESTA SEMA, MAIS DE DEZ DESPIDOS.
    A NOVA POLITICA, MANDAR O PARO A XENTE .
    PERO TODOS OS SEFES DE INFORMATIVOS CON PLUS, Y TODOS DO PP.
    TREMENDO !.


    10

    passsss

    RUMORES de posible destitucion o cese de Sanchez Izquierdo, cabreado por lo de informativos.
    Posible sustitucion por Quintanilla.
    En xunta hay mucho disgusto por los derroteros que va la TVG con los nombramientos sectarios todos del PP, eso preocupa en posibles comisiones parlamentarias y debates, donde el presidento no podria tener defensa posible de la indepencencia de TVG.
    La sustitucion seria, segun los rumores en Septiembre - Octubre.


    9

    ZANO

    TODA A NOVA DIRECCION DA TVG
    DO PP
    DO OPUS


    8

    anónimo

    Hai moitas etiopías aquí en Galicia.Pra que uns coman en Iñás outros teñen que comer de bocatas


    7

    Atónito

    Antes de afundir a TVG que "deslocalizen" por exemplo a Etiopïa que van algo mais baratos


    6

    ZANO

    PUES EN TVG NO QUEDARA NI LAS CHAPAS.


    5

    Chapista

    Teño un pequeno taller de chapa que teño que pechar día si e día tampouco por culpa destes tíos.Viran eles a pagarlle-las nóminas os meus traballadores cando a mila empresa crebe


  • Páxinas
  • 1
  • 2