GC

Campaña publicitaria para animar a participar na consulta

A Consellería de Educación acaba de poñer en marcha unha campaña de publicidade en todos os xornais galegos para animar aos pais a participar na enquisa sobre a elección do idioma no ensino. Unha campaña que pode custar entre 60.000 e 80.000 euros por día...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 12/06/2009

  • versión para imprimir

Educación contratou unha páxina, principalmente en lado par (máis caro), e en seccións importantes de todos os grandes xornais galegos, desde La Voz de Galicia ata a edición galega de El País. Precisamente, a publicidade nestes dous medios é das máis caras de toda Galicia e unha páxina pode chegar a custar 12.000 euros. Con texto bilingüe, como o da propia consulta, a Xunta chama aos pais para que participen e elixan a lingua de educación dos seus fillos.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

15 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 15

    Sinrazón

    Iso da "amabilide"-"cordialidade" lingüstíca sona a un xogo de palabras que din absolutamente o contrario do que terían que reflexar. Que amabilidade hai en esta farsa, único obxetivo deste goberno, e única acción e preocupación dende que está no poder.
    Quixera eu que foran levar un curriculum en galego(tanto hoxe en crise como fai unha década) a calquera desas empresas nas que traballa de xefa de recursos humáns @ parente do alcalde do PP, sobranme exemplos.
    A trituradora de curriculums comeza polos grafiados na lingua de Rosalia


    14

    Bule bule

    Por suposto anonimus...Eu quero que me consulten as veces que van de mariscada os conselleiros. Tamén quero decidir cando, por onde e canto van custar as infraestructuras da Xunta na miña cidade. Tamén quero decidir sobre o orde do día do Consello de Goberno.....

    Esixo todo isto e mais. Por fin coincidimos en algo anonimus.

    Que non se lle ocorra ó "Mangueiras" dar un paso sen que eu poida decidir se o pode dar!!. Senón monto a asociación "NIN UN PASO SEN A MIÑA DECISIÓN" e xunto a 4 gatos en Compostela nun akelarre. Vaise enterar!!


    13

    sayonara

    ...seguid así falangistas, neocons y opusinos... cuando volvamos al gobierno vais a mover de vientre por la pata abajo...


    12

    Atónito

    -O actual decreto en vigor só implica que o 50% das materias deben impartirse en lingua galega
    -Na actual enquisa pregúntase sobre a lingua na que se desexa que se cursen as MATERIAS TRONCAIS, queremos aclarar que na maioría dos casos os alumn@s só cursan 1, 2, 3 ou como moito 4 desas materias, polo tanto en ningún caso estamos elixindo que todo o ensino dos nosos fill@s sexa en galego, nin sequera sería posible elixir o 50% en galego.
    -Por todo isto
    Marcar a opción “galego” (en Infantil e FP) e “todo en galego” (en Primaria e Secundaria), estarían a indicar que queremos en galego as materias que hoxe se deben impartir na nosa lingua, tal e como indica o decreto en vigor. Non significaría, por tanto, que optemos por todo o ensino en galego, pois esta opción non se considera.


    11

    Magnum-Mare » Impresionante Austeridade

    [...] E non acaba aí a cousa. Agora resulta que a enquisa necesita unha boa publicidade, que custará entre 60.000 e 80.000 euros diarios. Nada máis que dicir... e o peor de todo é que esta enquisa non ten moita efectividade, porque o decreto vaise derogar igual, e aínda así, nin a opción de todo en galego significa realmente todo en galego, só algunha materias. [...]


    10

    anonimus

    Menos mal que chegou aire fresco a Xunta e nos,os galegos,podemos decidir libremente.
    Na anterior lexislatura a palabra decidir non estaba no vocabulario dos bloqueritos/sociolistos.


    9

    alfonso

    A min paréceme ben que se unha norma ten contestación popular -como o foi a do decreto inda que moi manipulado, porque quén dos que protestan tanto leron o decreto famoso- a cambien...pero de ahí a plantexar o de quitar o galego do ensino...hai que ser brutos, iñorantes, intolerantes... Por certo por qué non preguntan na enquisa...queren que os alumnos sexan separados por linguas?? temen a resposta que sería NON maioritariamente...qué forma máis tonta de manipular á xente...a xente do rural que fala maioría galego, pensades que van mandar a enquisa?? a mandarán TODOS os intolerantes que non poden co galego, iso seguro. E os futuros pais, por qué non poden opinar?? Estar hoxe en día preguntándose galego sí ou galego non é un fracaso do pobo galego en conxunto, independentemente do resultado que pode ser canibalismo puro.


    8

    galleguiño

    Se mo contan hai 6 meses que o pais estaría así non mo crería.
    É incrible, a brutal soberbia e odio ó galego do goberno actual.
    Con este home dentro duns meses os que non pensemos coma el acabaremos en campos de concentración por DISIDENTES.
    Pobre Galicia.


    7

    EmPPezamos

    Vaia comezo! Feijoo está que racha a pana! o nachiño emPPezou con ansia de "renovalo todo", remexelo con "cordialidade", poñelo todo patas arriba con "amabilidade", vamos que llego el cona-andante y mando a parar.
    O seu lema recorda moito ao de Milán Astray MUERA LA INTELIGENCIA


    6

    Docente

    E copian o lema da Coordinadora Galega de ENDL, "As linguas suman". Estano facendo moi ben estes rapaces!
    Adiante coa CGENDL, a estratexia é perfecta, failles moito dano, e máis que lles fará


  • Páxinas
  • 1
  • 2