Case tres meses despois de tomar posesión, só seis das dez consellerías da Xunta teñen publicado o soldo dos seus altos cargos tal e como se recolle na Lei de Transparencia e Boas Prácticas da Administración Galega aprobada polo goberno anterior...
X.S./ Santiago
O pasado xoves Feijóo anunciaba un aforro de 7,8 millóns de euros anuais en altos cargos de consellería ao suprimir o 26% dos postos de libre designación. Un feito que comprobamos ao comparar estes cargos cos do anterior goberno.
Sen embargo, a día de hoxe, só as consellerias da Presidencia, Economía e Industria, Traballo, Facenda, Cultura e Sanidade teñen publicado nas súas respectivas páxinas web estes datos que aínda non fixeron público, a pesar de ser obrigatorio por lei, as consellerías do Medio Rural, Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, Educación e Mar. Ademais, tres destes departamentos (agás Medio Rural) non teñen un link visible a esta norma tal e como se estipula na mesma.
Pero tamén sorprende, ao analizar estes datos, que só dous dos departamentos teñen información sobre os soldos dos seus altos cargos; Cultura e Sanidade. Non aparece na información pública o soldo dos conselleiros nin dos directores xerais de Presidencia, Economía, Traballo ou Facenda a pesar de que a Lei de Transparencia recolle especificamente no seu artigo 17 que a web da Xunta publicará "nominalmente as retribucións públicas percibidas polas persoas a que se refire o artigo 14", entre as que están, membros do Goberno autonómico, secretarios e directores xerais, delegados provinciais, personal eventual das consellerías así como outros altos cargos.
Soldos similares
E tal e como anunciou Feijóo, o aforro é do personal de libre designación xa que conselleiros e altos cargos cobran prácticamente o mesmo que os do goberno anterior, polo menos en Cultura e Sanidade. Así Roberto Varela cobra o mesmo que Ánxela Bugalo, aínda que polos trienios acumulados como funcionario público o seu soldo incrementase en case 4.000 euros máis, 73.799. Pola súa banda, a titular de Sanidade, Pilar Farjas, cobra 69.782 euros anuais, 1.400 euros menos que María José Rubio, a súa antecesora, aínda que ésta tamén tiña suplementos como funcionaria. Tamén os directores e secretarios xerais de ambas as dúas consellerías repiten o mesmo soldo que co bipartito.
Onde hai rebaixa é no personal de gabinete. Neste punto, e tal e como anunciou Feijóo, producense descensos importantes, especialmente, en asesores, non así nos soldos dos xefes de gabinete que oscilan entre os 61.325 euros anuais de Facenda aos 40.000 de Presidencia. Onde hai soldos semellantes, a diferencia do que acontecía no bipartito, é cos xefes de prensa, que cobran 40.000 euros. Sen embargo, esta regra ráchase en Sanidade, cuxo xefe de prensa cobra 11.100 euros máis que o resto e o de Economía, 5.000 euros menos que o conxunto dos seus compañeiros.
O novo goberno tamén aforra en soldos de asesores. Na nova Xunta hai menos e con soldos máis baixos que os anteriores. Así, oscilan entre os 38.200 euros anuais de Cultura ata os 12.000 euros anuais que se lle paga a un asesor en Traballo. Esta consellería é a que máis persoal de confianza acumula, 14, dos cales 9 son asesores.
Asemade, a a pesar da supresión de algúns coches oficiais e, polo tanto, do decrecemento de funcións que realizan os conductores-ordenanzas da Xunta, Presidencia contratou a unha persoa para o Parque Móbil cun soldo de 17.264 euros anuais.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Dín que asesores do goberno bipartito seguen a asesorar en facenda e Traballo, pasando logo a información.
O vínculo que tes posto a Consellería de Economía xa non é válido. O novo é:
http://economiaeindustria.xunta.es/...
Aí tamén aparece agora o soldo dos seus altos cargos.
O noso amigo Javier Dorado é agora "Auxiliar do Gabinete2
anónimo, tranquilo, que el BNG metio a media Galiza nova y no escuche tantos gritos... Carallo, será porque no me escuchaste, otros que se lucieron. Pero recoñece que en esto Baltar e Cacharro son mestres
O BNG metería a moita xente, e meteu moito a pata, e xa o pagou nas eleccións.
Non é excusa que "el otro también lo hace/hizo mal" (o entrecomillado está adrede en castelán).
"Gritos" tamén os dá Baltar, Cuiña e outros, iso que son do PPropio PPartito, o PP é un PPuzlle
O artigo ven titularse "A Xunta non aforra en altos cargos". É dicir, que hai máis que antes, ou que cobran máis en total. Ao ler o contido, vemos que acusan á Xunta de non ter publicados todos os soldos dos seus altos cargos e asesores. Que ten que ver o contido co titular? Porque non ten o ten publicado aínda, debemos concluir "en profundidade" que o gasto é maior?
e o Javierito Dorado, cobrando por facer nada, porque non sabe (o único que o teñan para as fotocopias). E todos os javieritosdorado´osea telojuro que haberá contratados-enchufados.
E cánto costará ter non sei cantos audis nun garaxe a par que outros tantos citroën circulando?. Cánto o software de microsoft no sitio do libre e gratuito?. Cántos millóns máis de axudas, discrecionais a prensa en pago de favores prestados?.
Etc.
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com