GC

Máis diñeiro para as excursións

A nova consellería de Traballo e Asuntos Sociais, ao igual que fixo o bipartito, continuará co programa "coñece o teu país", destinado a amas de casa e xubilados galegos, que este ano aumentará as súas partidas presupuestarias...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 29/06/2009

  • versión para imprimir

Así, e a diferencia do acontecido na campaña anterior, a Xunta destinará en 2009, 24.000 euros máis que en 2008. En total, máis de 204.000 euros para realizar 150 viaxes, 50 menos que no pasado programa. Neste ano, serán 8.500 persoas beneficiarias. Segundo o prego de condicións deste concurso:

1. Neste programa contemplaranse as diferentes zonas xeográficas do noso país e facilitarase o coñecemento do noso patrimonio histórico, cultural, paisaxístico, gastronómico, artesanal, monumental e as nosas tradicións, feiras e romarías espallados por tódolos recantos e que ás veces se atopan en recunchos poucos coñecidos polos propios galegos.

2. Deseñaranse rutas que permitan amosar a Galicia urbana: cidades de A Coruña, Lugo, Ourense,Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Ferrol e maila Galicia rural: vilas e pobos das diferentes zonas e comarcas do territorio galego.

3. O percorrido e a programación das rutas dun día farase cunha axeitada distribución da xornada,previndo: as paradas en ruta, o tempo de comida e descanso, o acceso e horarios dos lugares a visitar, as datas de realización e os eventos que se celebren na zona; así mesmo contemplaranse alternativas para afrontar as inclemencias meteorolóxicas que podan xurdir e as dificultades de mobilidade que podan presentar algúns membros do grupo.

4. En todo caso, trátase de deseñar unha xornada de lecer, non de esgotamento, e polo tanto cada ruta incluirá un percorrido polas cidades, vilas ou comarcas polas que transcorra e unha visita guiada polos lugares de maior interese da zona pero tamén momentos de descanso e divertimento para o que se organizarán as actividades oportunas.

5. Tendo en conta o anterior así como que este Programa xa se levou a cabo outros anos, procurarase deseñar rutas que resulten novidosas para os cidadáns de cada zona.

6. Nas viaxes de dous días deseñaranse rutas das diferentes zonas xeográficas (costa, praia, interior,montaña, industrial, mariñeira, rural ...) que requiran máis dunha xornada para a viaxe dado o seu percorrido, a distancia desde o punto de partida da viaxe ou a programación prevista.

Para a súa valoración, os licitadores presentarán un plan coas rutas, visitas e actividades a realizar para cada un dos 45 Centros Sociocomunitarios de Benestar, tanto de unha xornada coma de dúas.

 

Comentarios

Comenta

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe