OPINIÓN.- As malas notas de Zapatero

 Por Alfonso Rueda. Volvo das pequenas vacacións que me tomei renovado e con máis forza. Disfrutar da compañía da familia e dos amigos, estar presente en cada un dos sorrisos das miñas fillas é algo que non ten prezo. Sirve, máis que nada no mundo, para cargar pilas e regresar ao traballo con anovadas enerxías. Pasei algúns días por terras do sur, como nos últimos anos. É certo que teñen máis horas de sol, e que as comidas e o carácter son distintos. Polo demais, un séntese como en casa, esa casa grande que se chama España, onde todos temos cabida...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 01/09/2009

  • versión para imprimir

Eses días de descanso quedan atrás e veño de retomar o ritmo normal das actividades da consellería e da Xunta. Estamos a punto de estrear un novo curso político. E facémolo coa experiencia de contar con máis de 100 días de goberno detrás. 100 días con resultados. Pero queda moito traballo por diante. As prioridades para remontar a crise seguen estando claras. Agora toca darlles forma a través dunha armazón orzamentaria máis acaída que a que tivemos en 2009. É certo que os recursos son limitados, pero xa puxemos as bases para tirar deles o máximo posible. Con austeridade e rigor, procurando a eficacia por riba de todo.

O Presidente da Xunta dixo recentemente que o noso obxectivo é facer política de altura cos pes na terra. Pasiño e pasiño, como se fan en Galicia as cousas, pero sen perder un horizonte de ambición. Nada que ver coa imaxe que estes días nos está ofrecendo o goberno de España, onde todo é opacidade, falla de previsión e unha constante fuxida cara diante.

Seguimos contando malos resultados económicos, cando Europa parece estar remontando. E o que resulta innegable é que se suman xa demasiados argumentos na conta negativa do Goberno: agora as comunidades autónomas teñen que devolver 6.000 millóns de euros dunha débeda derivada da falla de rigor na elaboración dos orzamentos xerais do Estado; estamos como estabamos ao respecto das cifras de financiamento autonómico que a estas alturas seguen sen estar claras e, nas vésperas de que o Tribunal Constitucional emita a súa sentencia sobre o Estatuto Catalán, véselle polas declaracións de algúns que o que dixemos no seu momento sobre o perigo de alimentar esa aventura no debate territorial non andaba tan desencamiñado.

Estes son os efectos do medio prazo de medidas equivocadas e dunha mala xestión prolongada no tempo. O instantáneo, o de agora, é o engano do pago de axudas a parados sen prestacións e a máis que probable suba de impostos. Esta é a liña, cargar sobre os ombreiros da xente, ocorrencias como a dos 400 euros e demais cheques para comprar o voto.

O peor que pode pasar en política é carecer dun modelo, un modelo económico e un modelo de Estado. Esta é a marca dos socialistas, carecer de modelo para calquera cousa que non sexa o puro electoralismo e a actualidade política máis inmediata.

Hoxe máis que nunca, a alternativa en España chámase Partido Popular, un partido con proxecto e con modelo, un partido que soubo sacar ao país da crise e que volverá facelo logo de que unhas novas eleccións poñan fin a este desaguisado.

Alfonso Rueda é secretario xeral do PPdeG e conselleiro da Presidencia da Xunta. A súa web.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

28 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 28

    chuavcast

    LA PARIDAD. UNA PARIDA PARA EL PP. Señor Alfonso Rueda, ¡Qué sentimental se nos pone con el tema de sus HIJITAS¡. Casi nos lo creemos. Pero mire, cuando sus hijitas lleguen a mayores tendrá que darles una linda excusa y decirles que eso de la PARIDAD es una PARIDA para su partido PP. Explíqueles lo que dijo Feijóo, que en el gobierno del PP sólo entran los mejores (no hay más que verlos) y con ese criterio demagógico se cargan ustedes la mitad de la inteligencia de Galicia y traicionan las pocas conquistas que las mujeres han realizado después de siglos de silencio. En lugar de pensar en sus HIJITAS cuándo esté usted de vacaciones piense en sus HIJITAS cuando gobierne. Espero que sus HIJITAS no sufran lo mismo que el resto de las HIJITAS de GALICIA.


    27

    CHUaa

    ESTA É A POLÍTICA DE ALTURA: OS DEZ MANDAMENTOS QUE INCULCA FEIJÓO AO SEU EQUIPO: 1_ Estos del PSOE son unos hijos de P... 2_ Estos del BLOQUE son unos hijos de P... 3_ "O das o te dan" 4_ El amor no existe 5_ A los amigos se les coge en la calle y se les deja en la calle 6_ Hay vida después de la muerte 7_ Estos de la cultura son unos ROJOS DE MIER... 8_ La Universidad no es más que una panda de vagos 9_ Cuidado con éste¡¡, cuidado con aquel, (etc) 10_Estos del gallego son unos retrógrados. No entiendo qué quiere la gente ésta.


    26

    CHUaa

    A UNIVERSIDADE DA CORUÑA XA PARECE UNHA DELEGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE NAVARRA. SÓ HAI QUE VER AS LISTAS DE PROFESORES QUE COPARON AS ÚLTIMAS PLAZAS DESTA UNIVERSIDADE MEDIOCRE E DECADENTE. PODO POÑER EXEMPLOS DE PERSOAS ÁS QUE SE LLE BAIXOU A NOTA POR NON PERTENCER A NENGUNHA "FAMILIA" DA ORDE... A FACULTADE DE MEDICINA INTERÉSALLES MOITO COMO PARTE DESA POLÍTICA DE DELEGACIÓNS DA OBRA (PAGADA CON IMPOSTOS DOS GALEGOS).


    25

    anonimo

    La aseguradoras están encantadas. Y es comprensible que así sea. Quizá ese debiera ser el ámbito de gestión en el que dicha señora hubiera de estar ubicada. Incluso por pura coherencia personal con sus autopublicitadas convicciones doctrinales. El tercer motivo de su presencia en la Consellería de Sanidade tendría un matiz más políticamente partidario, pero no menos personal y sectario que los anteriores, cual es el de que el próximo candidato popular a la alcaldía de A Coruña inicie la campaña con el flamante regalo de una facultad de Medicina. Quizá ese día, si tal cosa se diera, algún rector sienta la náusea interior de haber sido aviesamente utilizado para una operación en la que, finalmente, una congregación religiosa termina haciéndose con el control en plaza de la enseñanza de Medicina y las correspondientes prácticas hospitalarias. Todo ello en una onda muy navarra


    24

    anonimo

    al y como se van desarrollando los acontecimientos, uno empieza a dudar de que el cometido de doña Pilar Farjas como máxima responsable de la Consellería de Sanidade sea gestionar con buena mano y mejor criterio la sanidad gallega, es decir, los recursos públicos disponibles para tales fines. Más bien pareciera que su presencia en dicho departamento de la Xunta tiene como principales motivos dar satisfacción justiciera a quienes todavía acumulan el rencor de no haber sido aceptados en su día por los clanes endogámicos que años ha controlaban la Facultad de Medicina de la Universidade de Santiago, y transferir recursos públicos (escasos siempre casi por definición) a sociedades mercantiles privadas que ejercen la medicina con f ines de lucro. http://diariodeunmedicodeguardia.bl...


    23

    anonimo

    Farjas se valió de la "importancia de la acción social" que la encíclica recomienda ejercer activamente a todo buen cristiano para criticar el proyecto de ley de libertades religiosas que prepara el Gobierno...Farjas reivindicó su compromiso político y su responsabilidad en la Xunta como "un valor intrínseco" de su fe. Y aparte de la satisfacción que para una médica como ella supone ser ahora responsable de la sanidad pública, atribuyó su carrera política sobre todo a seguir a pies juntillas el Concilio Vaticano II. "Somos la presencia viva de Jesús en la sociedad", proclamó Farjas, que descalificó "el engaño, la perversión, la falacia y la mentira de quienes dicen que la fe se debe expresar sólo en el ámbito privado". http://www.elpais.com/articulo/Gali...


    22

    JUCAR

    De que xeito tenta a conselleira Farjas impoñer a fe cristiá? Alguén me pode poñer exemplos concretos? Ou só vos baseades en "clichés" e prexuizos sobre supostas intencións que non se reflicten nos feitos. Se un cristián, por chegar a un posto público, despois dunhas eleccións libres, non pode dar unha conferencia sobre a súa fe: que clase de democracia é esta? toleastes? Poño as dúas meixelas e dou a cara enteira, pero a democracia non é isto que leo nesta páxina.


    21

    jorge

    Anonimo, a min a Farjas e toos ises danme o mesmo, aplaudo a rueda por ser valente e atravesar a liña da intolerancia e a rancia demagogia da maioría da xente destas páxinas que, en tempos, non eran ouros que os do propio semigoverno do bnga


    20

    PASEANDO

    En Galicia hubo una organización que mató centenas y centanas de personas. Falange Española de las JONS. Ahora, un personaje militante destacado de ese partido y candidato en distintas elecciones es nada menos que Director Xeral de la Xunta. SI UN MIEMBRO DEL EXERCITO GUERRILEIRO...FUERA ALTO CARGO DE LA XUNTA, QUE DIRÍA EL PP, LA VOZ, INTERECONOMÍA....?


    19

    anónimo

    E SOBRE TODO, QUE COÑO FAN OS DO PSOE E O BNG NON SACANDO ESTES TEMAS???


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3