GC

Guerra de baixa intensidade no BNG

Dende a pasada Asamblea Nacional as cousas xa non son as mesmas dentro do Bloque...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 10/09/2009

  • versión para imprimir

A aparición de Máis BNG está provocando cambios importantes no día a día da formación frontista. Este grupo capitaneado por Carlos Aymerich e Teresa Taboas está funcionando coma un contrapeso á tradicional hexemonía da UPG. Sen embargo, e a pesar da igualdade de forzas na Executiva, non se albiscan acordos de consenso para o futuro da formación.

O líder da UPG, Francisco Rodríguez, xa o dixo por activo e por pasivo, en público e en privado: o futuro candidato do Bloque non pode ser voceiro do Parlamento galego. Unha clara advertencia as aspiracións de Carlos Aymerich a ocupar ese posto. Desde entón, as relacións entre ambos sectores, aínda que cordiais, non acaban de fructificar, especialmente, polas distintas visións políticas.

Desde Máis BNG piden á UPG que abra o abano da acción política e critican que certos sectores do partido de Francisco Rodríguez teimen só con cuestións lingüísticas. Cren que esa é unha estratexia do PPdeG para afastar ao nacionalismo de determinados sectores sociais. Desde a UPG, pola contra, acusan a certos dirixentes de Máis BNG de practicar políticas "máis propias do PSOE e, nalgúns casos, moi semellantes aos do PP".

A pesar das relacións cordiais que hai entre as cúpulas, e mesmo no Parlamento, o certo é que nas comarcas líbranse pequenas batallas por ver cal das correntes domina a acción política. Un exemplo recente é o que acaba de acontecer en Cangas, onde a UPG apostou por sumarse as mobilizacións en contra do porto deportivo en Massó, que rexeita a alcaldesa nacionalista Clara Millán e os seus afíns.

Tamén sectores nacionalistas, tanto de Máis BNG coma do Encontro Irmandiño critican as estratexias utilizadas pola UPG para tentar desacreditar a certos sectores do nacionalismo, como a guerra interna que se vive no Sindicato Labrego Galego. Así, denuncian que "para uns casos La Voz de Galicia é un demo con cornos e noutros utilizana para os seus fins partidarios", en alusión ao conflito que mantén Milucho López co SLG.

Este pequeno conflito de intereses tamén afecta á CIG, onde uns e outros sectores pugnan por facerse o control de determinados sectores do sindicato, como aconteceu recentemente nas eleccións en CIG-Administración. Xa hai voces que van máis alí e que reclaman medidas máis contundentes a un e outro bando.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

61 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • 61

    anónimo

    A xente da UPG é unha resentida ,machista,traicioneira e ten que aprender moito para de verdade facer algo bon polo país


    60

    María Pérez

    "cuspes ao teu pai"

    Xa está ben de patriarcado!Viva a liberación e viva a igualdade! (E non un a papar 30.000euros e os labregos 2patacóns).

    A UPG e os roxos de sempre son en realidade conservadores que teñen unha mentalidade construida no franquismo.

    Viva o Sindicato Labrego! Fóra os mandarins larpeiros da UPG!


    59

    Roxo de sempre

    O comportamento das Comisións Labregas con Milucho é moi significativo.

    Cando lle cuspes ó tei pai na face, malo coma o demo.

    Estes días pasados escribiuse unha das páxinas máis nefastas do agrarismo galego nos últimos vinte anos.

    Ten que nacer un novo sindicato nacionalista.


    58

    anónimo

    Isto continúa a parecer o Lecturas....


    57

    Julián Muñoz

    Estimada Sabela Valiño, non son da UPG. E para que fique claro digo o seguinte: coido que a UPG ten feito moito dano ó nacionalismo galego, impedíndolle adaptarse á realidade social imperante en Galicia. Asemade, é unha organización ideolóxicamente trasnoitada. E é tremendamente conservadora.

    Asemade, é a culpable da actual situación do BNG, pois foi a UPG quen se cargou a Beiras, e foi a UPG quen impediu que o liderazgo do BNG pasase a Camilo Nogueira, político cun perfil intelectual semellante ó de Beiras, e posiblemente sen o teito electoral que Beiras comezaba a manifestar.

    Supoño que co anterior fica claro que non son da UPG.

    Agora ben, compr enon confundir allos con bugallos. Lidia Senra desfixo o SLG. Despediu a todos aqueles que non eran da súa corda. Conseguiu que o SLG fose condeando en sede xudicial varias veces en asuntos inaceptables nun sindicato, ou en xente de esquerdas. Os informes da Inspección de Traballo resultan demoledores. O despido dunha avogada por estar casada cun avogado da CIG é esperpéntico. O affaire último de Milucho amosa que non se respetan nin sequera ós fundadores do SLG e á súa propia memoria. ¿Faría iso o PP con don Manuel?

    E falando de ética, ¿quen é o titular dos locais do SLG? ¿Supoño que será o SLG? ¿Non si? ¡A ver se vai ser que non!

    Falando de papar cartos, ¿cánto cobran os actuais xerifaltes do SLG?; ¿cánto gasta Pepe Ramón nas súas viaxes a conta do SLG polo mundo adiante?

    Finalmente, Milucho limitouse a defender os seus dereitos laborais cando lle foron conculcados pola empresa (SLG), e os tribunais déronlle a razón. ¿Quén carece de vergoña aquí?

    Que eu saiba a esquerda defende ós traballadores da opresión do patrono. Milucho é o traballador, o SLG o patrono, e ademais, reitero, os tribunais danlle a razón ó traballador (ou sexa, a Milucho). Logo ¿qué carallo me dis? ¡Falas coma os fachas, coma os neoliberais, non coma os altermundistas de esquerda!

    ¡¡¡HIPÓCRITA!!!


    56

    anónimo

    Moi dacordo tamén con Sabela Valiño.


    55

    Sabela Valiño

    Pois hai un brillante profesor de Dereito chamado Aymerich.

    O SLG perdeu moito,pero tamén o BNG.Con Beiras chegou ir por diante do PSOE e mira agora.O exceso de cobiza da UPG escarallou o invento.

    E por riba do declive do BNG está a vergoñenta campaña da UPG.É o de sempre,calquera movimento progresista da sociedade a UPG quere burocratizalo e fai sempre de parásita.

    Lidia Senra exerceu un liderazgo político.Ela non pretende dicir que é unha técnica de alto nivel.Os da UPG misturádelo todo.

    E o máis importante,o elemento ético,Lidia Senra non pretende papar 30.000euros ós labregos galegos.

    ¡As cousas claras! (e a UPG sempre espesa)


    54

    Julián Muñoz

    Home, Anónimo curullo, non coñezo ningún Avogado do Estado, Notario ou semellante con cargos no goberno do BNG.

    Ser sociólogo é, en calquera caso, unha titulación académica superior ás de Quintana, Bautista Álvarez, Bieito Lobeira, José Luís Baltar, Cuiña (RIP), Cayo Lara, etc.

    E ademais Milucho chegou á política tras deixar o SLG nun lugar moi alto; posición de primacía que outros perderon caendo nun saco sen fondo. Hoxe, os labregos non son do SLG coma nos anos 80 e 90; hoxe son de UUAA (PSOE) e Xóvenes Agricultores (PP). Esa é a xestión de Lidia Senra, quen por certo dubido moito teña unha titulación superior á do Milucho.

    ¡As cousas claras!


    53

    anónimo

    curullllo, sociólogo, que nivelón


    52

    Julián Muñoz

    Xaime Regueiro, non sei cal é a túa cualificación profesional, pero Milucho é Sociólogo, titulación superior sen a cal endexamais puidera ser delegado de Medio Rural.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>