Teño unha unidade didáctica feita polo "Seminario galego de educación para a Paz" que xa lin hai tempo. Volvina a coller e elixín unha páxina o chou: " A Educación para a cidadanía vai desde o persoal e o máis próximo ao global e máis xeral. A finalidade é adquirir procedementos, habilidades sociais e actitudes básicas para o desenvolvemento dunha boa convivencia e da cidadanía democrática. Para alcanzar este obxectivo é necesario que preparemos ao noso alumnado para o exercicio da cidadanía desde unha perspectiva global (fomentando o respecto e a valoración da diversidade, o respecto polo medio ambiente e o consumo responsable, o respecto dos dereitos humanos, etc..)".(1)
Como pode molestar unha materia que ten ese obxectivo?. Xa sei que a escola ten que proporcionar coñecementos e ferramentas para preparar ao ser humano para o mundo, no máis amplo sentido da palabra. Baixo o meu punto de vista, dentro deses coñecementos e ferramentas, hai que dar os contidos que colaboren para que sexamos cidadáns no sentido de ser suxeitos con dereitos e deberes. Non podemos substituír á familia, nin á sociedade, nin á relixión pero si que a escola ten que colaborar para que se coñezan e se practiquen eses valores universais compartidos por todos nunha sociedade moderna e democrática.
Logo veñen as queixas cando vemos comportamentos que non compartimos e buscamos culpables, responsabilizando sobre todo aos máis novos. Xa sei que pouco vale a Educación para a Cidadanía, se logo a cidadanía, é dicir a sociedade en xeral, vai por outro camiño. Pero moito peor será senón poñemos modelos intelectuais do que debe ser a convivencia humana.
Penso como o Sr. Ministro de Educación que é necesario un pacto político na Educación. Díxeno o outro día na apertura do curso que fixo o Sr. Conselleiro de Educación e pido perdón por citarme: "Desde o Concello de Lugo sempre estaremos dispostos á colaboración e ao traballo en común porque isto non ten partido, eles son todos de todos e merece a pena ese pacto, ese acordo para que en Galicia todos traballemos en común na mellor tarefa que podemos traballar que é a tarefa do ensino". Se existise ese pacto seguro que deixaríamos fora da liorta política a Educación para a Cidadanía.
(1) SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ: Sobre a Educación para a cidadanía e os dereitos humanos, Fundación Cultura de Paz, Santiago 2007, páx..129
José López Orozco é alcalde de Lugo. O seu blog.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Está moi ben que Orozco fale de Educación para a Cidadanía, agora que Rajoy e os seus peperos decidiron gardar un abrumador silencio sobre o asunto, a ver se a xente esquece o balbordo que montaban aínda hai pouco da man dos bispos e a extrema dereita católica.
Est mal, est, e creo que coincidiremos en bastantes cousas. Eu s digo que as Comunidades Autnomas teñen bastante capacidade lexislativa para solucionar o tema da disciplina, pero non hai vontade. Fraga estivo 16 anos, e non se fixo nada ao respecto, parece que o problema que ten o ensino en Galicia e o GALEGO. Pode haber coiteladas, manifestacins, folgas, asasinatos, pintadas, plantes, o que sexa polo tema de galego si ou non, imposicion ou dereito, bla, bla, bla...
Ansar, ese filosofo, estivo 8 anos, tampouco fixo nada. E pasado mañan, comenza a loita. Sorte a todos, compañeiros
Collíscheslle gusto ao plumeiro, pero a ver ho, se a coincidencia pola miña banda e case que absoluta:
1.- ¿É certo ou non que un día si e outro tamén Rajoy fai a pelota aos profesores deste país e incide especialmente en que o actual sistema educativo non inculca o valor do esforzo e que non hai disciplina na clase nin os profesores teñen medios para mantela cando un aula se lles desmadra? Se isto é así, ¿non será tamén certo que hai un descontento grande entre o profesorado pola actual situación que propiciou a LOGSE?
2.- ¿Quén fixo a LOGSE e quen parou a LODE -certo que os do PP tardaron moito en facela-, que volvía ao sistema antigo polo cal un rapaz que non estuda polo plan A, vai de inmediato, aos poucos anos, ao plan B, e non como sucede agora que me din os amigos que teñen que ameazar aos rapaces: se non estudades dentro de DEZ anos ides ter que ir polo plan B. Antes, un neno que acababa 8º de EXB e non tiña boas notas, iba a FP por decisión dos seus pais. E se ía a BUP e despois de repetir primeiro ou os primeiros cursos, non daba mais de si, iba polo plan B, e non perturbaba a aqueles que si querían estudar, nin aos profesores, que teño unha parenta que despois de adicarse toda a súa vida ao ensino na comunidade de Madrid, tivo que prexubilarse hai ben pouco aos 61 anos, tendo baixas por depresión nos últimos anos porque non era capaz de controlar unha clase.
3.- O da relixión, díxome hai un anaco un amigo que hai dúas horas á semana para bacharelato e pódense poñer en 1º ou 2º, que depende do que decida cada comunidade. Nesto da relixión como nos problemas que ocasionan os curas á sociedade, tampouco creo que o PSOE pódase poñer de exemplo, que cando quixeron tomar medidas para poñerlle couto ás ousadías da igrexa, en canto esta fixo algunha manifestación, recolleron velas rápidamente e donde dije digo, digo Diego ¿ou non?
4.- ¿Teñen realmente as comunidades autónomas capacidade lexislativa para solucionar o problema de disciplina nas aulas, para modificar os programas educativos e inculcar o valor do esforzo? Penso que non, ¿ou sí?
Por último, a situación de descontento é tal, que este amigo ao que me referín mais arriba, resulta que é votante do BNG, e di que no único que apoia ao PP e nas cuestións de Educación. Moi-moi mal debe estar a cousa, digo eu.
Clariño, outra vez se che ve o plumero: levo xa unha boa cantidade de anos no ensino, e ti falas de que o Psoe fixo unha política nefasta (nefas) en Educación (sobre todo permitindo os excesos do clero, relixión en 2º de Bach. cando hai 25 anos non se daba en COU): e os 16? anos de D. Manuel Fraga? e os 8? anos de J. M. Ánsar? Porque claro, botarlle a culpa aos derradeiros anos, non está ben, quizáis é un pouco sofista?.
No do que hai rapaces que non queren estudar, dacordo. Que os da concertada tiñan que levar un cupo máis ou menos semellante que os da pública, que xa está ben de guettos coa xente millor preparada? supoño que estarás dacordo.
Que Educación para a Cidadanía non ten nada que ver co problema do ensino? supoño, agardo, que tamén esteas dacordo en que é unha cortina de fume da igrexa-dereita-FAES. O problema non é a Cidadanía, nin as Sociais nin a Ximnasia nin a Magnesia. Son as gañas de arranxar o problema, e ahí precísase un gran pacto.
Certo o que di o Sr. López Orozco, como non o é menos que o PSOE fixo unha política nefasta en Educación, que os profes están sen ningún tipo de autoridade na clase; que me contaba unha amiga que no pobo no que da clase (non en Galicia) é común que os profesores vexan como os rapaces cando se encontran con eles polas rúas chámenlles de todo a berros (cabrón, fillo de tal ou de cal...) ou persíguennos polas rúas chamándolles de todo, que debe que para os lexisladores os profesores teñen forma de punch e terman de todo. No seu instituto deuse o caso dun rapaz que rematou a ESO, e unha vez que tiña o título na man, foi ao instituto e deulle unha paliza a un profesor.
Pode parecer que estas condutas son illadas, pero non é así. Que os que dean clase ou os que teñan amigo adicados á docencia saben do grande descontento e desmotivación no que están os docentes, que un rapaz ou dous son capaces de reventar unha clase ou poñer psicolóxicamente contra cordas ao profe: isto de decirlle a unha alumna que cale, e respostar esta que ¡ti quen coño eres para decirme a min que me cale! E mandouna a xefatura de estudos, e a outra tan ricamente que así saía da aula.
Esta moi ben que se intente extender a Educación a todo o mundo, pero o certo é que hai rapaces que non queren estudar, e se o profesor non pode manter o orde e mais a disciplina na aula, que non se pode nin botar aos rapaces ao pasillo, o sistema non funciona, con Educación para a Cidadanía (que está moi ben) ou sen ela.
Redacción
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com