A Galicia rural é o mellor exemplo destas novas escenografías xerontocráticas. O moderno, o antídoto contra o pailanismo é investir fondos europeos en tanatorios no medio da nada, en levar ao defunto da súa casa, ubicada ao sopé da igrexa parroquial e do camposanto, a un tanatorio na capital comarcal a moreas de kilómetros para voltar de novo á parroquia orixinaria. Un cálculo por enriba da gasolina empregada, dos desprazamentos, dos coches mobilizados, dos gastos de todo o proceso dá unha idea do alcance do negocio. Por suposto non ten nada que ver co Progreso, senón co bo gusto e a modernidade. Nas terras etíopes de Benishangul-Gumuz os gumuz enterran aos seus mortos detrás das cabanas, nunha foxa en forma de L que é cuberta cun círculo de pedras e unha estela de pedra. Como as aldeas se moven e as cabanas trocan de ubicación, as vellas tumbas quedan no medio e medio de espazos públicos, recordando esa relación do falecido co poboado. A Modernidade comeza a cambiar a funebria tradicional; xa aparecen pequenas necrópoles fóra dos poboados, ao carón dos camiños de acceso, e a aculturación a través da relixión faise patente. Tumbas rectangulares de cemento coroadas por cruces e un texto en amhárico lembran o vencello do individuo morto co cristianismo ortodoxo ou co protestantismo. As comunidades Oromo, pola súa banda, contan con camposantos novos nos que as tumbas presentan auténticos murais nos que se idealiza ao defunto en clave moderna: un guerreiro dacabalo con traxe, garabata e lanza; un xogador de fútbol, outro cabalgando nunha moto, a xove parella de recén casados ao estilo occidental cunha radiocassette oitenteiro...
O último enterro tradicional a o que acodín foi no ano 1996, na Terra de Lemos. O meu avó morrera na cama. O salón comedor habilitouse como marco para o velorio. Os veciños, parentes e amigos rubían as escaleiras e daban a mao aos membros da familia, de pé no corredor da galería, antes de daren o último adeus ao defunto. Na viaxe final o compadre do meu avó encabezaba a procesión fúnebre coa cruz parroquial de prata de 1763; os netos portabamos as flores e os homes da familia levaban ao ombreiro o cadaleito a través das casas da aldea até chegar ao centro simbólico da parroquia, a igrexa. Todo un ritual na honra do falecido que xa aparece reflectido nos documentos das vellas confrarías do Antigo Rexime. A morte como algo próximo, cercano, co que se convive.
En troques, a Modernidade supón o alonxamento da Morte, que é rexeitada dos centros urbáns á periferia no século XIX, en camposantos nos que se reproduce a xerarquía social, a Cidade dos Vivos. Unha amiga arqueóloga fixera hai tempo unha análise espacial do camposanto de San Amaro nA Coruña, amosando que se coñece mellor unha cidade a través da organización espacial e simbólica dos seus camposantos. Isto adoita ocurrir na Protohistoria: coñecemos mellor unha manchea de pobos prerromanos grazas ao rexistro das súas necrópoles e non tanto ao que sabemos sobre o seu espazo doméstico. Con todo, no rural galaico, malia os tanatorios, os mortos resístense. Trala prohibición decimonónica de soterrar no interior das igrexas, no NW demos coa fórmula de invadir o adro da igrexa, derivando nese modelo do panteón (cemento, tixolo, mármore, letras douradas), outro icono da Modernidade galega. O outro día a miña nai levoume dar un paseo pola parroquia, toda enchida e repoluda. Acabou amosándome un panteón recén feito no adro da igrexa, presidido por unha única frase: familia AYÁN VILA. Loxicamente, a pesares da miña querencia pola Etnoarqueoloxía, está claro que a miña mai e máis eu manexamos dous discursos ou lóxicas diferentes. A súa cara de satisfacción contrastaba co meu sorriso desencaixado.
Esta relación natural coa Morte si que é realmente moderna, vangardista; como aquela parella de irmáns solteiras que discutían para elixir o seu posto no panteón; a señora máis vella lereaba por ocupar a balda máis alta, para non estar en contacto coa terra e a humidade, polo aquel do reúma.
Xurxo Ayán é arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC).http://neixon.blogspot.com/
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Home, o de que a II República era o rexime perfecto, en fin. Era, en principio, necesario que chegara a modernidade a un pais anclado no Canovismo do XIX, que digo no XIX, no Antigo Réxime. De feito, unha das cousas que máis beneficióu á dereita foi o voto feminino, un logro da Second republic, gracias á mediación da Santa NAi do ****llo.
No do fin e os medios, dígoche que sí e que non e quizáis e tal vez, depende... Pero aos da Obra, cajonacona, aos da Obra mandábaos ao mesmo sitio cos Euskalpresoak do carallo, ao CANTABRIKOAK
O carallo, de chisco nada, pasáronse moitos pobos, pero moitiños ho, que de non pasarse tantos, dígoche eu que non pasaría o que pasou.
E mira qui ti voy dicir... Podo estar dacordo en que a igrexa pasouse moitos quilómetros de nuestro señor, aínda que tamén fixeron cousas que estiveron pero que moi ben, como o arte e cultura que xeraron, a atención a enfermos, pobres, enterrar mortos, ensinar a quen non sabía, etc. etc. Agora ben... ¿non di a versión oficial do noso tempo que a Second Republic era o réxime prefecto, digo perfecto, marabillos, xenial, ideal, etc. etc? Porque se a versión oficial di que a Second Republic era así, non sei para que carallo tiveron que cometer tanto delito e pasarse tantos quilómetros con ela, digo eu.
Que non ho, que non. Que o fin nunca xustifica os medios, e por iso tampouco penso que haxa que ilegalizar aos amigos eses que tanto queres da obra, que chos deixo todos, quita, quita, senón que o que teñen que facer é cumprir coa lei, e deixar de usar a santa intransixencia e a santa coacción. E mentres non deixen esas prácticas, insisto en que non fai ben Feijoo nomeando a xente do clube de fans de San Josemari.
Outro saúdo co mesmo afecto.
Bueno ho, igual se pasaron un chisco, pero dados os seculos de pasarse varios pobos, varios concellos, varias provincias, varias CCAA, varios paises, varios mundos que tivo a Igrexa, pouco levaron. A orde tradicional que representaban era a do Antigo Reximen, os que empregaron a violencia, coaccion e demais cousiñas ilegais durante seculos, coma ti ben sabes por outra parte. E como non se pode desaloxar pedindo por favor as cousas, pois iso...
Da obra, millor a ver si podemos ilegalizala, xa que somos todos tan legalistas, que e o que merecen.
Lustra o plumeiro e un saudo afectuoso.
Caro Anónimo, ¿non me estarás usar ti tamén a falacia do home de palla? Eu non digo o que ti dis que digo do franquismo, que é evidente que eran bos polos. Tan so digo que na Segunda República pasáronse varios pobos coa igrexa (botando aos xesuitas, queimando igrexas, expulsando ás monxas dos conventos et alii), e non porque esta igrexa fose medieval, senón porque a tiñan por garante dun orde tradicional que querían botar abaixo, empregando a violencia, a coacción e demais cousiñas ilegais ás que eran tan afeccionados, como ti ben sabes por outra parte.
Que non lles facía ningún mal que as campás tocasen a morto, nin tiñan porque queimar igrexas, derribar cruceiros, ou prohibir os enterros e viáticos procesionais, que cando morría un deles, non tiñan ningún problema para "entenebrecer" as rúas levando ao ombreiro a caixa.
E a min non me fales da obra, que son enemigo-enemiguísimo deles que non os trago, e para dicilo todo, paréceme un anacronismo ter a alguén da obra no consello da Xunta, que como todo o mundo sabe son partidarios da santa intransixencia e a santa coacción, que senón me gustaba na II República, menos me vai gustar nos nosos tempos.
Clariño, ese plumeiro cada vez máis lustroso, na II República rematóuse cunha igrexa medieval (á forza aforcan), que voltóu resucitar o do Ferrol... supoño que será peor a Semana Santa obrigatoria, con todo pechado, o mandato dos dictados de Roma sobre o calendario, os costumes, a vida.
Pero claro, Pilar Farjas é superior moralmente porque cumple con todos os preceptos. Amén
Eu penso que si se progresou, que a visión desa Tradición paréceme algo amplificada e idealizada, cando para min a esa tradición non lle faltan inconvintes.
É un tema moi delicado, pero para min que non se foi para atrás. De feito, quen queira velar nas zonas ruráis aos seus perto da casa conta con empresas que dispoñen de tanatorios móbiles.
Penso que unha cousa é a dignidade da morte na casa, e outra o velorio que ocasionaba desde roubos até sinsabores de todo tipo, como que estando velando a un ser querido -e falo dunha cidade como A Coruña- resulta que como a porta da casa permanecía aberta, entraba quen quería, e non eran estranos os roubos; como tamén entraban persoas ás que ninguén coñecía que non tiñan onde durmir e nos velorios estaban quentes, ofrecíaselles café e cognac, e tan so dicían do morto que era moi boa persoa; cando se lles preguntaba de que o coñecían, ou ben facían que rompían a chorar ou facían que non podían falar, ou contaban un conto que encaixaría en calquera persoa; por non lebrar que a muller da casa tiña que facer cafés para que coñecidos e descoñecidos pasasen unha noite quente, dispor de cognac e estar ao servizo dos velantes e non estar para o que tiña que estar; que non había empresas de pompas fúnebres que amortaxasen aos mortos, que estas cando as había limitábanse a suministrar a caixa, e a familia tiña que facer como podía para taponar orificios, non sempre o facían ben, coas consecuencias que a ninguén se lle escapan. Aínda lembro a unha velliña que contaba como nesa noite entre facer cafés, recibir aos amigos do defunto, estar pendente de que a xente que entraba non fora a outros cuartos, etcétera, non tivera tempo nin de botar unha lágrimiña polo seu fillo. Iso por non lembrar tamén que os corpos sen vida descompóñense, coas súas desagradables consecuencias, que estiven hai poucos anos nun velorio tradicional nunha aldea, e malia usar cubiños de xeo, non se paraba co cheiro, que o verán existe, e dependendo da idade, complexión e enfermidades do vivo a corrpución do corpo acelérase mais ou menos.
Circunstancia que deu a Carlos III (penso) en prohibir os enterramentos dentro das egrexas facéndoos tan so no adro (porque penso que tamén se facían nos adros) e obrigar a que os camposantos estivesen en sitios ventilados e alonxados da poboación; progreso que (senón me falla a memoria) introduxo normas de policía funeraria que á metade do século XIX impediron por exemplo que o ataúde fose sen tapa ao cemiterio; que impediron tamén aquelo de usar a caixa que se gardaba no cemiterio ou na igrexa para trasladar os corpos, e chegados ao camposanto, sacábase o morto da súa caixa e depositábase na foxa cuberto tan so co seu sudario, e a caixa voltaba a onde se gardaba en espera de ser reutilizada, unha vez mais.
Tamén discrepo neso que di o autor que os camposantos das cidades do XIX reflectían a xerarquía social, como se fora algo novo, cando nas igrexas había sepulturas de diversos prezos, de primeira (no ábside, as que estaban mais pertiño do altar), de segunda (cada vez mais alonxadas do altar) e de terceira, no exterior do templo, no adro, no cemiterio parroquial propiamente dito.
Mais ben penso que esa tradición dos enterros nas igrexas, transformouse nunha cidade como a Coruña coa chegada do camposanto, pero mantívose o clasismo, a xerarquía social da que fala Xurxo Ayán que xa había, e supoñía por exemplo no século XIX a existencia de enterros de primeira, segunda e terceira, onde o carro fúnebre podía ser de luxo, "á Federica", decorado con plumachos, flamantes cabalos e acompañado o cortexo polos nenos do hospicio portando velas; ou podía ser un enterro de terceira nun carro desvencixado e tirado por unha mula cega.
Nun momento tan delicado como é o da morte, as familias adoitan estar destrozadas, e penso que cada vez son menos as que pasan toda a noite no tanatorio velando o corpo, que facendo todo o que puideron polo vivo, tampouco fan moito alí esa noite, cousa que non se daba nos velorios das casas.
En resumidas contas, entendo que neste caso non todo o tradicional era bo, nin todo o progreso é malo.
PD: aproveito a ocasión para sacar o plumeiro a relucir e lembrar que na II República prohibiuse o toque de campás (porque "entenebrecían" os lugares onde se escoitaban); impúñanse multas aos cregos que as facían tocar, como tamén eran multados se facían procesións funerarias con cregos revestidos, cruz parroquial alzada, permitíndose tan so as cerimoñas desde a porta do cemiterio ao interior deste; e tamén se prohibiron os viáticos, nos que o crego adoitaba ir con dous monaguillos que tocaban unha campaniña, e a xente saía das súas casas cunha vela e acompañaba ao viático até a vivenda do moribundo.
Redacción
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com