GC

Unha plataforma do mundo cultural para defender a lingua

Este sábado presentarase en Santiago 'Prolingua', unha plataforma"plural e apartidaria" que ten como obxectivos exclusivos a promoción do galego como lingua propia de Galicia e a consecución da súa oficialidade real...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/09/2009

  • versión para imprimir

Neste acto  daranse a coñecer os obxectivos e a estrutura de funcionamento da plataforma, así como as primeiras accións que se levarán a cabo. ´Prolingua´é unha plataforma independente do poder político e diferente nos obxectivos e na finalidade a ´Queremos Galego´, outra plataforma de defensa da lingua impulsada dende forzas políticas nacionalistas e dende A Mesa pola Normalización.

De feito, os promotores de ´Prolingua´ coinciden na necesidade de afastar o debate lingüístico dos debates políticos para concienciar á xente de que falar galego non é un arma política senón un ben común de todos os galegos. Esta plataforma está impulsada por xente do mundo da cultura e uns dos seus principais impulsores son o escritor Xabier Docampo e Quique Costas, da Universidade de Vigo, que vai ser o que se presente o acto.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

6 comentarios
6

xulia

Señor traballador que tanto tempo ten para andar a poñer comentarios, o BNG usa a norma oficial. Agora ben se pensa que os votos do bng lle veñen da normativa que usa... entón xa está todo claro, clariño... traballadora da equipa dos que "dedícome a crítica e á hipercrítica nas páxinas en que aceptan comentarios".


5

traballador

Aos feitos me remito. Consulte a propia web do BNG e verá. Os exemplos que poño están directamente extraídos de aí.

Así que faga o favor de informarse e de documentarse vostede correctamente, que lle fallan as fontes, señora.


4

Conselleira Educación

"traballador", fai anos que o bng só usa a norma oficial.
Infórmese


3

traballador

A 'equipa' de goberno?
Rolda de 'imprensa'?
Unión do 'Povo' Galego?
'Perguntar'?
'Criazón'?
'Pontos' de vista?
Etc, etc.
Por non falar de verbos mal conxugados, como 'sirve', 'convirte'?
Quen está mal informado, logo, ou non quere estar?


2

um_ninguém

#1 Desde que a denominada "normativa de concórdia" é oficial é a empregue polo BNG, assim que difícilmente este vai ser o problema da perda de votos.

Fai anos que o BNG usa a norma oficial é melhor inormar-se ante de falar.

Mil primaveras mais para a língua galega.


1

traballador

Pois paréceme estupendo, que xa está ben de que os correlixionarios upegallos se apropien da loita na defensa da lingua.

Se é que ademais falan raro: están empeñados, década tras década, en empregar un rexistro de mínimos que cada vez lles resulta máis unha rémora que outra cousa. E así lles vai.

Apóstovos o que queirades a que se o Bloque empregase a normativa oficial, que para a algo está, gañaría uns cantos milleiros de votos. Pero non. Son así de cabezóns e de cazurros nalgo que resulta tan lóxico, básico e elemental.

Por moito que o seu discurso poida ter as mellores intencións no fondo, na forma resulta distante e estraño para a gran maioría dos nosos compatriotas. Que se decaten dunha condenada vez, que xa está ben.

Outra cousa, se se din nacionalistas, que o sexan de verdade, como o son en Esquerra Republicana. Ser demócrata e pacifista non está reñido con defender a soberanía do país.