O españolismo, na súa actual fase de exasperación axitativa, Pte. da Xunta ao fronte, recupera a aspiración aniquiladora xusto cando o Concello non tivo máis remedio que asumir a legalidade polo pacto que estableceu o goberno bipartito PSOE-BNG. Desde entón, o respeito pola legalidade, pola denominación orixinaria galega, tal e como prescrebe a Lei de Normalización Lingüística, comezou a ser un feito tamén na Coruña. Rompeuse así con anos de chulería, de ilegalidade ostentosa e agresiva, que contou coa conivencia de grande parte do aparato xudicial. Tiña que desautorizar, e así o fixo, como non acorde coa lei a posición do goberno municipal, pero nunca acusou ao alcalde do delito de desacato nen sequera lle indicou a obrigatoriedade, a prescritividade do topónimo A Coruña. Desde o Tribunal Constitucional e o Tribunal Supremo até os xuíces ordinarios foron claros nos seus ditames non avalando o uso de "La Coruña" a efectos de oficialidade administrativa, pero tan inoperantes como maioritariamente conchavados para non producírense consecuencias práticas negativas contra quen, de forma tan repetida e ostentosa, desobedecía unha lei autonómica de 1983 e outra das Cortes Xerais de 1998, esta última para o nome oficial da provincia ser concordante co que xa se tiña restaurado para a capital. Fechábase así o cerco legal, sen posibilidade de burla. Os meios de comunicación de ámbito estatal, tanto de titularidade pública como os privados que respeitan a legalidade democrática, usan desde entón a denominación oficial A Coruña na letra escrita.
Xa sabemos que a arrogancia imperial non resiste estas conquistas democráticas nen a razón fundada na restauración das orixes sen renuncias nen deformacións.
Francisco Rodríguez é membro da Executiva do BNG e secretario xeral da UPG. O seu blog aqui.
Francisco Rodríguez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A Coruña luns e martes en galego...
The Coruña nas edicións internacionais da prensa...
Corunna, con teclado internacional...
La Coruña mércores e xoves en castelán...
La Coru coloquialmente, as fins de semana (ou findes) en ambientes pijos e na embaixada de España na Santa Sede...
Coruña, días pares, laborables...
Turquía, en Vigo...
Non, non. Polo que a min atinxe, porque da mentira non sae nada bo.
Cruña (sen artigo), porque teño demostrado en GC que "A Coruña" é un invento, suma do artigo galego "A" e mais da forma castelán "Coruña", sen que ninguén atopara eses famosos documentos en galego do século XIII nos que se le "Coruña" e nos que se basa a oficialidade deste topónimo; documentos que dis que din que alguén viu, pero todo apunta a que non existen porque non aparecen.
En definitiva, aquelo de la verdad es la verdad, dígalo Agamenón o su porquero.
A Coruña por imperativo legal das cortes españolas, la coruña en textos casteláns por imperativo da RAE e a cruña coma forma galega única por imperativo de Clariño, e fin do problema.
Non saiu unha cousa que enviei hai un anaco, non sei se foi por meter dúas ligazóns, así que repito o comentario sen ligazóns.
En The Angels, California non temos eses problemas porque Los Ángeles ao igual La Coruña, consideran os académicos que son formas tradicionáis plenamente vixentes en español. Para ver os criterios que emprega a RAE no que a topónimos se refire:
rae.es > Real Academia Española > Diccionario Panhispánico de Dudas > Qué contiene el Diccionario Panhispánico de Dudas > Tratamiento de los topónimos
E por certo que no Diccionario panhispánico de dudas, poden verse as recomendacións dos académicos no que á Cruña se refire:
"La Coruña. Nombre tradicional en lengua castellana de la provincia y ciudad de Galicia cuyo nombre en gallego es A Coruña. SALVO EN TEXTOS OFICIALES, donde es preceptivo usar el topónimo gallego como único nombre oficial aprobado por las Cortes españolas, en textos escritos en castellano DEBE EMPLEARSE EL TOPÓNIMO CASTELLANO. El gentilicio es coruñés".
Pero aquí sí. Consultando o Diccionario Panhispánico de Dudas, da RAE:
"La Coruña. Nombre tradicional en lengua castellana de la provincia y ciudad de Galicia cuyo nombre en gallego es A Coruña. Salvo en textos oficiales, donde es preceptivo usar el topónimo gallego como único nombre oficial aprobado por las Cortes españolas, en textos escritos en castellano debe emplearse el topónimo castellano. El gentilicio es coruñés".
http://tinyurl.com/yaxg5gw
E os criterios dos académicos no que a topónimos se refire, aquí:
http://buscon.rae.es/dpdI/html/quec...
Poñer etiquetas efectistas non conduce a nada. E unha cousa son as profesións tituladas, onde existe o tipo penal de nome "intrusismo", e outras as que non o son, nas que calquera pode opinar con maior ou menor fortuna en función dos argumentos que expoña.
En calquera caso, se de argumentos de académicos se trata, os da RAE recomendan usar La Coruña a non ser que o cidadán véxase obrigado a usar A Coruña por imperativo legal.
Foi deputado no Parlamento Galego e no Congreso. Actualmente é membro da Executiva do BNG e secretario nacional da UPG.Os artigos están tirados do seu blogue persoal retrincosemanal
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting