O domingo 18 de outubro entre 50.000 (cifra dada pola Policía Local de Compostela) e 100.000 (cifra dada pola organización) galegas e galegos, de diferentes adscricións ideolóxicas, estratos sociolóxicos, e usos da lingua, nos manifestamos na defensa do noso idioma fronte o reiterado ataque que está a sufrir por parte do goberno da Xunta de Galiza presidido por Alberto Núñez Feijóo (PP), convocadas e convocados pola Plataforma Cidadá Queremos Galego integrada por unha diversidade plural de centos de colectivos e persoas.
Os medios de comunicación públicos do noso país (a Radio Galega e maila Televisión de Galicia) non ofreceron unha información veraz que se axustase á realidade do verdadeiro impacto que tivo a mobilización, que contou cun resultado histórico en participación. Nese senso é preciso denunciar a obscena manipulación que por parte dos Servizos Informativos da TVG se quería levar a cabo, pretendendo iniciar unha conexión en directo coa manifestación, no momento xusto en que a primeira lectura do manifesto rematara, e as xentes que ateigaban a Praza da Quintana ían abandonándoa paulatinamente para permitir a entrada dos milleiros de persoas que inda non puideran entrar, e que agardaban nas Praza das Praterías e os seus arredores, e que finalmente encheron por segunda vez a Quintana. É evidente que a distorsión informativa tiña a intencionalidade de ofrecer unha imaxe minorizada dunha mobilización masiva, nun intento claro de manipulación que os milleiros de persoas presentes contestaron berrando, durante preto de dez minutos e con notábel indignación, a consigna "Televisión, manipulación", o que provocou que o equipo da TVG abandonase a praza.
Fronte a esa situación é preciso denunciar e difundir publicamente o acontecido, ao tempo que esixir que os medios de comunicación que pagamos todas e todos os galegos, deixen de ser un instrumento para a deformación interesada, cando non para a propaganda, en beneficio do Partido Popular no goberno do país.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
o que vexo que neste pais,si pais,a moitos fachas molestalle que galiza tenha unha lingua e cultura de seu e moita xente como Caion loite polo que o pp quere desfacer que a nosa lingua.
a tvgaita como eu digo parece intereconomiatv,so tedes que mirar na wep wwwcrtvg.es a carta o programa parlamento como non so cambiaron de conductor seno que permitense o luxo de opinar si o goberno vai presentar tal proxecto ou lei que vai mellorar ou correxir problemas dos galegos.Este tipo tense que limitar a contar o que imos ver,e ademais moitas das replicas da oposicion nnon se emiten, ou sexa o pp acapara a gran maioria do programa...................................................................................
E coma séptima vicepresidenta a Magdalena Alvarez,gobernar non,pero dan espectaculo sería a number one
A TVG EN MANS DO PP
OS CARGOS SON MARIDOS, MULLERES TODOS DO PP.
TVG NA CLOACA
TODA A INFORMACION EN MANS DO PP.
pero iso para cando Esperanza Aguirre se proclame
Princesa de Alderaan e Senadora Imperial por Alderaan
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com