Críticas do CPXG polas presións sufridas por xornalistas da TVG na manifestación

A manifestación do pasado domingo está dando moito que falar. Primeiro foron os organizadores os que denunciaron a manipulación dos medios públicos e agora son os xornalistas os que critican os apupos aos profesionais da TVG que cubriron a protesta...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 20/10/2009

  • versión para imprimir

E é que o Colexio de Xornalistas sacou un comunicado no que rexeita as presións que sufriu un informador desta canle durante a manifestación:

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere rexeitar publicamente a actitude dalgunhas das persoas que acudiron á manifestación convocada por 'Queremos Galego' en Santiago e que increparon ao compañeiro da TVG mentres informaba en directo da mobilización.

A Xunta de Goberno do CPXG entende que estas accións son presións contra os xornalistas, inadmisibles para o normal desenvolvemento do seu traballo, e lembra aos participantes que o informador traslada á opinión pública feitos, datos e declaracións a través dun medio, independentemente de que comparta ou non a súa liña editorial.

O Colexio de Xornalistas agarda que os responsables de Queremos Galego trasladen estas ideas entre os seus convocados en vindeiras mobilizacións, se as houbese, e valora positivamente a actitude daqueles representantes da organización que pediron calma e saíron en defensa dos traballadores dos medios públicos.

Non é a primeira vez que os profesionais da comunicación reciben os apupos e mesmo violencia por parte de determinados colectivos nos actos que cubren informativamente só polo simple feito de traballar nun determinado medio de comunicación. Por iso faise necesario aclarar que un traballador non é un medio de comunicación. "Non é o mesmo un empresario do metal que un traballador do metal", apunta un xornalista. A pesares disto, este comunicado xa recibiu resposta por parte dalgúns manifestantes. Así nos fixeron chegar esta nota:

En relación coa nota "O Colexio de Xornalistas rexeita as presións que sufriu un informador da TVG na manifestación de Queremos Galego" publicada por vostedes o 19/10/2009, quérolles facer as seguintes reflexións:

O exercicio da liberdade de expresión durante unha manifestación non se pode considerar unha medida de presión contra ninguén. Os berros de "televisión manipulación" que proferían os manifestantes non ían dirixidos ó xornalista, senón ó medio e ós seus dirixentes, que terxiversan e manipulan a información segundo os seus propios intereses e os do PP.

Por outra parte, as imaxes da televisión deixan ben claro que ninguén coaccionou o xornalista, que puido facer a súa información, co balbordo de fondo, iso si, dos manifestantes. Tanto Don Avelino Pousa Antelo como o Sr. Xurxo Souto dirixiuse pacificamente ó xornalista. As imaxes da propia TVG non menten.

É grave que a TVG e os seus dirixentes manipulen a información, pero que o Colexio de Xornalistas lles dea creto e cobertura é bochornoso para a profesión e para a sociedade á que debe informar obxectivamente.

Atentamente,

Alberto Álvarez Lugrís

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

23 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 23

    anónimo

    Grazas ó Colexio de Xornalistas por defender ós profesionais de rúa que non teñen por qué aturar o que aturan a diario na rúa por eses "supostos" defensores da verdad.
    Se soubesedes o que aturan os profesionais da galega e o que cobran , non fariades nin media broma con eles. Pero é moi guai, ir de manifa agora que non gobernan os teus e berrarlle o máis vulnerable e facerlle unha foto cando salta porque xa non pode aturar máis a unha banda de salvaxes.


    22

    A agresión do cámara da TVG… : CONTRADISCURSO

    [...] Pronunciarase tamén agora o Colexio Profesional de Xornalistas de Galiza a respecto de tal demostración de rigor profesional? [...]


    21

    anónimo

    non, ao futbol non, á petanca si quere pero que deixe o futbol


    20

    anonimus

    Pampín que volva ao fútbol que se lle da ben,os informativos son pra os maiores


    19

    solovio

    Josito Pereiro dimisión!


    18

    OLI

    TODA A INFORMACION DA TVG EN MANS DO PP.
    OS CARGOS DA TVG SON MARIDOS, MULLERES TODOS DO PP.
    TVG PO LA CLOACA !


    17

    anónimo

    Un cantamañás


    16

    Manifestante

    Xa! e claro son sectarios e intolerantes os que non toleran a quen os censura na defensa de un patrimonio común como a fala, a quen minten sobre eles tapando a realidade multitudinaria que parece ser que non renuncia ao dereito de vivir na sua fala e que manipulan a os seus actos.
    Xa que eres parte de ese Colexio de Xornalistas que che parece ese tal Carlos Luis Rodriguez de como icono da profesión na TVG?.


    15

    anónimo

    Perfecto, moi ben, un resume perfecto.


    14

    xornalista

    De perfecto conde: http://perfectoconde.blogspot.com/2...

    Non coñezo de nada ao xornalista da TVG que se supón que foi apupado por un reducido número de manifestantes do domingo pasado en Compostela. Nin sequera sei como se chama. Tampouco vin a información que ofreceu dos acontecementos, aos que xa dixen onte que non puiden asistir. Aforrarei, polo tanto, calquera comentario que poda significar pronunciamentos xulgatorios sobre a materia.
    Sentado isto, tamén quero deixar ben claro que a min non me extrañaría moito que o xornalista da TVG, non por ser da TVG senón polo mero feito de ser xornalista, puidese ter sido vítima dunha icnomprensión política que xa empeza a ser demasiado frecuente entre determinados persoeiros da vida pública galega. Quen, coma min, viviviu e exerceu a profesión durante o derradeiro franquismo, a transición, a democracia e os momentos actuais sabe de sobra que os xornalistas pasamos de sermos aqueles paladíns do porvir que tanto nos mimaban os que querían ser algo na política como os que xa eran moito nela, a unha especie de mortos de fame que nos vendemos polas catro lentellas e unha cervexa que estea disposto a pagarnos calquera. Nin a primeira versión foi nunca certa nin a segunda se compadece agora para nada coa realidade. Os xornalistas nunca fomos facedores daquel “Parlamento de papel” que se nos atribuiu noutrora nin somos agora a chaqueta roída de ningún legoeiro dos anos corenta.
    Persisten, porén, algunhas tendencias moi proclives a pecharnos nos estreitos cortellos das súas sectarias visións do mundo e, sobre todo, das cousas. Eu aínda lembro cando, hai moitos anos, o agora defunto Diego Bernal atopoume un día pola rúa de Franco e empeñouse en que fose con el escoitar a conferencia que daba un pope do nacionalismo galego no salón de actos do Colexio Fonseca. A min contáranme varias veces que o conferenciante sempre me dedicaba algún minutos das súas intervencións públicas para denigrar o “españolismo” que me supoñía por escribir no semanario Cambio 16. Eu non tomaba en serio aquelas trécolas nin lles atribuía a menor importancia, pero Bernal empeñouse aquel día en que fose canda el. “Servirache para comprobalo”, díxome el.
    E acompañeino. O conferenciante falou e falou durante hora e media, pero o meu nome non saía por ningún lado, de maneira que lle dixen a Bernal: “Amigo, eu voume que é a hora dos viños”. Diego respondeume que agardase algo máis. E non deu tempo nin a que rematásemos este diálogo cando o conferenciante, moi catilinario, pronunciou a sentenza: “E non quero rematar sen salientar que hai xornalistas por aí, que escriben en Cambio 16, por exemplo, ao servizo do colonialismo español”. Loxicamente, eu fiquei abraiado por dúas razóns: por confirmar que era certo o que me viñan contando de que alguén perdera o seu tempo falando de min nos actos públicos e por descubrir que era un axente do colonialismo español.
    Conto esta anécdota porque empezo a pensar que ao xornalista da TVG, se fose certo que alguén quixo correlo a gorrazos na praza da Quintana, quizais lle pasou algo parecido. Non o sei aínda, pero algo debe significar o feito de que saise a defendelo o Colexio Galego de Xornalistas, ao que non pertenezo e dígoo para que ninguén pense mal. Que a TVG lle berrasen en directo que pensaban que estaba manipulando, constituía todo o dereito dos que estaban na Quintana. A liberdade de opinión non se gañou só para o exercicio da profesión xornalística. Se alguén apupou e ata tentou constriñir a liberdade de traballo do xornalista da TVG, estivese dicindo o que fose, simplemente meteu a pata e retratouse como que seguramente é: un sectario incapaz de comprender que vive nunha sociedade libre.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3