Logo de meses de silencio, con moi poucas entrevistas, Emilio Pérez Touriño, volve a primeira liña política cunha conferencia da Fundación Iniciativas 21, un dos seus principais soportes ideóloxicos durante a súa etapa na Xunta, e na que mantén a destacados amigos do ámbito universitario. Touriño abordará a actual situación de crise económica e a paralise, na que segundo el, está a Xunta para dar saída á actual situación. Por iso aposta por abrir puntos de debate no eido político e económico.
Esta conferencia é a primeira dunha nova etapa de Iniciativas 21 que pretende mover o debate político e introducir novas vías discursivas para facer fronte á dereita logo da derrota do bipartito. E que teña sido Touriño o encargado de facelo non é un detalle menor. O ex presidente é o presidente de honor desta fundación e os seus principais dirixentes, Ramón Máiz e Mercedes Rosón, queren que este teña máis protagonismo político nesta nova etapa.
A reaparición de Touriño non ten sentado ben na dirección socialista, sobre todo, porque consideran que Iniciativas 21 fai un "traballo paralelo" ao que desenvolve o propio partido. Xa durante o bipartito, non houbo moita sintonía entre os integrantes desta fundación e os dirixentes do PSOE, e algunha vez estas diferencias acabaron case que en trifulcas políticas coa intervención do propio presidente. Por iso, houbo recado dende a sede do Pino. Con todo, Touriño aceptou o convite e fará a súa reaparición pública sen decartar novas intervencións no futuro xa que como lle ten confiado aos poucos fieis que aínda lle quedan no Parlamento, na súa actual situación non está cómodo.
Quintana
Pola súa banda, o ex vicepresidente tampouco deixa a actividade política a pesares de que, finalmente, non ocupará un lugar destacado dentro de Máis BNG debido as diferencias que nos últimos meses xurdiron entre certos dirixentes desta corrente e o propio Quintana.
Así, ademais de estar presente na Mesa, en comisións parlamentarias e ter intervencións no pleno como a deste pasado mércores como responsable de Relacións Institucionais do BNG na Cámara, Anxo Quintana tamén preside o Instituto de Estudios Europeos e Autonómicos (IGEA) a través do que organiza conferencias e seminarios. Precisamente, o IGEA organizou a pasada semana o primeiro ciclo desta nova etapa cunha comparativa entre o autogoberno de Escocia e Galicia e no que Quintana aproveitou para volver falar sobre a necesidade dun Estatuto de nación.
Precisamente, esta actividade paralela tampouco gusta en certos ámbitos do nacionalismo que lembran que para facer este tipo de actividade xa existe a Fundación Galicia Sempre. Por iso, desde o Bloque, e principalmente desde a UPG, critican o "doble xogo" de Quintana e denuncian que conte, ademais, con plataformas mediáticas para lanzar as súas mensaxes.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Vaia pelazo luce o noso camarada torito bravo... como cambio o expresi do audi de 250.000 euros
Tan mal no lo hicieron, y lo de las galescolas no era una locura, algunos muchas explicaciones van a tener que dar, para justificar tantas mentiras.
http://www.elpais.com/articulo/espa...
Deixade que os mortos (políticos) descansen soñando que fan política, que siguen. Son mortos, nada mais. Ao resto, quédanos o aprender dos seus respectivos erros. Polo demais, son auga pasada, particularmente. O outro, quén sabe!
A dereita sí aceptóu cando gañóu Zapatero, de boa gana ademáis, educadamente, coma cabaleiros.
Ten moita razón o titulo do post.
"A longa sombra..." e tán longa que ainda hai xente que non aceptou,ainda,os resultados das eleccións
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting