Incríble, pero certo. O título da campaña, "El placer está en tus manos", xa o di todo sobre a finalidade dun proxecto que lle custa 14.000 euros aos cidadáns, non só de Extremadura, senón de toda España, porque á hora de pedir contas, hai que lembrarse da solidariedade. Podémolo considerar algo totalmente anecdótico, pero penso que non o é, porque se suma a esa cadea de fondos malversados polas administración públicas para proxectos totalmente inútiles dende o punto de vista social. Ao mal gusto da campaña hai que unirlle a invasión pública da esfera mais íntima dos mozoas, invadindo un espazo propio da educación familiar, como é a sexualidade, que ademais, en esta iniciativa da Xunta extremeña, é enfocada dende unha perspectiva puramente amoral. Por si houbera algunha dúbida, os contidos da campaña foron subcontratados a unha tenda de productos eróticos chamada "os placeres de Lola", marca comercial que non remite a unha institución docente. Pero como se xustifican os promotores desta campaña?... Pois o Consello de Xuventude e o Instituto da Muller co argumento da loita contra os "estereotipos" e a "discriminación de xénero". En fin, que non termino de atoparlle a relación de todo isto coa masturbación. Igual se debería preocupar máis pola violencia de xénero e reflexionar sobre a perda de valores que conduce a falta de respecto entre os homes e mulleres.
Serafín Martínez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O psoe gobernar non pero o que é dar 3 millons a piratas e lavar as mentes dos crios son os number one
O do Feihoo e Galicia Bilingue é de nota,non só lava a mente dos pais senon que tamen quere facer o mesmo cos rapaces
O do Embustero é de nota,non só lava a mente dos pais senon que tamen quere facer o mesmo cos rapaces
xa che dixeron cen veces que lavar e meter man, o clero (moi amigo do PP, ata montan manifas xuntos). A ver, paréceche ben, pailanciño gañán?
resposta:
audi
Que pracer ten o goberno do Embustero en manexar as mentes dos cativos,coitados extremeños,durante vinte anos co psoe no goberno
Que gusto ten o goberno do Embustero en molestar ao pobres chiquillos na escola... coitados que non só os país ten que aturar ao Embustero senon que tamén os fillos
Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting