O Consello da Xunta de hoxe aprobaba a famosa tarxeta sanitaria para os emigrantes, unha das promesas estrela que Feijóo fixo hai un ano en sendos mitines electorais en Arxentina e Uruguai. "Prometo que todos os emigrantes terán tarxeta sanitaria aos tres meses se eu gaño as eleccións", dixo ao tempo que tamén se comprometía a non volver á Iberoamérica sen antes cumplir esta promesa. E a súa palabra cumpliuna a medias e con retraso, porque chega cinco meses despois do anunciado e porque viaxou a Bos Aires xusto despois das eleccións sen a tarxeta sanitaria debaixo do brazo tal e como xa contamos aquí, ainda que logo se tentou remendar o erro asegurando que era unha viaxe de agradecemento á emigración polo seu apoio.
Con todo, Feijóo chega a estes países coa satisfacción de poder presentarlles aos emigrantes unha demanda tan desexada como a tarxeta sanitaria, aínda que esta só serve para os que retornan a Galicia ou veñen aquí de vacacións. Algunhas asociacións agardaban que esta tarxeta tamén lles servira para prestar cobertura sanitaria nos seus países de acollida. Pero iso, polo momento, terá que agardar ao igual que o voto en urna, outra das promesas de Feijóo.
Feijóo reunirase con varios colectivos de emigrantes e terá a oportunidade de falar co gobernador de Bos Aires, Mauricio Macri. Finalmente, problemas de axenda e de sintonía política,evitaron un encontro cos máximos dirixentes do país, principalmente, coa súa presidenta. Tampouco en Uruguai ou Brasil terá entrevistas de Estado a pesar de que tanto Manuel Fraga como Emilio Pérez Touriño se entrevistaron cos presidentes destes tres países nas súas visitas a Sudamérica.
Moreda tamén en Arxentina
A viaxe de Feijóo servirá tamén para contrarrestar a que estes días realizou o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, que asinou varios acordos con entidades galegas en Arxentina por valor de 135.000 euros e en Uruguai por 33.000.
Un dos momentos máis emotivos da viaxe será a homenaxe que recibirá en Salvador de Baía, onde será nomeado "Cidadán Baiano". Precisamente, os organizadores do acto teñen mandado convite a GC. Desafortunadamente non poderemos estar alí para contalo in situ.
CONVITE
Os presidentes da Assembléia Legislativa do Estado da Bahia e da Câmara Municipal da Cidade do Salvador têm a honra de convidar V. Sª. para participar da Sessão Especial Conjunta de outorga dos títulos de Cidadão Baiano e Cidadão da Cidade do Salvador ao Senhor Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta da Galícia, proposta respectivamente pelo Deputado João Carlos Bacelar e pelo Vereador Alfredo Mangueira, a realizar-se no dia 03 de dezembro de 2009, quinta-feira, às 16:00, no Plenário do Palácio Deputado Luis Eduardo Magalhães.
Deputado Marcelo Nilo, Presidente da Assembléia
Vereador Alan Sanches, Presidente da Câmara
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O pp outra cousa non, pero pagar aos seus proprios piratas fachinerosos son os millores. Fodemos
O pp outra cousa non, pero pagar aos seus proprios piratas fachinerosos son os millores. Fodemos
O psoe o que é axudar aos españois nada pero o que é axudar aos piratas de altamar son os mellores,marchando 2,7 millóns de euros!
O pp outra cousa non, pero pagar aos seus proprios piratas fachinerosos son os millores. Fodemos
O pp gobernar non,pero pagar aos EMPRESARIOS GURTELL millóns de euros e deixar na estocada aos españois son os numeros un! FODEMOS
O psoe gobernar non,pero pagar aos piratas millóns de euros e deixar na estocada aos españois son os numeros un!
onde están os do PP o día da constitución? claro de ponte. vivan as vacacións, viva a responsabilidade
frijolito vai en bussiness (SIC o galego mal, o inglés tampouco) derrochando, pero os gilipollas coma anonimus non o saben, como tampouco o dos audis, derrochadores e gilipollas unidos nunhas mesmas siglas PP
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting