GC

O zambombazo

Toda vez que se liberou o Alakrana é hora de que o xenial Ibáñez se anime e faga un volume monográfico sobre a xestión do secuestro do buque vasco. Para escachar a rir. Esa ministra de Defensa que a fan desaparecer detrás do telón durante o proceso de negociación para que non se queime e reaparece ao final para saír ao escenario a figurar de novo, coa súa faciana de actriz pésima, con ese ton solemne e grave dos nenos que queren pasar por maiores. Esas fragatas-pantasma da Armada española que semellan pilotadas polo holandés errante...

Por Xurxo Ayán | Galicia | 02/12/2009

  • versión para imprimir

Eses espías españois da T.I.A. que non saben se as lanchas van ou veñen, esas versións oficiais do desconcerto. Eses rebezos membros da oposición rebosantes de sentido de Estado e de amor á Patria pero que seguen enzoufados na meirande das deslealdades. Eses tertulianos e esas tertulianas que non teñen nin idea e que chegan a apelar (xúrovos que o escoitei na radio) á falta de decencia duns piratas que xa perderon totalmente ese espírito romántico dos piratas do Caribe (sic).

Así e todo, nesta traxicomedia sobrancean dúas cuestións que poñen a pel de galiña. Dunha, esa imaxe presente en medios de comunicación e foros de Internet que deshumaniza os piratas somalíes, entregados a unha vesania salvaxe, como seres primitivos que mascan unha extrana sustancia verde, que desembarcan co rescate (pagado por tódolos españois) e se adican a casar, beber, fumar, e foder en festas continuadas de varios días coas súas noites. Que pensamos en Occidente? Que os piratas ían ir á biblioteca cando tomasen terra? Nalgunhas declaracións puidemos constatar a mentalidade neocolonial que se agocha detrás desta visión: a algunha xente lle incha a vea ca uns negros mortos de fame e que viven na venta do nardo pouco menos que con taparrabos se levanten millóns de euros diante dos nosos fuciños, á nosa costa e por riba os empreguen en vivi-la vida. Claro, eses son piratas.

Eses rapaces da ría de Arousa, desertores do arado, que se meten ao negocio do narcotráfico, que con 18 anos pilotan un BMW de luxo e se pulen os cartos en farlopa, sexo e rock’n’roll non son piratas, claro. A semellanza entre uns e outros radica na toma de conciencia clara de que xa pasou o tempo de traballar coma un negro para vivir coma un branco. A diferencia entre uns e outros estriba en que os colegas somalíes ven a BBC, Sky News e a CNN, saben de que vai o mundo occidental e teñen os seus propios referentes de prestixio, que non é outra cousa que a Modernidade. E a Modernidade ás veces consiste en guindar a un barco sacas inzadas de billetes dos grandes.

Un pequeno paseo polo corno de África serve para comprobar como os rapaces-piratas unicamente fan o que fan os rapaces-narcos de Arousa: ir ao diñeiro fácil, ir de malotes, de Cristianoronaldos e de vacilóns. Como corresponde. Os somalíes aprenden rápido do Primeiro Mundo. Cal é a reacción a esta realidade? A mesma que seica tivo o káiser galego cando lle informaron do desastre do Prestige: o que cómpre é mandar un zambombazo. Así se pronunciou hai escasos días o presidente do PP vasco, Antonio Basagoiti, cando afirmou que a solución para evitar novos secuestros era mandar un zambombazo e a tomar por saco. O mesmo recurso ao zambombazo que reivindica unha vez e outra tamén a ala dura de ETA. Que triste.

E os barcos  pesqueiros reconvertidos en verdadeiros piratas do mar, ametrallando e disparando aquí e acolá. Ao final, pasa o que acontece nas películas de piratas, que un xa non sabe quen son os bos e quen son os malos. Bueno si, os bos son eses mariñeiros que nunca se amotinan, que son enviados a un mar en guerra como carne de canón, seguindo aquela vella consigna galaica: bueno hom, malo será!.

Xurxo Ayán é arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC).http://neixon.blogspot.com/



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

Breogán

Alfonso Rojo, director de Periodista Digital e cruzado da "causa" nacional-católica dixit:

"Hay que bombardear Somalia y que (los somalíes) sirvan de alimento a los atunes".

Algúns farían calquera cousa con tal de engordar o suculento pescado que se cria nas augas do mar territorial somalí. O somalí non é só un país sen estado (iso dalle igual a occidente). O que interesa é que é un mar territorial sen estado (e moitos dos nosos piratas se frotan as mans).
Mágoa de que os piratas non fagan distincións entre os nosos mariñeiros honrados e os que non o son.


3

anónimo

Ben, bo artigo sr. Ayan, bo artigo.


2

Zeret y más allá

Cada día mejores tus post-coloniales. Realmente esto se hubiera arreglado si cuando estos piratas eran chavales sus madres les hubieran dado un collejón al posar como raperos malotes ante el objetivo de algún forastero blanco en busca de la imagen exótica. -¡Ponte bien, niño!-. Te empiezas descuadrando en la foto y acabas desestructurado por completo. Siempre ha sido necesaria una madre que te recuerde quien eres y de donde vienes. Con la descolonización la peste negra que siglos atrás asoló Europa proveniente de África cambio de color y les ha sido devuelta multiplicada, arrasando con identidades, culturas, creencias, valores. Quizás el problema de aquellos mares no son los piratas de allí, sino los de aquí.


1

anónimo

Moi bo artigo. Logo veñen estes rancios do PP a dicir que hai que meterlle un cañonazo a todo. Tamén pensarán que haberá que levar a legión a Mauritania para acabar con todos os mouros


Xurxo Ayán

Xurxo M. Ayán Vila (Lugo, 1976) é arqueólogo e investigador do CSIC.