Indecente é que o salario mínimo dun traballador sexa de 624 euros/mes e o dun deputado de 3.996, podendo chegar con dietas e demais incentivos a 6.500 euros/mes.
Indecente é comparar a xubilación dun deputado co dunha viuva.
Indecente é que un cidadán teña que cotizar 35 anos para percibir unha xubilación e os deputados lles chegue só con sete e que os membros do Goberno para cobrar a pensión máxima só necesiten xurar o cargo.
Indecente é que os deputados deste país sexan os únicos traballadores que están exentos de tributar un terzo do seu soldo do IRPF.
Indecente é que as señorías cando cesan no cargo teñan un colchón do 80 por cento do soldo durante 18 meses e que os ex ministros, ex secretarios do Estado e altos cargos cando cesan son os únicos cidadáns que poden legalmente percibir os salarios do Estado.
E poderíamos seguir ata o infinito, pero imos cun exemplo que seguro que nos soa:
O alcalde de Madrid paga polo seu coche blindado 591.624 euros ou o ex presidente da Xunta, un A8, 430.000 euros, cando o do presidente dos EE.UU, sae por 330.000 euros.
Ou que a banca, acreedora dos partidos políticos, amablemete lles pode condonar os intereses da débeda que teñan con eles, en contradición coa continua persecución dos españolitos de a pé.
Serafín Martínez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Non vin ao Feijoo apagar lumes el non o apagaría ,el pagaria un rescate por sair no AFOTO
Non vin ao Embustero xogar a Copa Davis... el non a xogaría,el pagaria un rescate por xogala
O de Coorupucións Obreiras ´´e de traca . asinan en Madrid o que asinaron , unha hipoteca opara todos/as ao traballadors publicos e decir unha unha merda de suba salarial e veñen aquí a vender MOTOS TRUCADAS.
Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting