No plano político, as iniciativas do BNG, nomeadamente a súa proposta de Lei de Caixas no Parlamento Galego, tornaron difícil a indefinición de Feijóo e disparatou aínda máis a incongruencia de Patxi Vázquez. De forma inesperada, o PP, após considerala primeiro improcedente, acabou aceitando a toma en consideración da iniciativa lexislativa do nacionalismo, para o seu debate urxente. A seguir, de forma protocolaria e intencionada, o Presidente da Xunta decidiu encabezar, aparentemente, a opción a prol dunha fusión de Caixa Galicia con Caixa Nova, como preferíbel á fusión con Caixas alleas, en nome precisamente de manter a sede aquí e de contar con poder financeiro galego. Intelixentemente comprendeu que, coa dialéctica política que se estaba a crear, unha posición de clara submisión ás fusións externas evidenciaría, de maneira grave por intelixíbel para un amplo sector social, as súas dependencias de deseños madrileños nocivos para Galiza. Esta traizón teríalle custos eleitorais, afondando xustamente na tese, consoante coa súa política lingüística, de que o PP é un partido anti-galego. Unha certa clarificación tardía e á forza ten chegado. Afortunadamente os sindicatos, coa súa clara opción a prol da fusión interna, coas lóxicas prevencións sobre o impacto laboral, cumpriron un papel louvábel. A verdade é que o enredo inicial se está agora mudando nun acoutado histerismo tráxico-cómico protagonizado polo inefábel Abel Caballero, empeñado en emular, cun noxento localismo viguista, o podre coruñesismo vazquista. Claro que, segundo oufano declara, ten a certeza de que o Goberno español se encargará, decreto-lei en man, de abortar unha solución galega. A fusión, que nunca poderá ser máis que un acordo entre iguais, contribuiría á conformación dunha consciencia galega por enriba dos penosos localismos que nos abafan
Hai un feito elocuente e contundente. A fusión interna non gosta nada a Mafo. Xa chamou discretamente a Raxoi, a quen tampouco gosta. Como non gosta nen a Rato, nen a Montoro, nen a Quintás e a moitos máis dos que andan no choio. Non gosta en Madrid, goberno incluído, que xa se expresou a través do emisario de Palas, antes, e ameaza cunha nova Lei de Caixas estatal, agora. Mais, por que só cabrea desta maneira a hipótese dunha fusión interna galega, mentres son toleradas, e mesmo impulsadas polo Banco de España, as andaluzas, cataláns ou castelán-leonesas? Cavilemos. Galiza non pode nen debe acreditar na súa potencialidade, incluída a que provén do seu aforro. Non debe reaxir en chave nacional. Debe seguir sendo colonia da Corte. É probábel que o PP galego estea a facer un paripé, unha simulación (intentámolo, pero non houbo maneira) para ficar absolto de responsabilidade; é posíbel que acabase por asumir unha fusión interna agora para favorecer a externa máis tarde. Algo comezaremos a detectar nas súas emendas á Lei de Caixas do BNG e no debates conseguintes. Porén, é positivo que, maioritariamente e no plano das ideas, perante fusións inevitábeis, se opte, desde o poder político polas internas como única forma de manter a sede aquí, contar con poder financeiro propio e polo ao servizo da nosa economía. Obxectivamente, unha confrontación coa centralización, a bancarización e a privatización que, á longa, se perseguen. Tamén é unha oportunidade para unha verdadeira democratización. Aproveitémola.
Dispoñámonos para a seguinte fase. Esta primeira xa non foi como eles a tiñan deseñado. O que queda por andar vai estar condicionado tamén pola nosa capacidade política, pola nosa consciencia colectiva. Foi Feixóo quen se tivo que aproximar á posición do BNG, enunciada con clareza, após debate interno non exento de dificultades, desde hai tempo polo noso portavoz Guillerme Vázquez. Seguramente non perseguimos o mesmo obxectivo final. Mais só a fusión interna permitiranos dar as seguintes batallas, práticas, non só ideolóxicas, desde as institucións políticas e desde a sociedade galega a prol da necesidade de contar con entidades de crédito de nós.
Francisco Rodríguez é membro da Executiva do BNG e secretario xeral da UPG. O seu blog aqui.
Francisco Rodríguez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Pra o comentario 8, marusía leva acento no í, e por favor non uses o alcume de outra persoa, non hai que caer tan baixo, boa tarde
Nota informativa do 12 de NOVEMBRO de 2009 de AEDRU.org, Agrupación Estradense para a Defensa do Rural e do Urbano.
A SANTA XUNTA , non è tan SANTA
HOXE E UN DIA HISTORICO NO DEVENIR DA ESTRADA.
Acabouse un tempo de paralisis. O TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) dou a razon aos cidadans que plantexamos un contencioso contra as NORMAS TRANSITORIAS impostas polo PP.
Cabe recordar que a Lei do Solo imposta polo PP ten a Galicia nun estado calamitoso pois coa norma na man, 276 concellos sin planeamento ou que non o adaptaron ao marco da Lei 9/2002 imposta polo PARTIDO POPULAR están fora de la ley. TODO UN FRACASO. Tan solo 39 concellos estan adaptados a Lei do Solo , frente a 276 que non o estan.
Para que fixeron esta Lei? ? Esta feita contra os cidadans galegos? ?porque pretenden que nos adaptemos a unha Lei que non sirve para nada?
Aspectos desta Lei referidos ao AXENTE URBANIZADOR, foron denunciados no 2007 pola Comision Europea ante o Tribunal de Xustiza de Luxemburgo.
Os máis de 32.000 millons de euros que España recibirá hasta o 2013 da UE en Fondos Estructurales están en peligro pola "corrupción urbanística", ea "parcialidad da xustiza", la "inseguridade xurídica" e os ataques públicos a dereito de propiedade.A Eurocámara ""pide a las autoridades españolas que se deroguen todas las figuras legales que favorecen la especulación, tales como el agente urbanizador"..
O informe AUKEN, da UNION EUROPEA do 2009, eloxia tamén a actividade dos peticionarios, as suas asociacions e as asociacions comunitarias locais, que engloban a decenas de miles de cidadans españoles e non españoles, quenes chamaron a atención do Parlamento Europeo sobre estos asuntos, e que foron esenciais para garantir os dereitos fundamentais dos seus vecinos e de todos os afectados por este inxente e complexo problema.
Pode consultarse na nosa web www.aedru.org.
A clase politica deberia deixarse de "cachondeos" e dedicarse a servir ao pobo, facendo unha lei que o servise, e no que servise a oscuros intereses.
O concello da Estrada e o mais grande de Espana e polo tanto moi afectado. Os cidadans pagamoslle aos politicos para que xestionen ben, e non para que se durman ou vaian en contra dos cidadans.
Esta Lei solo trouxo conflictos e impideu o desenrolo do pais.
Senores politicos. Sexan serios e ocupen o seu tempo en poner os medios necesarios para que as leis non vaian en contra dos cidadans e lles fagan pasar as vidas nos tribunais.
A nosa Asociacion veuse na obriga de denunciar as NORMAS TRANSITORIAS (polos caprichos urbanisticos, irregularidades e ilegalidades a que sometian ao estradenses) que impuxo PARTIDO POPULAR da ESTRADA encabezado polo FALSO CIDADAN Reboredo, actual asesor do senor Vilarino, e que agora pretenden ir de salvadores do urbanismo, despois de presentar ante a Xunta un Plan imaxinario que sonaban con 100 campos de futbol de zonas verdes para 150,000 habitantes que loxicamente non foi aprobado. ?que pretendian? Cantos pelotazos urbanisticos tinan na man?
A SANTA XUNTA non e tan SANTA, e agora veuse a demostrar cando o TSXG (Tribunal superior de Xustiza de Galicia) dou a razon aos cidadans que presentamos un contencioso para reinvindicar a legalidade da que pretendia pasar.
Todas as actuacions que estan a facer non son outra cousa que unha venganza contra AEDRU, pois foi este o que lle desbaratou as suas imaxinarias e ilegais propostas que pretendian imponer aos estradenses. ?Que vai a decir agora o FALSO CIDADAN RREBOREDO e o signore VILARINO?
?Quen atacou ao rural, imponendo unha LEI do SOLO que o asasina? Non poden vir agora de MESIAS de NADAL despois de haber sido eles os causantes desta situacion. A nosa ASOCIACION ten claro que a LEI do SOLO hai que refacela de novo e non con parches como agora se pretende, volvendo a remodelar apartados da Lei que o mesmo Feijoo remodelou cando era Conselleiro de Politica Territorial. O rural ten que ser atendido como debe, e a clase politica non pode mirar para outra parte como fixo ata o de agora. ?PORQUE NON FAN UNHA LEI CON SENTIDO e PARA OS CIDADANS?
O PARTIDO POPULAR de A ESTRADA o que estivo facendo na sua campana anti PXOM foi utilizar ao pobo estradense con mentiras (como por exemplo, decindo que o centro da ESTRADA era rural, cando sempre foi SOLO URBANIZABLE) para ensuciar e confundir aos cidadans. Eles foron os que deron o PELOTAZO URBANISTICO ao abrir as RUAS para que os estradenses os votasen, cousa que asi foi, pero que o unico que trouxeron foi porqueria urbanistica e problemas de indole moi grave para todo o pobo, durante os seus 16 anos de goberno.
A XUSTIZA, da a razon aos cidadans, e por eso o PARTIDO POPULAR non pode apoiarse en informes que pretenden estar dacordo coa Lei, e facer que os cidadans tenan que ir a Xustiza a reclamar os seus dereitos. ESO E IR CONTRA O POBO. Recapaciten signores do PARTIDO POPULAR, con artimanas non an a ninguna parte, polo menos aqui na ESTRADA.
No caso de que o PP de A Estrada siga actuando de maneira tan inombrable e rastreira a nosa Asociacion verase na obriga de denuncialo sempre que asi actue.
Paco, por qué puxechedes á Montse que estaba de celadora do Sergas coma directora provincial de industria e agora no Consello da Rtvg a 7000 euracos mes?
Ao podré coruñesismo vazquista santificado no santuario protestante de Sabón,polo mais insigne defensor da patria galega non tiveches tí, zarzuelas, reparos en enviar un "propio".
Como pode un criticar o localismo, quen por defender o chiringo do que leva mamando toda a sua vida, non ten vergoña de aliarse cos maiores enemigos de Galicia, a cambio de calumniar e denigrar a membros do teu partido que teñen mais visión de pais que tí
El secretario de CIG Banca, Clodomiro Montero, afirmó que las prejubilaciones no cubrirían el total de pérdida de empleos que estima que se produciría con una fusión de las dos cajas gallegas -sus cálculos son de 1.500 puestos de trabajo- y advirtió de que no admitirá "un sólo despido en Caixa Galicia o Caixanova que venga dado" por una operación de integración de ambas entidades. Así lo expuso en una rueda de prensa, en la que manifestó su oposición tanto a una fusión con cajas de fuera de Galicia como entre Caixa Galicia y Caixanova y reclamó a la Xunta que lidere una postura de "consenso". Reprochó al Gobierno gallego que haya tenido contactos con los empresarios pero no con los sindicatos, que tienen representación en los órganos de dirección.
La central sindical apostó por mantener las dos entidades y, en cualquier caso, se mostró "claramente en contra" de un proceso de absorción de cualquiera de las cajas gallegas por parte de otra de fuera. La CIG es contraria a una unión entre Caixa Galicia y Caixanova, argumentó Montero, porque es "una concentración de poder político y económico" que tiene "impacto sobre el empleo y la cohesión social". Censuró también la vía de las prejubilaciones, que calificó de "opción blanda". En este sentido, defendió su "independencia y autonomía" respecto al BNG, que se posiciona a favor de una fusión entre las entidades para preservar su galleguidad, y apuntó que la formación frentista "no tiene los mismos datos sobre empleo" que el sindicato.
http://www.galiciadigital.com/notic...
e ao da CIG de opoñerse á fusión e despóis defendéla, chámaselle tamén indefinición, PACORRO?
Foi deputado no Parlamento Galego e no Congreso. Actualmente é membro da Executiva do BNG e secretario nacional da UPG.Os artigos están tirados do seu blogue persoal retrincosemanal
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting