GC

De zombis e outras agonías

Despois de todo o que lle caeu enriba ao PP, calquera outro partido estaría politicamente morto. No Comité Executivo do 3 de novembro, Rajoy tirou das sondaxes e das boas perspectivas electorais para dar vida a un partido suicidado polas retesías internas e rotundamente desacreditado pola couza da corrupción...

Por Manuel M. Barreiro | Galicia | 11/12/2009

  • versión para imprimir

 

Rajoy recorreu ás artes do vudú demoscópico para termar do Partido Popular como un auténtico morto vivente. No seu responso, o presidente do Partido Popular afirmou que «a pesar dos moitos pesares, estamos claramente por enriba do PSOE [...] Somos o partido con máis intención de voto de toda España...»

A pesar dos seus moitos pesares, o PP comportábase como un partido zombi capaz de manter a súa escalada electoral sen encaixar custes polas trangalladas de Gürtel, as desobediencias dos seus baróns ou a guerra intestina polo control de Caja Madrid. Mesmo reducido ás súas funcións básicas ­-erosionar ao goberno do PSOE e liderar todos os malestares, imaxinarios e reais-, o PP mantiña o seu avance triunfal cara á Moncloa.

Daquela os expertos fixeron saber que os efectos da corrupción política sobre os apoios electorais dos partidos afectados adoitan ser retardados e indirectos, os descontos son ao medio prazo e confírmanse como fugas á abstención e non como transferencia de lealdade cara outras opcións. Con todo, algunhas sondaxes evidencian xa a perda de folgos do PP, a última de Público rexistra o desbaldo da avantaxe (que foi de cinco puntos) que o Partido Popular lle ganaba ao PSOE en outubro.

De confirmase esta tendencia, o balance de forzas retornará á situación de empate técnico do verán. En Ferraz estarán máis tranquilos pero non hai  motivos para alegrías: o voto declarado ao PSOE está entalado e non hai garantías de que a xestión gobernamental se traduza en medras electorais inmediatas.

O paquete de medidas anticrise de Zapatero-Salgado non é quen de reverter a recuada económica; amais o goberno encara os asuntos críticos con graves erros de coordinación e falta de resolución (Alakrana, caso Haider...), a súa iniciativa cedeu ao esperar e ver (Estatut...), cada nova medida estrela (Reforma fiscal, Lei de Economía Sustentábel...) tórnase nun «quero e non podo»; e a política de valores e novos dereitos (Lei do aborto...) distrae e só vale para evidenciar o oportunismo fundamentalista do PP.

A ala optimista do PSOE confía no «semestre europeo» e engordar o  currículo de Zapatero como estadista internacional. É improbábel que a «presidencia española» poida exercerse de xeito caseiro; isto é, priorizando políticas que reporten beneficios domésticos sensíbeis no Reino de España; Francia, Italia e Alemaña non están por consentir políticas de favor, as súas prioridades son outras.

A agonía do PSOE avivécese pero non só por perder posicións diante do Partido Popular, senón por fracasar respecto do segundo partido máis importante na esquerda: o Partido da Abstención. O continxente progresista que recunca no abandono electoral non mingua. É por iso que a ala pesimista remoe teimosamente en que a única estratexia para gañar pasa por poñer aos abstencionistas de esquerda ao bordo do abismo: facer coincidir eleccións xerais, municipais e autonómicas en 2011, unha aposta de todo ou nada.

Será máis que unha confrontación electoral, elixirase entre cambio ou continuidade no réxime de gobernabilidade do Estado: na mesma tirada decidiríase o  poder local, autonómico e estatal. Unha aposta forte que os estrategos do bordo do abismo consideran imprescindíbel para sacar aos abstencionistas de casa e explotar o voto útil tirando do medo como seu principal catalizador. No laboratorio de estratexias lémbranlles que os experimentos facelos mellor con gasosas. Eles retrucan, non sen razón, que levan noves meses experimentando con gasosas e que non queda outra: gañalo ou perdelo todo. Os abstencionistas que elixan e, despois, rían ou choren.

Manuel M. Barreiro  é historiador e analista político, mantedor do blog De paso



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 13

    anonimo

    Neste caso, o noso TROLL anonimus obséquianos con tres intervencións


    12

    superproper

    Pois tamén somos moitos os que acreditamos daqueles que traballaron no "gabinete" de Quintana, sempre terán mais credibilidade que aqueles outros como Feijoo que teñen moito que explicar sobre a sua implicación e financiación de eleccións através do Gürtel.


    11

    anonimus

    Pra zombi tontiño,que onte na entrevista do país ainda sentiase coma presidente.coitado


    10

    Xunqueira

    A ver, alguén pode aclarar este malentendido, que funcións tiña ou deixaba de ter este home no bipartito, se as tivo?


    9

    alberto

    ...e zombi semella Manolo Barreiro na foto...que lla cambien pls! ;-)
    por certo para algún mal informado..iste home non substituí a Losada...Losada nunca foi xefe de gabinete do vicepresidente, foi outras moitas cousas...incompetente, bocazas, abusador, chupacámara... etc nada que ver con Manolo Barreiro, alguén que traballóu na sombra polo que creía, non polo que cobraba, como moitos outros...at least imho ;-)


    8

    Celedonio

    O artigo vai de zombis, ou sexa que lle ven ao anonimus coma un anel


    7

    anónimo

    ankawa, anonimus, ankawa!


    6

    anonimus

    a culpa e do CIS por dicir días atras do 1M que tontiño ia gobernar sen ataduras


    5

    rúa varsovia

    A ver, eu NON entendo como este home (que foi asesor e xefe de gabiente de Quintana e substituíu a Antón Losada) veña a dar leccións de nada. Non é que non estea de acordo con esta ou aquela cousa (en xeral cousas moi de caixón) é que aquí hai unha serie de responsables do que pasou, de inacción frente á que estaba caendo e Barreiro é un deses actores principais que despois de estrepitosos fracasos de estratexia e de acción concreta continuan indo de "expertos". Pois non home, non. Houbo moita militancia e simpatizantes que querían que a política interna e externa do gabinete de Quintana cambiase, fose máis ousada e menos complacente cos que despois nos deron por saco. Isto entre outros exemplos. Houbo moita xente que falou isto con Quintana, con Barreiro...Pois nada, nin caso, nin caso. Ponderación. Ponderación, dicían, que nós sabemos. Pois tremenda hostia que nos levamos con estes "expertos".


    4

    anónimo

    Esa é a cuestión, hai que ser ovella, enriba do seu post ten unha


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Últimas de Manuel M. Barreiro

    Manuel M. Barreiro

    Manuel M. Barreiro é historiador e analista político. Autor do blog De Paso blog