Máis BNG cumpre a maioría de idade sen a tutelaxe de Quintana

O colectivo Máis BNG celebra este sábado a súa Asamblea Constituínte como colectivo político organizado. O liderazgo inicial de Quintana ten sido substituído paulatinamente por Carlos Aymerich, que será o futuro dirixente desta nova formación…

Por Manuel Pérez | Santiago | 19/11/2009

  • versión para imprimir

 

Máis BNG nace como unha unión de diferentes grupos políticos e independentes do Bloque e pretende conformar unha plataforma alternativa ao dominio que ata agora exerceu a UPG dentro da formación frontista. O seu líder será Carlos Aymerich, quen nos últimos días está tendo unha frenética actividade para completar o organigrama deste novo grupo.
Segundo puido saber GC, a Comisión Permanente podería contar con entre 15 e 20 membros e dela formarían parte os integrantes de Máis BNG na Executiva -Teresa Táboas, Ana Luisa Bouza, María Méndez, Xoan Carlos Báscuas, Manuel Antelo e María Méndez) ademais de dirixentes doutros colectivos do BNG como Iago Tabarés, do PNG-PG; Suso Veiga, de Inzar; Xosé Chorén, de EN ou Quico Paz Antón, de Espazo Socialista Galego. Ademais, Máis BNG tamén se dotará dun órgano semellante ao do Consello Nacional do BNG –aínda ten que fixarse o nome-, que constará de preto de 50 membros. Nestes órganos executivos teranse moi en conta as cuotas paritarias e as cuotas territorias.

Quintana


Precisamente, unhas das grandes  incognitas é coñecer o papel de Quintana nesta nova formación. O ex vicepresidente da Xunta podería formar parte dun dos seus órganos directivos ou ter un cargo similar ao que no seu día ocupou Beiras cando foi presidente do Consello Nacional. En todo caso, as fontes consultadas apuntan que Quintana non tutelará a nova formación e que o seu papel será representativo.

O ex voceiro nacional do BNG xa hai algún tempo que non ten o mando sobre o que no seu día se deu en chamar “quintanistas” ou “quinistas”, e que hoxe pretende conformarse como un grupo sen ataduras ao pasado. Máis BNG é un grupo moi heteroxeneo e nos últimos meses tivo debates moi vivos xa que un grupo apostaba pola súa saída do BNG e o outro por dar a batalla interna.

Máis BNG agarda congregar a preto de 500 afiliados. A cita será este sábado na Facultade de Económicas de Santiago e ao evento só está convidado o BNG como organización politica. Nesta ocasión e, contrariamente o que acontece nas distintas asambleas dos colectivos do BNG, non estarán nin a UPG, nin o Encontro Irmandiño, nin o MGS.

Aquí tes o documento político, aquí o regulamento e aquí os estatutos.

 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Acto de Máis BNG