O extremo Jonathan Aspas, o centrocampista Emilio Viqueira e o dianteiro Roberto Losada lamentan non poder vestir as cores da selección galega e din sentirse “apenados” por unha decisión que “é política” e non deportiva.
Aspas, actualmente no Excelsior Mouscron da Jupiler League de Bélgica, e un dos históricos da selección galega, afirma, en declaracións a Galicia Confidencial, que os catro partidos disputados ata o momento polo combinado galego –contra Uruguai, Ecuador, Camerún e Irán-- foron “unha cousa moi boa” e “sempre houbo espectáculo”.
Un "escaparate" para o mundo
Lembra que Galicia ainda está “imbatida” e que conta con xogadores de calidade, “xogadores diferentes e importantes”. Por iso, cre que xogar na selección galega é un “escaparate” co que darse a coñecer no resto de España e do mundo.
Tamén o extremo Viqueira, que actualmente milita no Xerez, destaca o sentido de equipo dos xogadores galegos. “É un motivo bonito para xuntarnos todos e para vestir a camiseta galega”, apunta. “Ademais é un xeito de vender Galicia”, agrega.
No mesmo sentido expresase o dianteiro Robero Losada, que xoga no Lugo, quen destaca o bo ambiente entre os xogadores. “Faciamos piña e estabamos moi relacionados. Xogar servía para vernos todos e para xogar pola nosa selección. Era, ademais, unha festa”, engade.
Por iso, asegura sentirse triste por non disputar este ano o partido. “É unha pena moi grande porque ata agora todos estabamos moi contentos de como nos estaban indo as cousas”, afirma. “Ademais a afección estaba contenta con nós”. Tamén insiste na proxección internacional de Galicia e dos seus xogadores. “É moi bonito xogar con Galicia, que nos coñezan fora e que somos galegos”.
A Federación Galega, desaparecida
Os tres consultados insisten en que en ningún momento foron informados pola Federación Galega ou pola Secretaría Xeral para o Deporte da cancelación do partido. O propio Aspas foi informado por Galicia Confidencial desta situación. “Eu estou en Suiza e ninguén me dixo nada. É unha pena porque estes días estaba a seguir á Selección Galega de Afecionados e vin que estabamos facendo un bo papel”.
Por iso, di que neste tipo de situacións, os xogadores sempre están nun “segundo plano”. “Hai que saber separar a política. Cando un defende Galicia non ten que ver a política”, engade. Tamén Losada asegura que ninguén o chamou para explicarlle porque non se xoga. “Eu falei con Oubiña sobre o tema e el tampouco sabe nada”.
E é que os xogadores galegos están preocupados porque este ano non se celebre o partido. “Agora xa non depende de nós. Teremos que agardar na casa”, afirma Viqueira. “A ver se se amaña isto e podemos xogar de novo”, sentencia animado Losada.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Cantas contradicións e MENTIRAS no teu comentario emilio, eu fun contra Ecuador e había moito máis de 8500 -así de redondo, non?-, coma ben dis son "4 inútiles" os que rompen os contenedores e non 8.500, que según ti foron. Nin de coña costou o que ti dis, e o de que regalan as entradas pode ser que sea verdade máis eu intentei ir pagando a san lázaro no debut fronte a Uruguai -por certo cheo a rebentar, 14000 en compostela- e non houbo xeito, esgotadas con moita antelación. Eu coñezo xente que foi a riazor a ollar a españa e non foi ó fútbol na súa vida, cómo se chama iso?? españolismo, vale...por qué non un pouco de galeguismo na Galicia?? tamén o merece e por módico precio. Viva Galicia, non ó pensamento túzaro!!
Xoan: se ve que eres dos que se tragan só que que edita La Voz (con L), porque se abriras ma´si os ollos verías que no palco de San Lázaro, o día do debut contra Uruguay, ó lado meu estaba Baltar fillo...e este señor, ilumínanos, é de Galiza Nova ou do BNG? sae da casa, viaxa, que che fai falta.
Os partidos da irmandiña estaban esponsorizados e o feito de eliminalos nada ten que ver cun problema de diñeiro, senón que van na liña de aniquilar todo aquelo que nos faga vivir como galegos e de que nos sintamos orgulloso de selo. Na tvg a irmadiña foi vista por centos de miles de galegos
Di que si Emilin...O dos 350 millóns non o cres nin ti. Postos a gastarnos o diñeiro mellor gastarse os cartos na española, verdade?? Os xogadores da española, lévanse crú SOAMENTES en primas 900 millóns ó ano. E iso sen gañar nada. Por suposto, non se inclúe desprazamentos, estancias, publicidade..... Ah..e soamentes de fútbol. Espero a túa crítica a este despilfarro. A José, de ficticia non rapaz. Ou non viches que se xogaron 4 partidos? E date por contestado co do Emilio.
Pues que paguen ellos los partidos, junto con los de Galiza Nova y los políticos del BNG que eran los únicos que perdían el tiempo viéndolos
Que asco de goberno, de ideoloxia politica pechada e partidista, que mal ven que a xente distrute dun partido de futbol, ainda que ardan un par de basureiros, o fin e o cabo, deixan que os madrilenhos venhan a xogar a riazor, pero os Galegos non poden disfrutar dos seus propios campos de futbol.....
os pepeiros españoleiros e antigalegos, queren exterminar todo o que teña que ver con galicia, son os (xenocídas de galicia) e que nos expolien dende madrid como a eles lles gusta. Habia que xulgalos por traidores...
E co número 10 ás costas, defendo a camisola galega, na extrema dereita...: Alberto Nuñez Feijoo!!
Queridos todos: Sres.deixemonos de mentir e digamos a pura realidade. Quen fixo a consulta sobre O Galego nas escolas públicas,o Nacionalismo non,pero si os Sres.do PP de Feijóo. Si vamos quitando cousas que identifican a un pobo (selección de futbol,non poder defenderte no teu idioma de nacemento nos xuzgados,non poder facer obrigatorio o galego para os funcionarios da administración etc...),¿que nos queda?.Si soio falta que nos quiten as gaitas,coa súa Muiñeira.Defendamos a Cultura,Lingua,e demáis signos da nosa identidade,poís somos diferentes dentro dun mesmo país.
Jose, según lo que dices, entonces habría que eliminar la selección española. Pienso que la selección Gallega sería una buena cosa como referente de la gente de base, tendría que estar como en Irlanda o en Escocia, asi los jóvenes podrian optar a jugar partidos internacionales, y su nivel de juego aumentaría.
Presentación selección de fútbol/ Autor: futgal
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting