Esta parece a solución, porque nos últimos 30 anos, dende a recuperación da democracia, nada se reformou máis que o mercado de traballo. Practicamente sempre impostos polos gobernos, ben sexa co apoio de empresarios ou ben con acordo cos diferentes sindicatos. Pero as diferentes reformas estruturais da economía, reducidas a propostas de ámbito laboral, levan sempre aparelladas algo en común: reducir os dereitos dos traballadores.
O mercado de traballo en España é enormemente flexible na entrada, firmando millóns de contratos ano tras ano; pero, tamén é na saída, porque a rescisión da relación laboral é moi fácil, sobre todo naquelas persoas que están sometidas a contratos temporais…e senón solo temos que mirar ao noso carón, amigos ou familiares que aos 6 ou 12 meses aos mandannos á rúa. E tamén están ahí as estadísticas oficiais, demostrando o peso que ten a contratación temporal en España, duplicando a media dos países da Unión Europea.
E a nova receta da patronal parece seguir polo mesmo camiño, reducindo os dereitos laborais, abaratando as indemnizacións e reducir as cotizacións a Seguridade Social. Se os empresarios e Goberno siguen facendo iso, ben cedo terán en contra a clase obreira, porque non é aceptable socialmente nin eficiente que os traballadores paguen os custes da crise na que nos meteron os empresarios especuladores.
Para unha reactivación da economía debe cambiar o camiño, cunha modificación do modelo e maior protección das persoas. Debe cambiar a cultura empresarial, pero por encima de todo e como base fundamental para saír deste “atasco”, tanto sindicatos, empresarios coma Goberno deben chegar a acordos conxuntos, e que o diálogo social sexa o instrumento fundamental para chegar a bo porto.
Serafín Martínez
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Fagan caso omiso os leitores e leitoras do correo deste troll chamado "alberto". Ademáis de excelente ciclista, Serafín é un home coa cabeza ben amoblada, como demostra a súa opinión sobre este asunto. E si, é diplomado en dirección de empresas, e máis títulos académicos tería de non dedicarse ao 110 % ao deporte profisional máis duro, o ciclismo. Animo Sera, que fai moito frio para entrenar. Unha aperta e benvido ao clube dos insultados por internet.
"diplomado en Dirección de Empresas" ...donde obtiveches ese "titulo"? semella un dos que ten colgados Armando Blanco na súa tortillería de Cacheiras. :-)
Integrante do equipo ciclista Xacobeo e diplomado en Dirección de Empresas. No seu palmarés figura xa como gañador da xeral Sprins Solidarios da Volta España 2009, gañador da Xeral da montaña Volta Burgos 2009, gañador dos sprins especiais da Clásica Almeria 2009, 9 días líder da montaña da Volta España 2007 e 3 participacións na Volta España e 1 Giro de Italia.
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting