Non cambiamos de filosofía, cambiamos a roupa. Xa hai tempo que se viñan facendo necesarias novas ferramentas e novas seccións, así como certa profesionalización dos seus contidos. O vello formato encorsetaba as necesidades informativas e o progresivo aumento da audiencia --andamos polos 2.000 lectores diarios-- facía necesaria unha renovación.
Non queremos ser pretenciosos. Coñecemos as nosas limitacións. Sabemos dos problemas aos que nos enfrontamos. Os que nos seguides habitualmente sabedes que durante estes últimos seis anos tentamos informar de todo e de todos, sen importarnos ideoloxías ou correntes políticas. Fomos críticos con Fraga, continuamos no bipartito e mantemos o mesmo espírito co Goberno de Núñez Feijóo. A nosa visión da actualidade, aínda que crítica, pretende ser constructiva. Non queremos destruir, senón construir unha mellor sociedade, e a única arma que temos é a información.
Nesta nova etapa tamén queremos abrir portas, queremos demostrar que a sociedade e os movementos civís de todas as tendencias, ademais das formacións políticas, tamén teñen voz. GC sempre será unha fiestra aberta a todos, a Galicia e ao mundo. Por iso, ampliamos o abano de colaboradores. Ademais de políticos, haberá xente da cultura, da comunicación, do deporte ou dos movementos sociais. Abrimos tamén novos espazos á información local, a máis próxima a nós e a que mellor coñecemos, e queremos potenciar a participación do lector a través dos foros e das redes sociais.
Este é o novo GC, o de sempre ainda que mellor vestido. Tentaremos seguir facendo o mesmo traballo, evitando erros, que tamén os temos, e agardando poder contar con vós. ADIANTE...
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
este que bautizase anxo pasa de parvo,tal é o caso de que escribe todo castelan menos o seu nome(o cal non creo que na casa chamen por por él con tal nome)
Había que cambiar, ya nadie os hace caso, los bazarras, los lois y los demás sinvergüenzas ya están out vosotros habréis notado que ya no es lo mismo, ya no sois nadie, perdón, nada
Moita sorte a todos os que facedes posible Galicia Confidencial nesta nova etapa que iniciades. Aí estaremos para escoitar o que nos teñades que contar...
Parabéns desde Lisboa polo novo impulso...Medios coma o voso son agora mais necesarios que nunca...encantame o novo formato, só unha pega, boto en falta no menú o apartado de "comunicacion", o cal era do mais frecuentado e comentado polos lectores. Moita sorte
Enhorabuena por el diseño, suerte y mucho ánimo para el futuro. Sigue como hasta ahora, que es el buen camino
Xornalista. Traballou en prensa, radio, televisión, gabinetes de prensa, axencias de noticias e Internet. Participou en varios proxectos de xornalismo electrónico. É o coordinador de GC
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com