A crise está facendo estragos entre os deportistas galegos, ou polo menos, esa é a excusa que está poñendo a Xunta para reducir as axudas ou para non celebrar eventos deportivos, como o partido da selección galega de Futbol.
A Fundación Galega para o Deporte excluíu das axudas desta ano a un importante número de deportistas de élite. Así, o regastista Carlos Paz Blanco, que foi Campeón de España de Platú 25, non obtivo subvención este ano, fronte aos 9.000 euros que percibiu en 2008. Tampouco recibe nada o piloto Celso Míguez, líder da European F-3 Open, que pasa de 14.711 euros en 2008 a nada en 2009 -- unhas axudas que conserva, sen embargo, o piloto José Luis Abadín Iglesias, con case 14.000 euros--.
Medallistas olímpicos
Na mesma situación está Fernando Echevarri, ouro en Pekín na modilade de Tornado, que pasa de 13.174 a nada ou o campión en triatlón, Francisco Javier gómez Noya, que obtivo 18.663 euros o pasado ano. Tamén Eva Castro, 3ª na copa do Mundo de 4X, terceira no Campionato de Europa e 9 veces campiona de España, queda sen nada logo de recibir 12.000 euros os tres últimos anos.
Os recortes tamén chegan a outros deportistas de élite coma Carlos Pérez Rial, Perucho, medalla de ouro en Pekín e no campeonato europeo, que pasa de 4. 655 a 4.131 euros.ou o regatista Roberto Bermúdez de Castro que pasa de case 13.000 euros a 5.143.
Asociacións deportivas
No lado oposto atopanse asociacións deportivas que durante o bipartito non recibiron nada ou cantidades pequenas e que neste exercicio incrementan notablemente a súa subvención. É o caso do Club AMFIV de baloncesto, presidido por Pablo Beiro, quen foi varias veces nas listas do PP, e que recibiu 2.750 no 2007, nada no 2008 e 22.201 euros este ano.
Tamén Logística del Deporte, la Cultura y el Ocio SL de Lugo, que non recibe nada en 2008 dispón en 2009 de 21.358 euros. Esta é unha empresa adicada á "organización y gestión de eventos, de ocio, deportivas, bienestar social, culturales y organización de pruebas deportivas y eventos en general". O Club Marítimo Deportivo San Martiño, do Grove, que non conta con páxina web, tampouco recibiu nada nin en 2007, nin en 2008, e este ano obtén 16.802 euros.
Outras entidades deportivas tamén aumentan as súas subvencións como o Real Club Nautico da Coruña, que pasa de 5.416 a 17.143 euros ou a Escudería Automobilística Ferrol ou a Escudería Ourense que pasan de 14.931 de 2007 a 15.416 de 2008 e a 15.456 euros en 2009, respectivamente.
Pola súa banda, a outras asociación de recoñecido prestixio reduceselle, aínda que pouco, a subvención como é o caso do Clube Naútico Castrelo de Miño, que pasou de 8.000 euros en 2007, a máis de 17.273 en 2008 e a 16.500 en 2009. Este clube organiza a Copa da Xuventude de remo en 2012. Tamén se lle reduce 100 euros as axudas a S.D. Tirán, campión de Galicia de traineiras, pasando de 16.395 a 16.300 euros.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
a ver xurxo, o problema agora cal é? cando dan porque dan sen control a FEDERACIONS(non a un restaurante amigo de allariz), cando non dan porque non dan, cando dan os que non recibiron nada o ano anterior tamen mal. eu creo que coma ti non repartiria ninguén, é iso, non si...? Por favor sigo requerindo un pouco mais de profundidade e fundamento nas vosas noticias.
Das que nos librou Feijóo o 1M... menos mal que xa non están na Xunta os psdg e os consortes do bng.mil millóns de grazas
"deportistas" é um Objecto Directo no titular, polo que nom leva preposiçom "a". Isto é assim em todas as gramáticas galegas- "A Xunta marxina os deportistas galegos" seria o cabeçalho correcto-
Feijóo odia GALICIA profundamente. Non soporta ser galego nen soporta aos galegos. Danlle noxo profundo. Non pode evitar atacar todo o que representa Galicia. A súa ira é incendiaria. ¿Qué mal lle fixemos nós a este señor?, ¿Qué culpa lle temos?. Ao señor Feijóo non lle chega con sembrar a desolación no seu entorno inmediato e agora lánzase contra Galicia. ¿Cal é o seu verdadeiro problema?, ¿De onde lle sae tanto odio?, ¿Qué teme?. Cálmese señor Feijóo.
Supongo que es logico primr sociedades sobre personas fisicas. Total, estos ultimos solo paseaban el palmito por competiciones internacionales y/u olimpicas...
José Ramón Lete, secretario xeral para o deporte/ AUTOR: fmciclismo
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting