Hoxe o fácil sería arremeter contra o PP e contra o seu proceso sucesorio na provincia de Ourense, pero non o quero facer. Os partidos políticos e as persoas que están o fronte delas teñen uns ciclos, e estes días en Ourense estamos asistindo ó final dun ciclo.
De José Luis Baltar poderanse dicir moitas cousas. Algúns falarán máis ben que mal del, e outros máis mal que ben. Pero case ninguén quedará sen opinar porque o Presidente do PP de Ourense marcou unha época polo seu xeito de ser e de gobernar.
Non vou ser eu quen se posicione sobre si me gusta máis José Lui Baltar, o seu fillo o candidato do sector do birrete que estes días sairá a luz, eu só quero poñer o foco en todo este proceso, que non só afecta o PP senón a todas e todos os ourensáns.
Baltar estivo xogando ó despiste dicindo que todos o querían a el, para deste xeito tardar máis tempo en aclarar o camiño e protexer o seu vástago. Rogelio Martínez (cabeza visible do sector do birrete), inimigo íntimo de Baltar actuou estes días sendo o altofalante de Feijóo para primeiro pedir unha xestora para levar o congreso (non se fían dos da boina), logo dixo que eles ían presentar candidato contra José Manuel Baltar, logo asegurou que apoiaba a Baltar pai (canto lle tivo que custar ter que dicir esto), e mañá a saber o que dirá.
Núñez Feijóo non quere que se presente o fillo de Baltar porque sabe que ten moitas posibilidades de gañar, grazas a seu pai, e para elo empregou estes días todas as armas o seu alcance para que continuase Baltar pai, como mal menor. Ata forzou a Rajoy a que chamase a Baltar pai para convencelo de seguir á fronte.
O perigo de que José Manuel se poña ó mando do PP en Ourense, para Núñez Feijóo, é que este aprenda controlar a provincia ó igual que José Luis Baltar, e deste xeito o PP do birrete nunca tería a máis mínima posibilidade de facerse co control da provincia. Ademais Baltar fillo xa ten amosado como emprega as súas armas cando puxo contra a parede a Fraga no mítico peche no piso das Lagoas de la “panda del nene”.
E mentres esto acontece, mentres Feijóo é incapaz de controlar o seu propio partido en Ourense, Rogelio Martínez só se adica a chamar os alcaldes para dicirlle que agora e el o que reparte os cartos, e que lle hai que facer caso. Por outra banda, Baltar non deixa de chamar os mesmos alcaldes para dicir que o que manda e el, e que o que empregou ós seus achegados pola provincia adiante lles está a pedir apoio. E os alcaldes todo o día co teléfono a orella. E Núñez Feijóo atento a todo o proceso de sucesión....pero e a provincia?, quen atende á provincia?
Ourense está a sofrer a crise, ó igual que outros territorios. Mentres tanto, noutras terras os políticos están a poñer toda a carne no asador para poder atallar este grave problema. Pero en Ourense Baltar, Martínez e Feijóo están sumidos nos problemas internos do Partido Popular inhibíndose dos problemas da provincia.
Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Quen perde poder e moito e o tal Zapatero,cae e cae e cae,según o Periódico de Cataluña 5 puntiños e o ABC 5,2... que mal fede o psoe,moi mal a verdade.
sisisisi, perdidísimas, si, sobre todo en en sur, se está cubriendo de "jloria bendita" el Feijoo.
Ainda que o psdg teña unha venda nos ollos ben saben que dentro de 15 meses van perder todas as alcaldías importantes da Galicia,salvo Lugo e Vilagarcía.Coitados,pensaron que ian estar mil anos na Xunta.
Nomes, hai que dicir nomes ou deixarse de TROLL-ADAS. Eiquí saen dabondo: Familiares de los alcaldes más fieles a Baltar sacan plaza en la Diputación. http://www.losgenoveses.net/Persona...
Menos mal que o 1M puso ao psdg na oposición,senon saben gobernar o seu partido como van gobernar un país como Galicia.E o que dí de que Feijóo perde poder,si con iso o psdg e feliz,non imos a estragar iso,que leven unha alegría de vez en cando.
Este é outro que vive do conto. En realidade a que se adica, quero dicir cal é a súa profesión, en qué traballou ou traballa? Seu pai é alcalde de Castro Caldelas desde fai moitos anos e os métodos de empregar a familiares e amigos non distan moito dos de Baltar, o que pasa que é máis fácil criticar aos outros.
OS DEZ MANDAMENTOS QUE INCULCA FEIJÓO AO SEU EQUIPO: 1_ Estos del PSOE son unos hijos de P... 2_ Estos del BLOQUE son unos hijos de P... 3_ "O das o te dan" 4_ El amor no existe 5_ A los amigos se les coge en la calle y se les deja en la calle 6_ Hay vida después de la muerte 7_ Estos de la cultura son unos ROJOS DE MIER... 8_ La Universidad no es más que una panda de vagos 9_ Cuidado con éste¡¡, cuidado con aquel, (etc) 10_Estos del gallego son unos retrógrados. No entiendo qué quiere la gente ésta. Os que coñecen a Feijóo saben que estas palabras son literais
AUTONOMICAS PROVINCIA DE OURENSE: 2005 PP 104.756 2009 PP 103.160 http://www.elpais.com/especial/elec... Tamén se lle pode chamar subida, pero coido queeeee... vai ser que non
Eleccións xerais: PP 2000 128.535 2004 121.353 2008 105.198 http://www.elpais.com/especial/elec...
Asesor do Grupo Socialista da Deputación de Ourense. Concelleiro en Castro Caldelas do 91 ó 99 e de 07 ata hoxe. secretario Comarcal do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas do 04 ó 09. Secretario xeral do PSdeG-PSOE de Castro Caldelas e Secretario de Acción Electoral do PSdeG-PSOE de Ourense. O seu blog
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade clocwatches.com