E é que estes deportistas non recibirón ningunha axuda por parte da Fundación Galega para o Deporte na convocatoria do 2009 tal e como publicou hoxe Galicia Confidencia. Ademáis, Carlos Pérez Rial, Perucho, medalla de ouro en Pekín e no campeonato europeo ou o regatista Roberto Bermúdez de Castro tamén ben minguadas as súas subvencións.
Logo do Consello da Xunta, Núñez Feijóo insistiu no seu "respecto e admiración" por estes deportistas, así como os de base, e subliñou que a Xunta seguirá coa convocatoria de axudas para o deportismo de élite. "Nós imos tentar que os deportistas de élite non teñan que emigrar por falta de axudas, como aconteceu noutras épocas", dixo en alusión ao bipartito.
"Seguir" coas axudas
Sen embargo, e preguntado sobre a falta de axuda para estes deportistas na convocatoria deste ano, o presidente galego destacou que "pola información que ten" da Secretaría Xeral para o Deporte, o segu executive "segue" coas axudas ao deporte de élite e ao deporte de base. "Non lle podo dicir máis. Imos seguir con esas axudas e apoiar na medida das nosas posibilidades aos deportistas de élite que ten Galicia. Ese é o compromiso", respostou ante a insistencia do xornalista.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Feijóo logo do Consello da Xunta/AUTOR: Xunta
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting