Despois de 17 anos presidindo a formación política máis exitosa da historia de Ourense, logo de 36 campañas electorais e 36 resultados favorables con resultados espectaculares...Mesmo este 2009 sendo de novo a mellor provincia de Galicia en canto apoio ao PP nas autonómicas, a de maior participación tamén, e sendo a sexta de España falando de eleccións ao Parlamento Europeo...
Tal e como anunciara o día 15 de outubro nunha comparecencia pública, reafirmándome o pasado día 5 de decembro, hoxe fixen pública a miña decisión de concurrir á presidencia do partido. Foi na miña propia sede, a oficina do candidato, sita na Rúa Teluro número 3-Entrechán da cidade de Ourense...En horario de 10 a 14 horas pola mañán e de 17 h a 20 h polas tardes funcionará recibindo avais de afiliad@s, reuníndome cos equipos de traballo, concedendo entrevistas, planificando a precampaña e campaña...Masiva afluencia de medios de comunicación e nova invitación a que se presenten outr@s candidat@s. Tamén comuniquei as dez propostas organizativas para impulsar o PP de Ourense, facendo desta forza política "o partido dos ourensáns": no eido da participación política, o papel dos concellos e comarcas, creación de novas áreas de funcionamento, un centro provincial de formación e estratexia, a posta en marcha dunha escola de verán, un portal web que sexa todo un referente nacional...Propostas para traballar e traballar, froito da reflexión compartida da situación...Púxenme a disposición d@s outr@s candidat@s para debater, inmediatamente, cos líderes doutras alternativas, nas condicións que poñan: de calquer tema, en público ou privado, como establezan os xornalistas...Transparencia, limpeza, honestidade..E sobre todo libertade e democracia. Non hai que terlle medo a conceptos tan fulcrais. Moi boas noites.
Carlos. Rogelio tiene muchos defectos pero no es el jefe de la Diputación ni pretende colocar a su hijo para sucederle. Lo del galleguismo estuvo bien en su momento para tratar de corregir ciertos excesos a los que desgraciadamente se ha dado la vuelta. En la imposición del gallego o en la toponimia se ha llegado al ridículo. Tanto exaltar los hechos diferenciales, los séculos oscuros y el tribalismo nos ha llevado a una situación insostenible que es preciso corregir. Siento decirlo, pero Fraga aparte de acertar en muchas cosas, se equivocó en otras. Su estilo personalista y autoritario impuso determinadas cuestiones sin convencimiento alguno por parte de la mayoría de los votantes del PP.
Aire novo en Ourense!
Falando de imputados e condenados e apoios, a que bando axudará Isaac Vila, con familiares tan listos que aproban plazas para a Deputación de Ourense? Como volta a presentarse? Porque entre o alcalde de Beade e este tampouco hai moita diferencia.
Manuel Baltar é a mellor opción. Novo, formado, experimentado...e o que é máis importante: quere e ten un proxecto. Gañará de longo e pídolle que non pacte coa máis rancia dereita: dende o imputado Roxelio -a cara de Feijoo na provincia- ata o alcalde franquista de Beade...Hai futuro. Galicia o merece e o PPdeG tamén: alguén que non ceda ante os galiciasbilingües de turno...ÁNIMO
Señor anonimus. Tódolos mafiosos empregan a mesma xustificación que é a de dicir que hai outros que tamén rouban, tamén matan, etc (Pensa o ladrón que todos son da súa condición). Todos tentan que pareza que a merda o enche todo. Se fan un edificio ilegal dirán: fulanito tamén fixo un. Se rouban dirán: fulanito tamén roubou... Non esqueza señor anonimus que iso non fai que o roubo sexa menor nen que a vivenda sexa menos ilegal. A resposta que vostede da é coñecida como "típica resposta de narco", na jerga do dereito.
Cada día coñezo menos ó meu partido se é certo que algúns dos que aquí comentan son militantes do PP. Manolo, dille a Feijóo se non é galeguista. ¿Entón que carallo fai por donde vai vendendo a mensaxe de galeguista?. Non, vai ser que o PP de aquí é o PP de Murcia. Non me fastidies home. Parece mentira que fixo Fraga en 16 anos veñan algúns a botalo pola ventá en menos de seis meses. E tanto criticar a Baltar, e vos equecedes de falar do Rogelio... Ou que pasa, que o por ser agora o neno bonito de Feijóo é mellor. Non se acordan xa do de San Rosendo?. En fin, eu sigo confiando aínda no meu partido porque hai xente que aínda defende o galeguismo que eu profeso e non só Baltar, tamén temos exemplos en Crespo ou en Rafa Cuíña, hoxe tan maltratado polos de Santiago
Falando de fillos... venme a cabeza a filla de Chaves,o expresidente de Andalucía,que anda metida nun lio de nada,de 10 millóns de euros de nada,carallo pra os socialistas e a dobre moral.
todos o coñecemos, xa sabemos como é... deso non hai dúbida, non, a repartir a pasta dos contribuintes cos seus, queres estabilidade laboral? ven con papi... A túa empresa vai mal? tranquilo que papi xa che da algun choio... que sabes facer, nada? con papi terás para encher o bandullo, nin siquera tes que vir por eiquí... "Il cacicatto, agora será o fillo. Ilusiona, ilusiona, xa ten que haber unha chea de rapaces que lles canta un traballiño no papo (a conta do erario público) grazas a Filli, o herdeiro de PAPI. Ilusiona,dí
Felicito a Manuel Baltar por ir de cara, por ser sincero, por ilusionar, por ter un proxecto. Hoxendía, cando a política é egoísmo e personalismo, por fin sae alguén que fala dos problemas da xente e da importancia de xestionar ben as cousas. Manuel Baltar inspira confianza, trae unha nova forma de facer política, máis moderna, e merece unha oportunidade. Todo o que xa coñecemos, xa xabemos como é. Pola miña banda, doulle a oportunidade, eleve a política e delle elegancia. Ánimo!
Carlos. Estoy harto de la familia Baltar porque practica una política caciquil propia del siglo XIX, y ha dejado a esta provincia como estaba cuando llegaron. Sus amiguetes son gente de la catadura de Vila o Rodríguez Ferreiro, coondenados por graves delitos. Poco se diferencia de la del PSOE en Andalucía. ¿Galleguismo? No me hagas reir. Para galleguistas ya tenemos a los del BNG. Si crees que ese es nuestro problema fundamental iros para Coalición Galega, o refundad Centristas de Galicia de una vez
É deputado do PPdeG e vicepresidente da Mesa do Parlamento. Coordinador da campaña do PPdeG en Ourense nas municipais do 2007 e nas xerais de 2008. É membro da xunta comarcal de Ourense do PPdeG. O seu blog
Galicia Confidencial 2009 | contacto | rss | legal | publicidade