O ERE da empresa xornalística ourensana foi presentado o pasado 20 de outubro e afectaba, inicialmente, a 35 traballadores. Tras as negociacións entre empresa, comité e sindicatos, coa mediación do Acordo Galego de Solución Extraxudicial de Conflictos (AGA) o día 9 deste mes alcanzouse un preacordo entre as partes, ratificado en asamblea o día 14. Con este acordo preténdese minorizar os efectos do ERE, segundo informa o Comité de empresa nun comunicado.
Este acordo alcanzado resúmese nos seguintes puntos:
1-Plan de baixas incentividas: 26 traballadores con extinción de contrato a extinguir nun período máximo de seis meses. Establécese unha indemnización de 30 días por ano traballado, sen tope legal.
2-Establécense tres grupos de idade para os afectados:
Grupo 1: Traballadores de 55 ou máis anos. A indemnización máxima será de 50.000 euros.
Grupo2: traballadores entre 45 e 54 anos. Indemnización máxima de 40.000 euros.
Grupo 3: traballadores menores de 45 anos. Indemnización máxima de 30.000 euros.
3-Suspensión de contratos para catro traballadores, cunha duración máxima de 12 meses. Cumprido ese prazo, e se se manteñen as circunstancias coxuntarias de carácter técnico-económico, a empresa poderá solicitar a prórroga de dita suspensión, que será valorada, con carácter dirimente, polos dous mediadores do AGA que interviñeron no proceso de negociación.
Recolocacións de afectados
4-Plan de acompañamento social: a empresa procurará a recolocación de tódolos traballadores afectados que voluntariamente desexen acollerse a esta medida. A empresa, no caso de non fructificar a primeira recolocación dentro dun plazo de seis meses, por causas non imputables ao traballador, procurará a recolocación nunha segunda. Destas medidas informarase a unha Comisión de Seguimento da que formarán parte representantes do Comité de Empresa, de UXT, CC.OO, CIG e SXG, representantes da empresa e os mediadores do Servizo de Solución de Conflictos do Consello Galego de Relacións Laborais, que funcionará segundo dispoñan os seus propios membros. Ademais crearase unha comisión da que formarán parte representantes das citadas centrais sindicais e representantes da Administración Autonómica, xunto cos anteditos mediadores, aos efectos de establecer preferencias no emprego para aqueles traballadores afectados polo axuste de plantel e non recolocados en primeira instancia en empresas que reciban algún tipo de axuda, incentivo, subvención ou bonificación por creación de emprego, sempre que sexa do mesmo sector ou equivalente e dentro do grupo profesional de procedencia dos traballadores.
Apoios
O Comité de Empresa de La Región SA, integrado por representantes do SXG (que preside), CIG, Comisións Obreiras e UXT quere agradecer o respaldo de tódalas persoas e colectivos que apoiaron aos traballadores durante o proceso de negociación e mostraron o seu respaldo a través de manifestacións públicas, internet ou os actos de protesta que se levaron a cabo.
Máis información no blog creado polos traballadores e na páxina do SXG
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O Parrulo ten que ser o Óscar Outeiriño e o Vigairo o Sechu Pastoriza; ai perdón, D. Xosé Pastoriza, que cambiou de nome desde que pasou a director de La Región e se arrodilla "a diario" diante do seu amo.
O xornal La Region é´un referente pra todolos Ourensanos, e pra moito galegos de todo o mundo. Pode que travese dificultades igual ca outros, dado o tempos qu corre. Sempre esta ben facer algo de limpeza, pra que os novos gromos veñan con mais forza. Animo e a seguir asi, sempre por Ourense, sempre pola Galiza.
cabeceira de La Región/AUTOR:Non ao ERE de la Región
Galicia Confidencial 2011 | Contacto | RSS | Legal | O Proxecto | Sustentabilidade | Preguntas | Achegas | Publicidade | Autopromo | BLOG | Co apoio técnico de dinahosting