"A imposible separación entre estado e fútbol na Liga"

O fútbol español e a política sempre camiñaron da man e, agora, máis que nunca. Esa é a tese da web deportiva Goal que analiza a politización do deporte do balón en España e a súa relación coas distintas linguas e culturas do estado e vincula os distintos equipos coa defensa de nacionalismos ou centralismos.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/12/2009

  • versión para imprimir

Segundo destaca nesta reporxe, o fútbol español non se podería entender sen a evolución política española dos últimos tempos. Asi, apunta que a a cuestión futbolística no estado vai máis alá da tradicional rivalidade Barça-Madrid. O autor destaca que foi o fútbol o que permitiu certas liberdades rexionalistas durante a época de Franco xa que só nos campos se permitían berros en linguas que non foran a española.

Durante a primeira etapa da Dictadura, o Barça era o equipo dos progresistas, mentres que o Madrid era o da coroa española e o Atletico de Madrid o de Franco, ata que chegou Di Stefano e conseguiu converter ao Madrid no equipo, non só de Madrid, senón o símbolo de España.

Logo da morte de Franco, o fútbol enchese de política sobre todo como xeito de reivindicar os rexionalismos e nacionalismos do estado que "foran anulados polas botas fascistas de Franco". Un exemplo disto foi a colocación, por primeira vez en moitos anos, dunha ikurriña no centro dun campo de fútbol, feito que protagonizou o porteiro do Athletic, José Angel Iribar, en decembro de 1976.

Recobrar a historia


"En todo o país, os clubes das distintas rexións empezaron a recobrar a súa historia... e comezanse a cambiar as referencias rexionais, sobre todo, no País Basco, Galicia, Valencia e Cataluña", recolle o artigo.

Sen embargo, esta web tamén destaca que durante estes últimos anos os clubes evolucionaron en consonancia coa consolidación do sistema autonómico. "En Cataluña, as cuetións de autonomía entre o goberno autonómico e o central teñen aparecido con forza, mesmo máis do habitual e tanto o entrenador do Barça, Pep guardiola, coma o presidente do clube, Joan Laporta, describen a Cataluña como o seu país coa súa propia lingua e Laporta declara que sen o seu propio Estado, Cataluña está morta". Neste mesmo senso, sinala que Euskadi xa lle pedíu a FIFA o recoñecemento como selección internacional. "Suponse que Zapatero, como seguidor do Barça, terá algo que dicir", apunta o autor ao relacionar o actual conflicto lingüístico e competencial de Cataluña co Goberno central.

"En España parece que hai moito máis que cantar ¡Hala Madrid!, ¡Visca el Barça!, ¡Amunt Valencia!, ¡Aupa Athletic! Ou ¡Forza Depor! e é que a conexión coa política fai que o fútbol sexa o deporte rey", remata.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxerencias escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

7 comentarios
7

sisi

sisisisi


6

anonimus

Parece que de este ano non se libran e a 2B e o seu camiño e o que ten o despilfarro a mansalva,ben puido aprender torito bravo do equipo do sur da 2ª.


5

Brais

Recentemente publicaron algo relacionado en http://bifidus.blogaliza.org


4

Ay payo, dame un euro

Los muertos que vd. mata gozan de buena salud. En su contra, si el Sr. Lendoiro reconoce 160 es que deben 250. Y no le fía ni dios... quien huele a muerto?


3

anonimus

Esta imaxe dos equipos é do 2006... xa choveu dende aquela,o equipo so sur o da 2ª estase a morrer,xa ten o cadaleito preparado e a misa encargada.


2

anonimo

Si, pobre Betis. Aínda así, non deben tanto coma os do Deportivo, que teñen tanto futuro coma Lendoiro fermosura.


1

anonimus

Un pouco antigo é a imaxe de portada,ainda estaban na 1ª o equipo que esta ao borde da hecatombe en 2ª...


Escudos dos equipos da Liga