GC

Nova andaina

O Partido Popular de Lugo ten comité local. Tardamos máis de dúas décadas pero, por fin (e non era xa sin tempo), os militantes deste concello, capital da provincia, tivemos a oportunidade de votar, de elexir en definitiva, a executiva que nos represente e tamén, claro está, nos dirixa.

Por X.M. Barreiro | | 21/12/2009

  • versión para imprimir

Non vou a negar, nin sequera a disimular, nin coma militante de base nin coma presidente provincial, a miña ledicia por este importante paso. Lugo, por motivos obvios que non creo preciso sacar a relucir aquí, non podía permanecer alleo ó proceso de renovación das estructuras orgánicas que estamos a impulsar dende a dirección provincial do partido en toda a provincia, e menos aínda carecer delas.

Non podo negar (nin tampouco quero facelo) que o caso lucense foi un empeño que dende o primeiro momento asumín coma persoal. Agora, cumprido o obxectivo, tamén recoñezo estar moi satisfeito de ter perseverado, pode incluso que obstinadamente, nesta idea. Unha formación política coma a nosa, cunha base social que ronda os 3.400 afiliados, non podía continuar sin os órganos directivos pertinentes.

É preciso, básico incluso, encauzar toda esa forza, todo ese potencial humano, nun discurso e nunha acción política homoxénea na que conflúan, con debate interno constante e coa participación de todos, todas esas múltiples aportacións e sensibilidades. Non podíamos seguir desaproveitando por máis tempo esa riqueza que, non hai que esquecelo, é a que mantén viva a unha forza política e, o máis importante, a que a perpetúa no tempo moito máis aló das propias persoas individuais que a conforman.

Dito esto, non podo esquecer tampouco, e menos aínda deixar de loubar e agradecer, o traballo desenvolvido durante este tempo polos responsables dos diferentes distritos e seccións da cidade e da zona rural. Eles asumiron ese papel organizador e aglutinador imprescindible para que o Partido Popular do concello de Lugo esté onde está. A súa herdanza, o seu esforzo, a súa entrega, fan que iniciemos esta nova andaina dende moi alto.

Esa importante laboura e o recoñecemento que merece fixo que o novo presidente local, con moi bo criterio, os integrara na recién elexida executiva porque, coma dixo o propio Jaime Castiñeira durante a celebración do congreso, todos somos necesarios para seguir enriquecendo e ampliando o proxecto político que representa o Partido Popular de Lugo.

Creo que a estas alturas tampouco é preciso enumerar as moitas cualidades e a traxectoria que avalan o novo presidente porque son de sobra coñecidas. Penso que os militantes do PP de Lugo acertamos de pleno coa súa designación.
Temos agora moitos retos por diante, moitos pasos que dar, e un dos máis inminentes é acadar a Alcaldía de Lugo. Estou convencido que co esforzo de todos e baixo as directrices de Castiñeira e o seu equipo ímolo conseguir.

Comentarios

5 comentarios
5

superproper

Ten toda a razón Carlos, Feixoo ten moita mais ambición que Barreiro. Tanta ambición que xunto ao encantador de serpes o Sr Rueda son capaces de mentir, calumniar, desfacer, ainda que as suas calumnias alimenten o paro, o despropósito, a paralización da economía por puro interés político -como o caso eólico-, ou crear un problema có idioma cando non existía. Ten razón Carlos sobre a ambición do Nerón de Monte Pío a mesma que andando o tempo o fará caer por rastrera.

4

Carlos

José creo que xa te estás pasando un pouco. Eu respeto perfectamente as opinións de todos, e máis as dos membros do meu partido, pero, rapaz, levas uns comentarios que semellas dos de UPyD. O mellor es un camuflado. Barreiro faría o que tiña que facer en Lugo, aínda que lembremos que se non fai o que fixo, quizais hoxe en día estivera dando clases esquencidos por todos. Feijóo fixo con Lugo o que quere facer con Ourense, aínda que aquí saíulle o tiro pola culata. A min sempre me gustou barreiro e non vou ser eu quen o critique. Penso que é un tipo dialogante, coas ideas ben postas, e galeguista pero o que lle falta é ambición. Precisamente ambición foi o que tivo Feijóo e por iso lle gañou a partida no momento decisivo. En todo caso, sorte para Barreiro e para todo o equipo de Lugo.

3

undelugo

Os comentarios sobre Baltar están ben, pero Barreiro fala de Lugo, e o que di é acertado. Eran moitos anos sin xunta local, Cacharro tiña medio a que lle fixeran sombra, daquela tivo que vir Barreiro e, paseniñamente, traballar para poder facela. Castiñeira é bó políico e mellor persona, o equipo non é malo, agora só falta que de verdade escoite os afiliados normais, non aos pelotas que, habelos hailos. Con traballo e confianza conseguirase a Deputación e o Concello de LUGO, sorte.

2

Jose

Menos mal que tu no haces como los Baltar y te pusiste rápido a disposición de Feijóo. Creo que ya conoces bien las andanzas de Cacharro y en lo que quería convertir el partido en Lugo, lo mismo que ahora están haciendo padre e hijo en Orense.

1

Herdeiros

Oes, igual ten algún fillo por ahí Cacharro, e si non falamos con Baltar que malo será

Comenta

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe



Xosé Manuel Barreiro

Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog