GC

Trato de favor a Feijóo nun voo de Ryanair

O presidente da Xunta saltouse as colas de embarque e desembarque malia non ter pagado pola prioridade que dá dereito a estes atallos, segundo denuncian varios pasaxeiros do mesmo voo entre Santiago e Madrid.

Por Galicia Confidencial | Santiago/Madrid | 04/01/2010

  • versión para imprimir

O incidente sucedeu na conexión entre Santiago e Madrid o 17 de decembro. O blog “Mil ojos del Xiabre” relata como os pasaxeiros sorprendéronse de atopar a Alberto Nuñez Feijóo na sala de embarque de Lavacolla.

O presidente da Xunta non estaba entre os chamados primeiro a embargar por pagaren un plus. Con todo “embarcadas las gentes de prioridad y un buen número de los comunes, el Señor Feijóo acompañado por una Señora, un 'borjamari' y dos caballeros se aproximaron al mostrador y pasaron sin haber respetado la cola de pasajeros, eso sí, sin aspavientos y con una sonrisa ¡porque ellos se lo merecen!”.

A mesma escena reproduciuse tras aterrar en Barajas. “Recibimos por megafonía la sorprendente instrucción de que todos los pasajeros debían sentarse y despejar el pasillo para que, cual desfile de autoridades, el presidente y su comitiva descendieran del avión los primeros y con comodidad, sin las apreturas de los simples mortales” relata a bitácora, que tamén fai referencia a un automóbil VIP que recolleu a Feijóo ao pé da aeronave.

Versións de Fomento e da Xunta

Galicia Confidencial confirmou con outro pasaxeiro do mesmo avión o relatado en “Mil ojos del Xiabre”. Ademais, fontes do Ministerio Fomento, de quen depende os aeroportos, aseguran que dende a Xunta se pediu a utilización dun vehículo para recoller ao presidente galego na mesma pista do aeroporto.

Dende a Xunta aseguraron a Galicia Confidencial que o mandatario si viaxou na liña de baixo custe Ryanair pero que “el foxe de protagonismos e quere ser tratado igual que o resto dos pasaxeiros". Pola súa banda Ryanair, que recibe cartos públicos polas súas conexións a Galicia, asegura que “non hai protocolos especiais para ninguén”, en contradición co relatado polos pasaxeiros do voo.



Comenta

Estreamos sistema de comentarios. Agora tamén podes respostar directamente ás opinións de outras persoas. Buscamos un sistema social no que poidas expresarte máis naturalmente. Se tes problemas ou suxerencias, escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe






¿Que palabra aparece na imaxe?

captcha

¡Non entendo a palabra!: cambiar imaxe


Comentarios

51 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • 51

    anonimus

    Con little bull viviase mellor... si ho!


    50

    Mil ojos desde Xiabre

    "Por Lo que hay que leer", pues fijese que sí se identifican a los de seguridad, allí estaban en la sala y allí se quedaron. Le garantizo que este señor subió con su equipo de 4 personas y bajó CON LOS MISMOS ¿o la escolta DE PAISANO se quedaría en el avión con el resto del pasaje? Por motivos que no vienen al caso le aseguro que a la escolta de incognito la localizo yo con 10 minutos de observación.


    49

    Gamela

    Esta sección seica chámase Anticorrupción e sería interesante falar de corrupción con maiúsculas para non perder o tempo co chiculate do loro... ? Aquí deixo un caso xa investigado e con datos suficientes como para merecer a atención de GC. http://vigoblog.blogspot.com/2009/1...


    48

    La paja en el ojo ajeno

    No como la gente del PP que, como todo el mundo sabe, no le pasan un gasto a su consejería nuuuuunca, "austeridá" ante todo, no hay más que verlos y padecerlos, si va a resultar que el Gaiás lo hicieron los del bipartito y la residencia también, los treinta y pico porteros de la sala de exposiciones de la Diputación de Ourense y los cientos de enchufados son también obra de los "rojos". También el chófer oficial que va a buscar a los "nietiños" de Papi Baltar es obra bipartita. Cínicos


    47

    Lo que hay que seguir leyendo

    Y Feijóo no quería vivir en Monte Pío: él prefería vivir en Vigo, y utilizar la megamansión en actos oficiales. Pero sus escoltas le obligaron por motivos de seguridad. Y, al igual que las ultramodernas salas construidas por Touriño, una vez pagado algo tan inmensamente caro es un insulto al contribuyente no utilizarlo, aunque te parezca superfluo y absurdo. Y en cuanto a los funcionarios que comen en Pontevedra, no sé quiénes serán; pero si sé que, todos los martes, los Secretarios Xerais socialistas se reunían para comer en los mejores restaurantes de Santiago, a cuenta de su Consellería: eso se acabó.


    46

    Lo que hay que leer

    "Los guardaespaldas se quedaron en tierra", dice el autor o autora de la noticia. Por supuesto, usted conoce tan íntimamente la seguridad de Feijóo que puede identificar quién es guardaespaldas y quién no, ¿verdad? Y, por supuesto, un presidente autonómico, que lleva escoltas hasta para mear, los deja en tierra cuando toma un avión lleno de desconocidos, ¿verdad? ¿No querrá decir que en tierra quedaron los policías nacionales adscritos a Galicia, pero que no tiene ni idea de la escolta que le sigue de paisano, eh?


    45

    Eixil

    Lóxico, o rei Latorre fixo un bo regalo cando o 1M ao neno Feijoo e continua tapando o cheiro que desprende o seu desgoberno a base de "botafumeiro" mediático e agora o neno convertido en Mesias paga con milaghros, multiplicándolle os panes e os peixes!. E así a Iberdrola, e así a citröen, nada novo nin inesperado, vamos como funcionou sempre a dereita neste país!, non?


    44

    AUSTERIDÁ

    Viva a austeridade, que son 2,2 millóns, para eso están os nosos impostos, ben por Feij009. Ademáis, agora que quere (que poida xa é outra cousa) quitarlle aos de Vigo Caixanova, que menos que darlle aos pouco localistas de LA ÚNICA VOZ DE GALICIA uns cartiños, que un día é un día e un duro gástase.


    43

    Reis Magos e Voz de Galicia

    Para trato de favor, o que Feijoo ven de conceder a certo grupo mediático. Neste sentido, os Reis Magos queremos denunciar a competencia desleal de Feijoo, ao anunciar (xustamente hoxe 5 de xaneiro) a concesión dunha subvención de 2,2 millóns de euros ao grupo da Voz de Galicia (a través da súa sociedade Galicia Editorial). Poden encontrar a nota de prensa oficial no seguinte enlace: http://www.xunta.es/actualidade?con... Xa sabemos que ten muito que pagarlle á Voz. Pero anunciar ese regalo xusto a noite de Reis é unha provocación para estes Reis Magos. Nós estamos deixando regalos humildes para os nenos e nenas de Galiza, porque nos dixeron que aquí se aplicaba a austeridade. Por iso non entendemos que apareza o "Rei Feijoo" cun regalo de 2,2 millóns ao "Rey Santiago". Non ao intrusismo laboral nen á competencia desleal. Gaspar, Melchor, Baltasar


    42

    Mil ojos desde Xiabre

    eres libre de non creelo pero a realidade e terca, moi terca...tanto que vai ser imposible que alguén contradiga o sucedido e narrado por min, agas as matizacións persoais.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • avanza >
  • última >>
  • Interior dun vóo de Ryanair. Foto:flikr/mikelo